12 de maio de 2023

A GUARDA

Festival de baile e música para festexar o Día das Letras Galegas 

As asociacións e grupos folclóricos de A Guarda únense para lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego  




Infogauda / A Guarda

  O mércores 17 de maio ás 19h., no auditorio de san Bieito celebrarase o tradicional festival de baile e música, no que as diferentes asociacións de A Guarda renderán tributo ao autor homenaxeado este ano.  

 O devandito festival - organizado polo Concello de A Guarda en colaboración coas asociacións participantes -, contará coa participación da Agrupación Cultural Guardesa, entidade que abrirá o acto lembrando a figura de Francisco Fernández del Riego a través dunha reseña sobre a súa vida adicada a difusión das nosas letras e a nosa lingua. 

 A continuación intervirán: Grupo de gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas;  Grupo de Baile Xamaraina; Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro; Grupo de gaitas A Boalleira; O Trebón dos Xidos; e os grupos de baile Na ribeira do Miño (CEIP A Sangriña), Anduriñas (CEIP As Solanas) e Churumbela. Todos eles terán tamén ocasión de lembrar a memoria do autor homenaxeado a través de pequenas lecturas da súa obra.   

 Ademais da realización do festival, a celebración das Letras Galegas complementarase na biblioteca pública municipal de A Guarda, co contacontos a cargo de Polo correo do vento “Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego”, organizado polo departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra nunha data de realización pendente de confirmar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario