O PP do Rosal solicita un debate público
Entre as tres forzas que se presentan as eleccións
Infogauda / O Rosal
O Partido Popular de O Rosal presenta unha proposta de debate público entre as tres fozas políticas que se presentan aos comicios municipais o vindeiro 28 de maio, “para que tanto o PP, o PSOE e o BNG poidan contrapoñer proxectos diante de todos os veciños e veciñas da villa”.
Os populares consideran que “é unha moi boa forma de presentarlle as diferentes ideas e modelos que cada un dos partidos ten para o pobo a todos os veciños e veciñas de O Rosal”. Asemade, desde o PP afirman: “É a primeira vez que se propón algo de este estilo en período electoral no noso pobo, pero entendemos que é necesario, ademáis de útil, para todos o rosaleiros e rosaleiras”.
Nesta liña, o candidato popular, Carlos Rodríguez Vicente, traslada que “o Partido Popular de O Rosal pon enriba da mesa esta posibilidade, a de celebrar un debate público por primeira vez na historia, porque entendemos que é a mellor forma na que os veciños e veciñas, tanto de forma presencial como ao mellor tamén de forma telemática, poidan vivir un cara a cara entre os tres cabezas de lista que nos presentamos. Desta forma cada un poderá defender a súa visión de O Rosal, explicarlle o por qué das medidas que lle gustaría implementar no pobo aos veciños e sobre todo, confrontar posturas de unha forma totalmente transparente e cercana”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario