FÚTBOL
Segunda Galicia
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO C. F. PROGRESISTA
• O domingo 24 de setembro, ás 5:30 da tarde no Estadio municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Tralas respectivas victorias fronte ao Juvenil de Ponteareas B e o Colegio Hogar, logradas nos encontros da 1ª e da 2ª xornada, da temporada 2023/24, na categoría Segunda Galicia - Vigo, disputadas na Sangriña e en Vigo; o Sporting Guardés recibirá este domingo día 24 de setembro, ás 5:30 da tarde, no Estadio municipal A Sangriña, ao C.F. Progresista.
Nesta temporada, o equipo visitante leva colleitado unha derrota e unha victoria, fronte ao San Miguel C.F. e o Tomiño, C.F., respectivamente. atopándose nestes intres no posto 11º da clasificación xeral. O Sporting Guardés, pola súa banda está no posto 3º da táboa.
Dese xeito, o conxunto vigués virá ata A Guarda co obxectivo de tentar anotarse algún dos puntos en xogo, que lle permitan mellorar os seus datos.
Con ese panorama, o Sporting Guardés obviamente, vai procurar que o botín quede na casa, o que sen dúbida é todo un aliciente para que os seareiros de A Guarda e súa contorna, acudan ao Estadio municipal A Sangriña para desfrutar dunha boa tarde de fútbol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario