25 de abr. de 2023

A GUARDA

A campaña “Galicia sabe amar” recalará na Guarda 

O venres día 28 e o sábado día 29 de abril, na praza de Avelino Vicente


A furgoneta da campaña “Galicia sabe amar” estará na vila de A Guarda o venres e o sábado

Foto: X.G.

Infogauda / A Guarda 

 A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña “Galicia sabe amar”, que percorrerá 260 municipios de España vencellados ao Camino de Santiago e na que se servirán unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade de recursos mariños da comunidade.  

 O venres día 28 e o sábado día 29 de abril, na praza de Avelino Vicente estará instalada unha furgoneta na que se ofrecerán petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11:30 a 14:00 e na quenda de tarde entre ás 16:30 a 20:00h. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario