O CONCELLO DO ROSAL DESTINA 10.000 EUROS A AXUDAS PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
Xa está aberto o prazo para concorrer a estas axudas para proxectos de inclusión e intervención social e actividades socioculturais
O Concello apoia os proxectos que se desenvolven a nivel local que teñen como propósito a mellora nas condicións de vida da veciñanza e o fortalecemento da participación cidadá
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal anuncia a convocatoria de subvencións por concorrencia competitiva a entidades sen ánimo de lucro que desenvolven proxectos sociais no municipio. O orzamento total para estas axudas é de 10.000€.
Poden ser beneficiarios destas axudas proxectos de inclusión social; proxectos de intervención co colectivo de persoas maiores, dependentes ou con diversidade funcional; e proxectos para a realización de actividades socioculturais para a poboación en xeral.
Con estas subvencións, o Concello apoia os proxectos que se desenvolven a nivel local que teñen como propósito a mellora nas condicións de vida da veciñanza e o fortalecemento da participación cidadá.
O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles despois da publicación no Boletín Oficial da Provincia. Esta convocatoria está publicada na web do Concello e as solicitudes deben ser presentadas na Sede Electrónica do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario