12 de maio de 2023

A GUARDA

ENCONTRO DE CORAIS

 Domingo día 14 de maio, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Unha das formas de expresión humana máis antigas é o canto. Na vila de A Guarda, o canto popular sempre estivo presente na vida cotiá das nosas xentes, tanto no ámbito laboral, no que mozas (especialmente ás atadeiras, amas de casa e labregas) e mozos (operarios de industrias do metal, no sector da construcción,...) cantaban ao longo da súa xornada de traballo, como nos días grandes, con motivo de varias celebracións, entre elas ás vodas ou festas familiares. E mesmo nas tabernas. Dese xeito, non erramos ao afirmar que no pobo guardés está moi arraigada á tradición coral. 

 Por iso, pensado para todas aquelas persoas que lles guste o canto coral, e para o respectable público, en xeral, o Coro da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, organiza un Encontro de Corais. Nese evento, que conta coa colaboración da Federación Coral Galega, a Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda, participarán ás seguintes agrupacións:

 Coro da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda.

 Coral Polifónica Lira, de San Miguel de Oia (Vigo).

 Coral A Torre, de Maside (Ourense).

 Será o domingo día 14 de maio, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María, de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario