27 de xul. de 2023

DEPORTES

VELA

O "Nahela" de Víctor Álvarez, do Club Deportivo Alagua, de A Guarda, gaña na división ORC 4-5 do 48° Conde de Gondomar 


Esta é a primeira ocasión na que o Trofeo Conde de Gondomar vaise para A Guarda en mans dos compoñentes do Club Alagua


Héctor Carrero / A Guarda

 Esta fin de de semana disputouse a cuadraxésima oitava edición da regata Conde de Gondomar -Trofeo Erizana organizada polo Monte Real Club de Iates de Baiona.  

 Co paso dos anos a Conde de Gondomar consolidouse como unha das regatas máis carismáticas do panorama náutico español. Nesta proba do Campionato de España de Altura participou a embarcación guardesa "Nahela", patroneada por Víctor Álvarez, do Club Deportivo Alagua.   


Toda a tripulación do "Nahela",  íntegra do Club Alagua, tivo que enfrontarse a duras condicións meteorolóxicas que dificultaron o desenvolvemento das probas


 Dita embarcación mostrouse inalcanzable polos seus adversarios ao conseguir catro primeiros postos na división ORC 4-5 nas probas sucesivas  disputadas durante os días 22, 23 e 25 de xullo. Toda a tripulación do "Nahela",  íntegra do Club Alagua, tivo que enfrontarse a duras condicións meteorolóxicas que dificultaron o desenvolvemento das probas. Con todo, a pericia e boa coordinación dos navegantes levaron á embarcación ata o máis alto do podio.  

 Esta é a primeira ocasión na que o Trofeo Conde de Gondomar vaise para A Guarda en mans dos compoñentes do Club Alagua.

1 comentario:

  1. Enhorabuena chavale@s.Con las condicciones que tenéis en vuestro pequeño club camposino, aún es más importante vuestro éxito. A ver si los nuevos "mandatarios"guardeses se dan cuenta ..✌️👍

    ResponderEliminar