15 de set. de 2023

A GUARDA

A Aula CeMIT de A Guarda acollerá este outono 5 cursos de habilidades dixitais e iniciación á informática

Os cursos son de balde e as inscricións están xa abertas no Centro Cultural, en horario de mañá, no teléfono 986 611 850  




Infogauda / A Guarda

 A Aula CeMIT de A Guarda, sita no primeiro andar do Centro Cultural, vai acoller a partires do mes de outubro, 5 novos cursos de habilidades dixitais.  

 Arrancan os cursos de outono 2023 na Aula CeMIT, do Centro Cultural, enfocados a nivel básico e iniciación. A data de inicio está marcada para o 2 de outubro e continuarán ata o mes de decembro.  

 Os cursos ofertados este outono son: 

• Manexo do ordenador e internet.

 Editor de textos.

 Smartphone (Curso novo neste outono).

 Redes Sociais (Curso novo neste outono). 

• Curso para cativos de entre 9 e 15 anos.  

 Máis información e inscricións no Centro Cultural de xeito presencial de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00h  ou no teléfono 986 611 850.  

Sobre a Rede CeMIT  

 A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. 

 Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia. 

 O concello de A Guarda manten a Aula CeMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario