15 de dec. de 2025

A GUARDA

LUIS ALBERTO FRANCO LOMBA VAI PRESENTAR UNHA EXPOSICIÓN DE DEBUXOS A PLUMILLA E PINCEL

 En solidariedade coa asociación oncolóxica infantil Bicos de papel

Do 19 de decembro de 2025 ao 15 de xaneiro de 2026, na Casa dos Alonso


Luis Alberto Franco Lomba nunha exposición precedente na Casa dos Alonso
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Luis Alberto Franco Lomba ten todo a punto para unha nova exposición de debuxos a plumilla e pincel, da súa autoría. Será dende o día 19 de decembro de 2025 ata o día 15 de xaneiro de 2026, na Casa dos Alonso. 
 
 A inauguración da exposición - en solidariedade coa asociación oncolóxica infantil Bicos de papel - vai ser ás 19:00 horas, do venres, 19 deste mes de decembro.

 Dese xeito, todas ás obras que vai presentar Luis Alberto Franco nesta exposición estarán á venda a beneficio de Bicos de papel. 

 Luis Alberto Franco Lomba é, sen dúbida, un creador que ten na arquitectura urbana e monumental de varias localidades - como A Guarda, Madrid, Oia, O Rosal, Vigo,..., entre outras -, súa fonte de inspiración. É un debuxante con ampla formación técnica e experiencia profesional. Rigoroso no seu labor creativo e hábil na execución artística.

 Esta exposición vai ser unha oportunidade magnífica para adquirir obras de Luis Alberto Franco e colaborar a unha boa causa.

Asociación Bicos de papel

 Bicos de papel nace dun grupo de familias que pasaran ou estaban a pasar pola experiencia de ter un fillo con cancro, e que coñecían de primeira man os problemas aos que se enfrontaban tras o diagnóstico. Isto impúlsalles a crear Bicos de Papel e así promover melloras na atención e apoiar a outras familias. Bicos de papel asociación de axuda ós nenos oncolóxicos de Hospital Álvaro Cunqueiro queda constituída como asociación sen ánimo de lucro o día 28 de xuño de 2017, e inscríbese no rexistro de asociacións da Comunidade autónoma de Galicia. En 2019 a asociación foi incluída no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) e no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. No 2022 conseguimos a declaración de entidade de utilidade pública.

 Bicos de Papel desenvolve o seu traballo coas familias cuxos fillos foron ou están a ser tratados na Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, unidade que atende a menores de todo a área sanitaria de Vigo e a pacientes pediátricos oncolóxicos da área de Ourense. A asociación conta co apoio do equipo de Oncoloxía que se encarga de informar as familias dos pacientes da existencia de Bicos de papel e posibilitan que se poñan en contacto con esta asociación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario