12 de maio de 2023

A GUARDA

ESPAZO COMÚN CUESTIONA A “FEBRE” DO ASFALTO E DE ARRANXOS,  DE ÚLTIMA HORA DO EQUIPO DE GOBERNO DO PSOE

 Despois do abandono de máis de catro anos 


Pormenor do asfaltado na Baixada de San Queitano


ESPAZO COMÚN / A Guarda

 Despois de ter desfeito e abandonado este pobo por máis de catro anos, onde as rúas, alumeado, limpeza e beirarrúas esquecidas de reparacións e limpeza, en vísperas electorais, éntralle a “febre” do asfalto e de arranxos ao Goberno do PSOE, e como dín algúns refraneiros “quen mal anda, mal acaba” e aparecen as máquinas públicas e privadas a encher de cemento e asfalto os nosos camiños. 

 Un dos agraciados, foi a Baixada de San Queitano, que despois de anos de reclamación, se “dignaron” a medio nivelala e darlle unha capa de asfalto. Din as malas linguas, que o arranxo tivo un custo elevado. Non sabemos si é certo. A realidade é que esa “terra” é de cebolas, e din os que saben que son das mellores da contorna. 

 O anterior debe ser verdade, xa que a escasos dous meses desas obras, “os grelos” asoman entre o asfalto para demostrar a súa fortaleza e a debilidade do asfalto usado. 

 Dende  ESPAZO COMÚN, non queremos ser mal pensados, pero ao que se ve, e que así que cheguen duas chuvias, a Baixada de San Queitano, vai estar peor que as rúas de Ucrania. 

 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, aí vai a demostración visual do que decimos esperando que alguén dé explicacións dunha chapuza máis da “efectividade” do Equipo de Goberno do PSOE co Sr. Antonio Lomba á cabeza. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario