22 de set. de 2023

A GUARDA

Edición limitada de pins artesanais de FoGaReS SaNXe!   




Asociación San Xerome Emiliani / A Guarda

 Ámbará: xoias de autora, colabora coa Asociación San Xerome Emiliani cunha doazón de pins artesanais que representan o edificio de FoGaReS SaNXe para recadar fondos para o proxecto. 

 Os pins en prata e latón forman parte dunha edición limitada e única que representa a vontade da artista de colaborar con este proxecto innovador. FoGaReS SaNXe é o futuro de 60 persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño a través a construción de 30 pisos eles poderán vivir o seu proxecto de vida con autonomía e con todo o apoio que necesitan. 

 O sábado 23 de setembro desde ás 9:30 ata ás 13:00 horas, en ocasión da festa de Santa Trega na Guarda será posible facer unha doazón para apoiar o proxecto e levar esta pequena xoia de artesanía. Neste evento participa tamén a artista para poder responder a todas as preguntas e curiosidades. 

 Non te perdas a oportunidade de facerche con este detalle solidario tan orixinal e apoiar así ao proxecto de FoGaReS SaNXe! 

 Os pins pódense reservar antes deste día, para máis información poñerse en contacto coa Asociación San Xerome Emiliani 986 61 37 19. 

 Tamén escribindo a dona@sanxerome.com

 Contacta connosco para calquera información adicional. http://fogares.sanxerome.com/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario