8 de maio de 2023

OIA

Os Socialistas de Oia non consentimos extorsións 




Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Oia

 Dende os Socialistas de Oia queremos pór en coñecemento público que non imos a amedrentarnos ante as situacións que se están a producir nos últimos días, por quen debería defender os intereses de todos os veciños e veciñas de Oia. Seica parece que alguén está nervioso ou nerviosa polo cambio que traerá a Oia ás vindeiras eleccións.  

 Temos unha candidatura completamente comprometida co noso pobo, moitos veciños que nos apoian e non permitiremos que se tente extorsionar e ameazar ás nosas familias e aos nosos veciños.  

 Agardamos que non pase como nas pasadas eleccións e non desaparezan tamén periódicos ou outras accións xa coñecidas por todos e todas, e que amosan o carácter retrógrado e máis propio de quen nunca debería de estar á fronte da política municipal.  

 Por moitas barreiras que tenten pór, imos superalas! 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario