A ASOCIACIÓN RAICEIRAS PRESENTA SÚA PROGRAMACIÓN
• Para o mes do Orgullo LGTBIQA+
Asociación Raiceiras / A Guarda
A Asociación Raiceiras informa sobre a súa programación para o mes do Orgullo LGTBIQA+. Este mes posúe un significado especial para as súas compoñentes e obxectivos polo que se levarán a cabo distintas accións repartidas durante todo o mes.
O día 8 de xuño a equipa da asociación visitará a Asociación San Xerome Emiliani para falar de diversidade rural. Proxectarase a curtametraxe “Armarios Rurais”, unha produción propia de Raiceiras, para máis tarde levar a cabo unha valoración colectiva dos temas que se tratan na mesma; sexilio, discriminación nas vilas, familias diversas e o seu proceso no rural, etc. A actividade é aberta a todo o público interesado e levarase a cabo no Espazo polivalente da Asociación San Xerome Emiliani das 10:15 ás 11.30h..
O día 9 de xuño ás 20:00h desfrutaremos da proxección en pantalla grande desta mesma curtametraxe “Armarios rurais” no Centro Sociocultural da Guarda. Posteriormente levarase a cabo un coloquio no que contaremos coa participación de Mercedes Míguez e Uxo Pousa, protagonistas do audiovisual e que poderán ampliar información e responder preguntas do público. Falaráse da diversidade dende unha perspectiva comunitaria e familiar.
O día 17 de xuño levarase a cabo un Libro-forum da novela gráfica “Género Queer” no espazo facilitado pola Librería Atlántica (A Guarda). É recomendable asistir coa lectura feita. Existen exemplares dispoñibles para a súa adquisición nesta mesma librería. A equipa de Raiceiras ademáis fará unha pequena presentación sobre o significado do sexo e o xénero, tanto na actualidade como cunha perspectiva histórica. Rematarase cun obradoiro de chapas nas que faremos unha homenaxe a distintas referentes queer.
O día 28 de xuño, Raiceiras sacará un posto á rúa no que dará a coñecer o seu labor durante todo o ano con respecto a súa área de diversidade. Haberá actividades de animación, información de utilidade, reivindicación e sorpresas para todas.
Asemade, haberá participacións e accións de última hora, polo que Raiceiras recomenda permanecer atentas ás suas redes sociais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario