26 de xul. de 2023

TOMIÑO

A PRAGA DE MOSCAS: UN GRAVÍSIMO PERIGO PARA A SAÚDE PÚBLICA 

Está afectando moi seriamente ás persoas que demandan solucións e que se sinten abandoadas polo Goberno municipal de Tomiño


Nas imaxes, pode apreciarse á notoria presenza de moscas, nunha - entre outras - vivenda familiar de Forcadela (Tomiño)

Fotos: G.M.S. de Tomiño


Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño

 O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño volve a denunciar, unha vez máis, a gravísima situación de saúde pública que está a padecer a veciñanza do noso concello a causa da praga de moscas que invade as nosas parroquias. 

 Na tarde de onte puxéronse en contacto con nós veciños e veciñas, neste caso da parroquia de Forcadela, para informarnos da terrible situación que están a vivir pola praga de moscas que está afectando seriamente o seu día a día e a súa calidade de vida, pondo en risco mesmo a súa saúde. 

 A voceira socialista, Violeta de Santiago, esixe respostas e accións ao Goberno municipal nacionalista que está desaparecido e non actúa neste grave problema. 

 Qué pasa con ese famoso estudo encargado a Universidade de Vigo? Estáse traballando realmente nel? Hai conclusións? Se as hai, cal é o motivo de non facelo público e actuar para atallar esta invasión? 

 Por outra banda lembra Violeta de Santiago, que hai tres meses, en precampaña electoral,  foi constituida unha mesa de traballo - á que, unha vez máis, non fomos convocadas para participar -,  e da que nada se sabe. A cidadanía vai moi farta de anuncios electoralistas que non achegan solucións aos seus problemas e demandan información, transparencia e acción xa. 

 Por último, as concelleiras socialistas lembran á señora alcaldesa, que baseou a súa campaña electoral decindo que as persoas estarían no centro da acción política e que poría corazón. Non é precisamente o que está a facer nin a demostrar, pois esta praga está afectando moi seriamente ás persoas que demandan solucións e que se sinten abandoadas por este Goberno municipal, polo que lle esiximos que se poñan a traballar e que deixen de darlle as costas ás veciñas e veciños. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario