25 de abr. de 2023

A GUARDA

“Únete a la Generación D, a campaña itinerante que impulsa o desenvolvemento das competencias dixitais vai chegar á A Guarda 

Do 9 ao 11 de maio, diante do Centro Cultural  




Infogauda / A Guarda

 Do 9 ao 11 de maio chegará á A Guarda unha unidade móbil da campaña “Únete a la Generación D”, na que a través de xogos e actividades, permitirán aos participantes afondar nas súas habilidades dixitais, sacarlles partido e coñecer novas ferramentas que axudan a melloralas.   

 O espazo itinerante “Únete a la Generación D’, cada día somos más” situarase diante do Centro Cultural. Alí os asistentes poderán ampliar información sobre buscadores da Internet, redes sociais, ciberseguridade, xestións en liña,… 

 A dixitalización fai parte do día a día. Por iso, esta experiencia ofrece aos usuarios multitude de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das súas competencias dixitais, aplicable a todos os ámbitos da vida cotiá.    

 Os obradoiros, xogos e actividades están pensados para que toda a cidadanía participe na experiencia, con especial atención a desempregados, mulleres maiores de 45 anos, séniors,… Queremos romper coa fenda dixital! A experiencia é totalmente gratuíta e ten unha duración aproximada duns 30-40 minutos.    

 A unidade móbil está equipada con tecnoloxía inmersiva que convida a participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais. Unha experiencia que se axustará ás necesidades de cada usuario.    

 A actividade comezará cun test autodiagnóstico que permitirá coñecer o nivel en competencias dixitais de cada usuario. Cos resultados, personalizarase a experiencia e porase a disposición multitude de cursos, formacións ou obradoiros cos que desenvolver e fortalecer os coñecementos.  Co resultado do test, os usuarios enfrontaranse a xogos e actividades do máis variados e de todos os niveis: dende aprender a realizar unha procura óptima na Internet ata fuxir das noticias falsas, optimizar o uso das redes sociais ou xestionar a identidade dixital.  

 Ademais, os asistentes poderán participar na sala de escape. Unha actividade inmersiva na que os usuarios terán que poñer en práctica o aprendido se queren resolver o xogo e lograr saír da sala.   

 O mellor de todo? Que todas as actividades dan puntos! Suma os teus e consigue que a túa localidade ocupe o posto número un da clasificación xeral de municipios de España. O que máis puntos obteña,… terá un premio!   

 Para participar, os colectivos interesados so teñen que confirmar a súa asistencia e escoller o horario que mellor se adapte ás súas necesidades facendo clic aquí, sendo un máximo de 15 persoas por grupo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario