30 de maio de 2023

A GUARDA

A ASOCIACIÓN CULTURAL ALFOMBRAS DA GUARDA ESPALLA Á ARTE FLORAL NA HONRA DO SANTÍSIMO


Cartel anunciador das alfombras da Guarda deste ano 2013


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  A Asociación Cultural Alfombras da Guarda presentou neste mes de maio, o documental Tempo de Alfombras. O evento foi no Centro Cultural da vila e contou coa asistencia de moitas persoas da localidade e tamén da súa contorna, que ao acceder ao salón de actos, recibiron un folleto editado pola devandita asociación, coa colaboración do Concello de A Guarda.

 E nome da Asociación Cultural Alfombras da Guarda, á presidenta Mili Baz Vicente, dirixiu unhas verbas para explicar que o documental "recolle a historia das nosas alfombras, de como se traballa nas adegas, das anécdotas, do compañeirismo, da emoción que sentimos cando as contemplamos acabadas. Reflicte a ilusión, o esforzo e o bo facer de todo un pobo e, por que non, o orgullo polo noso traballo. A última veterana en deixarnos sempre dicía ao contemplar desde o seu balcón a alfombra rematada: -  que cousa máis bonita!  

 Esa expresión lanzada ao aire aínda coas mans manchadas de verde, pero co sorriso nos seus beizos, é o que nos move a continuar".

 Tamén interviu Antonio Lomba Baz, salientando "o mérito do labor que maioritariamente realizan ás mulleres", motivo polo cal animou a que á mocidade e os homes, súmense tamén a esa actividade de tanta tradición na nosa vila, e que tantas persoas motiva a vir ao noso pobo para contemplar os fermosos tapices florais.

  O rexedor tamén afirmou que o Concello de A Guarda ven apoiando estas actividades e vai continuar facéndoo.

  A continuación foi presentado o documental. Trátase dunha producción de Baixo Miño Estudios en colaboración coa Asociación Cultural Alfombras da Guarda e o Concello de A Guarda.

 O audiovisual comeza cunha vista de A Guarda e seu porto pesqueiro, acompañada pola voz en off de Mili Baz, que comeza súa intervención cunha palabra: debullar.

 E a continuación informa cando e como, se conxuga ese verbo, ao tempo que van aparecendo ás mulleres nas adegas e baixos de vivendas, debullando as flores, arbustos e outros materiais - maioritariamente vexetais - que constitúen os elementos principais que darán forma e coorido ás alfombras na honra do Santísimo Sacramento.

 Máis o documental - de 44 minutos de duración - amosa ás protagonistas de onte e de hoxe. As veteranas. As que comezaron e que foron as guías das xeracións máis novas. E tamén as que actualmente asumen á responsabilidade e á honra de facer as alfombras do Santísimo na vila de A Guarda. 

 O documental recolle tamén as testemuñas de varias mulleres - e tamén algún varón -, imaxes fotográficas en branco e negro, e tamén a toda cor, así como escolmas de reportaxes en vídeo de fai varios lustros. Son documentos que acreditan unha tradición de noso ao longo de moitas décadas. 

 Nun principio, as alfombras eran de total austeridade, máis co tempo á veciñanza fixo o propósito de presentar deseños moi fermosos nalgúns casos realizados por artistas e profesionais da nosa vila -  e cunha grande variedade cromática.

 No documental - da autoría de Miguel de la Peña, que contou coa colaboración de Miguel Rodríguez Álvarez (asistente de cámara), así como de Tamara Baz Alonso e Comercial Antonio Martínez (no deseño gráfico), e música de Tino Baz, Víctor Fugguetto, Nacho Álvarez, Bruce Salinas e Miguel de la Peña -, vése tamén como fan falla máns de persoas que vaian á recoller no medio natural os materiais necesarios e logo o transporten ata as adegas onde teñen lugar os labores de esfollado, picado, tinguido, etc. 

 Son tarefas que nalgúns casos, non se limitan exclusivamente a unhas semanas previas á festividade do Corpus, xa que algúns materiais hai que recollelos cando á natureza os da, e logo conservalos nas mellores condicións posibles ata as datas previas a execución das alfombras, en que vén o proceso que corresponde en cada caso. Por iso, como ben dixo Mili Baz, as alfombras florais de A Guarda non son un labor efémero, senón que hai que estar pendente del ao longo de todo o ano, para chegado o momento oportuno saber onde hai que acudir para xestionar e conseguir o que se precisa.

 Máis con todo, o documental revela algúns dos segredos, que froito dos correspondentes ensaios, veñen a contribuir que cando algún tipo de flor non a hai, bótase man de materiais alternativos.

 Asemade, no que respecta aos recursos humanos, o documental tamén pón en valor á colaboración da veciñanza máis moza, que tamén bota unha man nesta manifestación de fe e de arte popular xurdida do pobo guardés.

 Logo de presentación do documental, a Asociación Cultural Alfombras da Guarda fixo entrega duns sinxelos agasallos as representantes dos diferentes tramos que desde fai anos veñen realizando alfombras para conmemorar á festividade do Santísimo.

 Tamén se deu a coñecer que neste 2023 realizarase unha alfombra de sal, como ás que viñeron facéndose ao longo de moitos anos no Terrado (praza de José María Lomba), rúa Malteses e onde era o varadoiro da Ribeira. Nesta ocasión, ese labor - coordinado por Hermelindo Martínez González - estará á cargo dun grupo de persoas ucranianas e venezolanas, residentes na nosa localidade. 

 Dese xeito, podemos afirmar que o documental é unha testemuña do que ao longo de moitos anos logrou facerse na Guarda, máis tamén é unha chamada á toda á cidadanía para que na medida do posible botemos unha man para que as alfombras florais e de sal poidan continuar facéndose na nosa localidade, durante moitos máis anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario