24 de xan. de 2023

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda en febreiro  

O xoves día 2, en horario de 10:15 ás 14:30h; o venres día 3, de 16:15 a 21:00h; e o sábado día 4, de 10:15 ás 14:30h.  


Unidade móbil de doazóns de sangue na súa ubicación habitual
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda en febreiro.  Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte ao Centro Cultural) o xoves día 2 en horario de 10:15 ás 14:30 h; o venres día 3 de 16:15 a 21:00h; e o sábado día 4 de 10:15 ás 14:30h. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non debemos esquecer levar, DNI ou documento similar. Asemade. debemos informar ao médico se estamos tomando algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario