Infogauda / Salcidos
Do mesmo xeito que no seu día (26 de decembro de 2022) fixemos público neste xornal dixital transfronteirizo a existencia de danos acontecidos na fonte da Piollosa, no barrio da Silveira (O Castro), tamén consideramos oportuno agora dar conta da recente reparación do frontispicio que resultara seriamente afectado, presuntamente por causa de haber sido selados algúns orificios que servían para liberar auga e reducir o volume da mesma, cando en épocas de moita choiva - como no pasado inverno -, era necesario ceibar parte do liquido elemento acumulado na parte interior da fonte. Ao estaren selados os devanditos orificios, sumado ao feito constatable de haber chovido moito, tivo como resultado o colapso da parte frontal desa fonte.
En todo caso, veciños da contorna veñen de facilitarnos fotografías - das cales optamos por reproducir soio unha delas - co aspecto que ofrece actualmente esa fonte.
Os traballos, realizados por conta do Concello de A Guarda, conlevaron a reubicación no seu emprazamento primixenio, das pedras de cantaría - que a forza da auga había desprazado, e nalgún caso fracturado parcialmente -, e o afirmado das mesmas. Mágoa que unha vez rematados os traballos realizados, o cemento houbese quedado tan visible, especialmente tendo en conta que trátase dun ben patrimonial con bastante antigüidade. Como queira que eses detalles teñen solución, o importante - así o consideramos nós - é que a fonte da Piollosa esté reparada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario