24 de xan. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda organiza o obradoiro de canto para mulleres “Con Voz Propia” 

 Será impartido por Cristal Méndez Queizán (Maga de Voz)




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, organiza o obradoiro de canto “con Voz Propia”, que será impartido por Cristal Méndez Queizán (Maga de Voz). 

 Esta actividade realizarase todos os xoves en horario de 17:30 a 20:30h dende o 9 de febreiro ata o 30 de marzo. 

 Desde o Goberno municipal indican: “Trátase dun obradoiro de canto para mulleres, no que se busca o empoderamento das participantes a través da voz e do canto.

 As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller (CIM) de A Guarda, a carón do xulgado de paz) na praza de San Marcos, no teléfono 986 61 46 48 e no enderezo electrónico muller@aguarda.es 

 Esta actividade conta co financiamento e apoio do Ministerio de Igualdad, e do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario