ATLETISMO
Álex Sierpes Pereira, subcampión de Europa de campo a través, co Vicky Foods Athletics
• O atleta de A Guarda consegue a prata por equipos, na súa primeira intervención europea
Redacción Deportes / A Guarda
Este pasado domingo, Albufeira (Portugal) reuniu a máis de 1.000 atletas e unha ampla representación dos dous mellores equipos de cada país, na súa respectiva categoría e sexo. Alí estivo Álex Sierpes Pereira representando ao actual flamante subcampión de Europa na categoría Sub20 masculina e mellor equipo de España tamén, xa que o actual campión da cita do ano pasado que fora o Playas de Castelló - actuais campións de España de Clubs, que lograron o título en Itálica (Sevilla) -, descenderon á cuarta posición, quedando moi lonxe do revalidar o título de campións de Europa.
O potente equipo Vicky Foods Athletics foi moi compacto e decisivo para lograr o fito deportivo, xa que entraron moi equilibrados, logrando a sétima posición Kuma Samuel Barrios 17´54", seguíndolles moi pretiños na liña de meta Soufien Isam, clasificado na 11ª posición, con 18´03", seguido de Álex Sierpes no posto 12º cun tempo de 18´04", e pechando o cuarteto entrou Keno García con 18´37", na 28ª posición, logrando unha puntuación de 30 puntos, cedendo tan só por diante o equipo turco, Fenerbahce que se fixo co título con 13 puntos, e xa en terceiro lugar pecharía o pódium o equipo italiano, Vallebremban con 39 puntos, proba que disputaron 90 atletas de 22 equipos diferentes.
Destacar o meritorio resultado de Sierpes ao tratarse dun atleta xuvenil Sub18, enfrontándose aos mellores júniors Sub20 de Europa. O atleta do Baixo Miño, resultou decisivo na puntuación do equipo de Valladolid, sendo a chave para pechar a puntuación na cita continental.
Felicitar a todo o seu equipo por apostar por eles nesta gran fazaña conseguida para o atletismo español en terras portuguesas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario