9 de mar. de 2023

DEPORTES

A I Marcha Enduro BTT celebrarase na Guarda o domingo 19 de marzo  

As inscricións están abertas na web de Federación Galega de Ciclismo

 

O alcalde de A Guarda e a concelleira de Deportes con membros da organización da I Marcha Enduro BTT, no acto de presentación do evento deportivo

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, participaron xunto con algúns dos organizadores, na presentación da I Marcha Enduro BTT, un evento deportivo que se celebrará na Guarda o vindeiro domingo día 19 de marzo.  

 Tal e como explicaron na presentación os organizadores da proba, trátase dunha proba BTT (acrónimo que significa Bicicletas Todo Terreo) de Enduro que contará cun total de 25km de distancia cun desnivel aproximado de 1.003 metros. 

 A proba estará dividira en 4 tramos - un dos cales será cronometrado -, percorrendo diferentes espazos do monte Santa Trega e o monte Torroso.  

 A saída da proba está marcada para as 9:00h dende a Alameda de A Guarda, lugar que tamén servirá de meta, onde se entregarán os premios para as dúas categorías e agasallos para todos os participantes.  

 A I Marcha Enduro BTT é unha proba de dificultade media-alta, na cal os participantes deberán sacar o máximo partido ás súas bicicletas, con zonas moi técnicas nas cales a destreza dos deportistas será moi importante.  

 As inscricións están abertas a través da web www.fgalegaciclismo.es cun prezo de 13€ para deportistas federados e 23€ para non federados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario