22 de set. de 2023

A GUARDA

O obradoiro Tecendo Lazos - Madurez activa e comunidade - chegará no mes de outubro  

As inscricións estarán abertas dende o 25 de setembro chamando ao Concello de A Guarda, teléfono 986 610 000 extensión 7  




Infogauda / A Guarda

 O vindeiro 6 de outubro dará comezo o obradoiro Tecendo A Guarda, unha actividade orientada para que as persoas participantes dediquen parte do seu tempo de lecer a compartir espazos e experiencias á vez que elaboran distintas pezas creativas que serán colocadas en rúas e prazas do concello, aumentado así o seu sentido de pertenza á comunidade na que viven.  

 O obradoiro vai dirixido a persoas de 65 anos en diante e desenvolveráse os venres de 16:00 a 17:30 horas.  

 As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán facelo a partir do luns 25 de setembro chamando ao Concello de A Guarda ao teléfono 986 610 000 extensión 7.

Ningún comentario:

Publicar un comentario