Cantares do Brueiro brindou seu concerto "Agasallo de Nadal"
• Na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos
Gran concerto de panxoliñas e música tradicional galaico-portuguesa, o que o gran cantor, mestre, músico Tino Baz e o seu grupo Obradoiro de canto tradicional galego "Cantares do Brueiro", ofertaron o pobo de Camposancos, A Guarda, e o todo aquel que tiña ganas de gozar, e esquecer os problemas de cotío, e abrir o tempo de nadal. Foron uns momentos inesquecibles, que as persoas presentes no salón de actos da Comunidade de Montes de Camposancos, souberon premiar con sonoros aplausos.
Non podemos silenciar que este concerto de Nadal foi un regalo co que "Cantares do Brueiro" e Tino Baz quixeron mostrar o seu agradecemento a Comunidade de Montes de Camposancos. E nun tempo no que todo se fai por diñeiro, eles e elas actuaron gratis. Seu premio? Aplausos!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario