ATLETISMO
Loli Martínez Vicente, logra unha medalla de bronce
• No XX Campionato Xunta de Galicia máster de pista curta
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Cunha medalla de bronce a atleta do Rosal, Mª Dolores Martínez Vicente (Loli), do club Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), regresou do XX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo máster indoor, que o pasado sábado día 1 de febreiro, realizouse na pista curta de Expourense.
A súa actuación foi de mañá, pero esta vez non participou en marcha, senon nos 3.000 metros lisos. E sendo seu debut na devandita proba, non se pode pedir máis, porque cun rexistro de 16:53.85, conseguiu a medalla de bronce na categoría máster 50 feminino.
Felicidades Loli!
Ningún comentario:
Publicar un comentario