15 de set. de 2023

TUI

Presentación do Concurso Nacional de Saltos 

Que se celebrará en Tui, do 22 ao 24 de setembro




Infogauda / Tui

 O próximo luns, 18 de setembro, ás 12:30 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Concurso Nacional de Saltos, evento organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. Esta proba deportiva celebrarase do venres día 22 ao domingo día 24 de setembro, nas instalacións deportivas de Equigalia, sitas en Marco de Friande (Tui).  

 Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides; a presidenta do Club Hípico Equigalia, Elvira Crespo Conde; a directora do Concurso, Paula López Crespo; a secretaria do Club Hípico Equigalia, Natalia Blanco Díaz; e o vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran Castel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario