José Luís Rodríguez Correa vai presentar “Alma”
• A exposición multidisciplinar será inaugurada o 17 de marzo ás 20:00h na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
A Casa dos Alonso acollerá neste mes de marzo a primeira exposición individual do artista José Luis Rodríguez Correa, de O Rosal. A mostra, de carácter multidisciplinar leva por título “Alma” e nela cadros e estruturas con diferentes técnicas e temáticas serán as protagonistas dese espazo, onde os visitantes colaborarán na súa posta en escena.
O artista, cuxa obra sorprende moi gratamente, foi discípulo da pintora guardesa Alicia Alonso Fernández. Tamén foi alumno do escultor Magín Xulio Picallo Durán, de Pablo Eduardo, e de Amelia Alfaya, respectivamente.
A exposición será inaugurada o 17 de marzo ás 20:00h na Casa dos Alonso e permanecerá aberta ao público ata o 30 de marzo en horario de 9:00 a 15:00h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario