25 de xan. de 2025

OPINIÓN

A ILLA DE SAN SIMÓN É ESPAÑA ENTEIRA 




Manuel Vázquez de la Cruz

 É hora de ser críticos ca transición. 

 San Simón é a Illa da memoria. O señor Ferro é o Presidente da Xunta de Galicia son a mentira con linguaxe clerical o primeiro, e botando man dos historiadores, o segundo. O mesmo é. Aquel lugar é precioso; os dous homes son, ao menos nesta historia, pouca cousa. O sitio é de tristeza. Non é lugar para mentiras idiotas. En San Simón non morreu ninguén, din as dúas “personalidades”, entrecomillo porque para min non o son. Inda que unha delas deixe o asunto aos historiadores. Canear a palabra, chámase no meu barrio. 

 Cando suceden estas cousas, cando hai policías patrióticas e xuices que semellan prevaricar, un pensa que canda votou e pediu o sí para a Constitución, da transición, equivocouse.  

 Estamos nun país no que hai moita xente de pouco sentir ou de sentir mal. Como é este o caso. Só iso? Non, o peor é que esta xente son iso pero non son pobo. Só son “gente de bien”, como dí o señor Feijóo.  

 Non dixo xente honrada. Non. Dixo de bien, de dinerito, de acciones, de poder... Falou dos que el tenta representar. 

 Unha amiga miña escríbeme desde Madrid algo moi bonito e moi esclarecedor. Sen pedirlle permiso (é amiga, moi amiga e sei que me perdoará), vou publicar o seu escrito. Orgullosamente contento de ter unha amiga como ela: poeta, escritora e profesora. E ten conmigo algo en común, que é emocionarse ao escoitar a canción Grândola, Vila Morena. Foi a nosa revolución: unha flor tapando o burato por donde sae a matar unha bala. Precisa estampa que adorna o meu sitio de escribir. 

 Eu, patriota raiano sobre todo, síntome moi daquel momento e moi acompañado pola poeta e a súa poesía no cantar. 

 Ela ademais, amiga da xente, e de min, que como acostumaba a dicir meu avó na súa coña habitual “tamén son de Dios”. O que engadía non o conto. 

 Por qué escribo unha cousa que pode parecer de tan pequeno valor? Porque el, meu avó, home de dereitas, emprendedor que montou en Ribadelouro, unha fabrica movida por forza hidráulica e deu traballo aos da aldea, amaba tamén a vida e a xente. Él sempre estivo contra a barbarie fascista. Detido polas autoridades republicanas por trifulca electoral (el a favor das dereitas) axudou dun xeito determinante a fuxir do fascismo a Hermenegildo Losada, médico, ilustre presidente da Frente Popular en Tui, e a Ulpiano Piña. Meu avó, de dereitas era un home bo e do pobo. De dereitas sí, pero cualquer parecido con homes que piden historiadores ou señores que negan mortos, asasinados, en calquer lugar, non ten lugar na memoria que guardamos del. Aldeano, traballador, intelixente, divertido, de orixe moi humilde e de dereitas, pero honrado e boa persoa. É podíalle aprender moitas cousas aos historiadores do presidente da Xunta de Galicia. 

 Ademáis de sentido común. 

 Era de poucas letras, pero contrario destes nos feitos e nos pensamentos. Obrigado, avó, por ser exemplo moitos anos despois do teu pasamento. 

 Agora, avó, hai moitos dos outros, dos imitadores das maldades daquela e da noxo escoitar as mentiras e os insultos dunha xente que a veces parece aquela xente. Aquela que falaba de “prietas las filas”, mentaba como se tal cousa a necesidade de “los puños y las pistolas” e aquela outra “de por el Imperio hacia a Dios” que nin ti nin eu, e seguramente eles tampoco, entendiamos. 

 Un día tomácheme moito o pelo. Foi cando lemos que querían nomear a Franco cardeal. E dalle con dicirme a min que eu tamén tiña que ser cardeal, que querías un neto cardeal, que si facían  a Franco, a ver porque non me facían a min..., que levaba tres anos no seminario. 

 Se cadra non vén o caso falar do meu avó, aproveitándome do seu recordo. Eu fico contente de lembralo. De lembrar ao vello Ferruxo a súa muller que como eu andaba na adolescencia e tiña cara diso, diciame sempre: come, meu neno come, que todo teu mal e fame. 

 Tiña razón. 

 Era a mesma que axeonllábase no pasillo da casa da Magdalena e choraba ao escoitar os estoupidos das balas que disparadas por foraxidos mataban boa xente na Volta da Moura. 

Cando paso por alí lémbrome sempre dela. 


Nova publicada no xornal FARO DE VIGO

 Os que montan a mentira negacionista sobre o que pasou na illa de San Simón son os mesmos que minten aos pensionistas, aos dagnificados da Dana e dos que..., dos que eles queren voltar a tempos oscuros, a negar dereitos, suprimir a sanidade pública,...   

 O dereito mais imprescindible dun pobo que quere vivir sen medo. 

 Eles queren un mundo ou un estado no que “A QUEN DEUS SE LLA DEA, SAN PEDRO LLA BENDIGA”. Os deles serán sempre de ese san Pedro e de ese deus. Eles son dos que pensan o que normalmente non dicen. Pero, agora o señor Ferro e o presidente da Xunta, berraron, como aquela señora no parlamento, ¡QUE SE JODAN! Ela desde a súa opulencia. Estes dous desde os seus cargos. A señora referíndose aos parados. Estes tomándonos a todos por imbéciles. 

 E no colmo das súas actuacións, como na ultima votación contra o pobo no parlamento, son capaces, chegado o caso, de moitas mentiras seguidas. Despois de pensalo moito están convencidos que cantas mais mentiras e mais medias verdades mellor. Esa é sustancialmente a súa forma de facer política. 

 Claro, di un amigo, leron que Gramsci dicía que “a verdade é sempre revolucionaria” e sacaron en conclusión que as mentiras, moitas en ringleira, serían enormemente mais que reaccionarias. Por iso fan algo moi ruín e minten para facer que fixeron outra cousa que non fixeron. Son así. Pero...Quen lles pode crer? 

 Os pensionistas, os damnificados pola dana ou os que necesitan unha axuda dun bono para ir a traballar? 

 A xente do común que quere una boa sanidade pública? 

 A xente normal que pensa que a vida ben vivida debe ser cousa de todos e desexa o ben para todos? 

 Ou será o problema dos patriotas de pacotilla que teñen un goberno que non é deles e que contra vento, marea, mentiras, chismes e bulos está traballado ben e para eles iso é insoportable? 

 En San Simón non morreu ninguén e xa está..., que se jodan, senón que o dígan os historiadores sumisos. É o outro xeito de dicir ¡que se jodan! Ou quizás, que pena da escribilo, ben mortos están. 

 Deixade amigos que moitos homes e mulleres sientan pena, vertan unha bágoa ou solten unha maldición. 

 Dou paso a miña admirada Maite Martínez Ugalde. 

 Mintieron como bellacos, "con todos los dientes de la boca", como decía el pacifista y premio Nobel José Saramago. Mintieron, y como esta vez escucharon voces que les llamaban mentirosos, recularon y donde dijeron digo ahora dicen Diego. 

 Para rematar su desfachatez el presidente de la Xunta de Galicia, que solo por serlo debería ser honesto, justo y veraz (aunque estas 3 palabras muchos en nuestro país no saben interpretarlas), nos sale con que “este tipo de debates hay que dejarlos a los historiadores".

 Como dices en tu último artículo, la historia es para el que la vive, es el pueblo. Y el pueblo la vive, la sufre, la disfruta y la interpreta. Y, sobre todo, la recuerda. Los historiadores pueden formar parte del pueblo o renunciar a él y hacerles el caldo gordo a los gobiernos de todos los colores, como han hecho siempre. 

 La historia es del pueblo y hay que dejarla para el pueblo. Y los demás, si no saben, si molestan, si mienten, si tergiversan, que se aparten.

 Un abrazo, amigo mío.

Maite Martínez Ugalde

Ningún comentario:

Publicar un comentario