"(...) A los noventa años, el día en que mi madre se moría, al fin me atreví a decirle:
13 de set. de 2022
OPINIÓN
Publicado por
Infogauda
ás
21:40
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
A Xunta de Galicia participou no acto inaugural da “Semana cultural pesqueira no Camiño”, proxecto beneficiado polo programa O teu Xacobeo
A directora de Turismo, Nava Castro, puxo en valor esta iniciativa onde se realizan todo tipo de actividades de promoción dos valores do Camiño en relación co sector marítimo pesqueiro
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou onte luns, día 12 de setembro, na presentación do proxecto “Semana cultural pesqueira no Camiño”, beneficiario do programa O teu Xacobeo.
Durante a súa presentación, Castro puxo en valor esta iniciativa, onde se realizan, de xeito coordinado, todo tipo de actividades de promoción dos valores do Camiño en relación co sector marítimo pesqueiro e o seu patrimonio, material, inmaterial, natural e humano, en localidades polas que transcorre esta ruta.
Grazas a esta iniciativa, os organizadores contemplan a realización de actividades turísticas e culturais como navegación en embarcación tradicional, talleres de marisqueo, visitas guiadas, actuacións culturais como teatro e música, etc. ao longo do Camiño de Santiago pola costa, ofrecendo unha ampla variedade de accións para turistas e o resto da cidadanía.
“Iniciativas como esta amosan a importancia do programa O teu Xacobeo, que ten sido a maior convocatoria aberta de proxectos socioculturais de Galicia, poñendo de de manifesto que o Camiño de Santiago e o Xacobeo están moi presentes no conxunto da sociedade galega”, indicou Castro.
A través do programa O Teu Xacobeo, dende a Xunta de Galicia estase a levar a cabo proxectos socioculturais que complementan a programación do Xacobeo, implicando á cidadanía na súa celebración con propostas culturais e creativas que axuden a poñer en valor o Camiño de Santiago, apoiando máis de 572 proxectos de 200 concellos galegos que supuxeron un investimento da Xunta de 8 millóns de euros e permitiron mobilizar case 15 millóns de euros en ámbitos como o turismo, a cultura, o deporte ou a acción social, entre outros.
Publicado por
Infogauda
ás
21:00
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
NUEVAS ACTIVIDADES CULTURALES
Gemma Marqués / A Guarda
Clases presenciales de Dibujo y Pintura en La Casa Taller en A Guarda. Para mayores de 10 años, y adultos. Grupo de adultos los lunes de 5 a 7 y de niños los jueves de 5 a 6.30. Plazas limitadas, método eficaz, desconexión y aprendizaje. Prueba una clase gratis!! Contacta por TLF. 986 610 417 - 607 08 61 92.
Exposición de Pintura de mi serie "Anónimas, retratos de musas cotidianas" en la sede de ADICAM de CANGAS
Un espacio muy bonito donde apoyan a las enfermas de cáncer de mama, qué mejor sitio para mostrar mis acuarelas de mujeres en directo!!! Esas musas que luchan en la sombra por vivir una vida mejor.
Viernes 16 a las 8 de la tarde, con música en directo. Llevaré los libros que me quedan para vender y nos veremos por fin las caritas! Entrada libre.
La exposición estará hasta el día 4 de Noviembre, con entrada libre en la Casa da Bola, calle Valentín Losada, 1 -1 º Cangas.
DEMO GRATUITA de Paisaje urbano en Acuarela en la UNED de Tui. El 21 de septiembre de 5 a 7 de la tarde. Pintaré en directo, os informaré del funcionamiento de mis cursos en la UNED y podréis conocerme. Apúntate gratis!
https://extension.uned.es/actividad/idactividad/27915
Curso presencial de Paisaje urbano en Acuarela en la UNED de Tui. Del 23 al 25 de septiembre. Pintaremos del natural en diferentes localizaciones, en el entorno de la catedral, A Corredoira, el aula de la UNED (Universidad Nacional de Educación a Distancia), el Paseo fluvial, etc. No hace falta nivel de dibujo ni pintura. Os dejo el enlace con la info y matrícula! 20 h. 40 €. https://extension.uned.es/actividad/idactividad/27376
Curso ON LINE de Paisaje en Acuarela de la UNED. Del 5 de octubre al 9 de noviembre. Pintaremos paisajes fáciles desde cero. Recibirás 5 videotutoriales con explicaciones paso a paso y tendrás 5 Directos de 2 horas para demostraciones y dudas, además de correcciones por correo electrónico. No hace falta nivel de dibujo ni pintura. Os dejo el enlace con la info y matrícula! 20 h. 40 €.
Publicado por
Infogauda
ás
21:00
0
comentarios
((•)) Escucha este post
OIA
O MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE OIA, ESCENARIO DO PENÚLTIMO CONCERTO DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA “MÚSICA NO AR”
A soprano Teresa Novoa e o pianista Carlos E. Pérez actuarán o próximo sábado, día 17 de setembro, ás 19.00 horas
Infogauda / Oia
O Mosteiro de Santa María de Oia acollerá o vindeiro sábado 17 de setembro, ás 19.00 horas, unha nova sesión do programa "Música no Ar" que a Deputación de Pontevedra ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia como pazos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos cheos de maxia e historia. As persoas interesadas en acudir a esta cita poderán asistir sen reserva, xa que a entrada é libre ata completar aforo.
O recital estará protagonizado pola soprano pontareana, Teresa Novoa, con estudos superiores en canto en Galicia e Madrid, e que actuou en espazos importantes do territorio nacional e no estranxeiro; e o pianista vigués, Calos Enrique Pérez, que cursou estudos de piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo e actualmente é repertorista de voz con piano nese mesmo centro. O repertorio do concerto abrangue dende o Barroco ata o contemporáneo, pasando por distintos estilos como: a canción española, a francesa, o "lied" ou o oratorio.
"Música no Ar", enmarcado no amplo programa da Deputación, "Con-Fiando Cultura" ten como meta promover e garantir o acceso igualitario á cultura para todos e todas, amais de por en valor espazos da memoria, da arte e da identidade.
Publicado por
Infogauda
ás
20:59
0
comentarios
((•)) Escucha este post
GALICIA
A Xunta de Galicia destina máis de 1,8 M€ para actuacións de restauración, preservación e mellora de espazos da Rede Natura durante os anos 2022 e 2023
Estas subvencións teñen como beneficiarios a concellos, que obteñen un financiamento de algo máis de 1 M€; persoas físicas, que reciben máis 338.000 euros, e entidades, que contarán con preto de 400.000 euros
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria para os anos 2022 e 2023 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Con cargo a esta liña de axudas, a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinou a actuacións para restaurar, preservar e mellorar os espazos incluídos na Rede Natura un importe de máis de 1,8 millóns de euros.
O obxectivo destas axudas, ademais de garantir e mellorar a biodiversidade nos sistemas agrarios de alto valor natural, é mellorar o estado das paisaxes agrarias galegas tanto nos espazos da Rede Natura 2000 como nas súas áreas de influencia socioeconómica.
Nesa liña, levaranse a cabo proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e ao mantemento das condicións ambientais necesarias para a conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats.
Ademais, inclúense axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para conseguir obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou a rendibilidade das explotacións agrícolas e que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas Rede Natura 2000 de Galicia.
Publicado por
Infogauda
ás
20:16
0
comentarios
((•)) Escucha este post
VIGO
Fernández-Tapias destaca a oferta cultural da Sala Ártika de Vigo até final de ano con 50 funcións de 23 compañías de artes escénicas
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación da programación deste recinto polo que pasarán compañías galegas como Chévere, A Pandaría ou Tanxarina
Foto: X.G.
Infogauda / Vigo
A Sala Ártika ofreceralle ao público vigués até final de ano 50 funcións a cargo de 23 compañías diferentes, tanto de procedencia galega coma do exterior. O recinto situado na rúa Beiramar da cidade olívica incluirá, ademais, actuacións enmarcadas en tres festivais e ciclos diferentes: o III Comediátriko, o XX Circuíto da Rede Alternativa de Teatros e o VIII Festival Pequeártiko de Nadal. Para desenvolver a súa carteleira, o espazo conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP Universidades a través das axudas a salas de artes escénicas de titularidade privada, liña de subvencións ás que a Xunta destina 150.000 euros neste 2022.
A delegada territorial da Xunte de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou esta mañá na presentación do programa da Sala Ártika xunto ao seu director, Marcos Alonso Costas, e representantes doutras institucións patrocinadoras. Fernández-Tapias puxo en valor “tanto o esforzo coma o labor” desenvolvida polo equipo da Sala Ártika para brindarlle ao público vigués unha oferta “completa e pensada para as diferentes franxas de idades” e “diversa en canto aos xéneros escénicos”.
A representante autonómica salientou a “encomiable traballo” que asumen cada ano recintos como a Sala Ártika e a Sala Ensalle en Vigo ou a Sala Gurugú e o Teatro Andamio na Coruña —os catro escenarios de titularidade privada apoiados na convocatoria de axudas da Xunta neste 2022— ao complementar dende “o imprescindible emprendemento cultural” coas súas carteleiras a oferta escénica que as distintas institucións promoven cada ano.
12 obras familiares e unha estrea
A programación de setembro a decembro da Sala Ártika arrincará este sábado coa obrafamiliar Por las buenas y por las malas, da formación cántabra Escena Miriñaque. Precisamente, este tipo de espectadores centrará unha parte importante da carteleira do recinto vigués, que ofrecerá 12 espectáculos destinados a todas as idades. Entre eles, destacan pezas de compañías galegas como Pedras de Cartón, que representarán a súa visión de Don Quixote, ou Tanxarina, que levará a Vigo a adaptación do clásico de Carlos Casares A Galiña Azul. Ambas as dúas obras veranse en decembro, mes que acaparará durante o nadal 10 das montaxes destinadas á cativada.
Así, os zaragozanos de Teatro Arbolé actuarán tamén en decembro co seu espectáculo Un día en el Teatro. A proposta dos aragoneses e a de Tanxarina non serán as únicas do xénero dos monicreques, xa que La Compañía de Victor Brau —coa súa montaxe El hombre que plantaba árboles—, os galegos de Migallas Teatro —con Os Tres Porquiños—e os tamén aragoneses Títeres sin cabeza -coa súa obra Mi Amigo el dragón- tamén visitarán a Sala Ártika.
No apartado para o público adulto, destaca a dupla incursión no mes do outro do Grupo Chévere, que representarán dúas obras interpretadas por Patricia de Lorenzo, Arantza Villar e Mónica García: As fillas bravas de Momán e As fillas bravas e o mito de Casandra. A Panadaría, entre o 21 e o 30 dese mesmo mes, ofrecerán seis funcións da súa nova produción, As que limpan, mentres que o artista estremeño Francis J. Quirós estreará Cucko In Love na Ártika o o venres 23, dentro do marco do III Comediartiko.
19 actuacións no Auditorio de Vigo
A Xunta de Galicia, ademais de apoiar a Sala Ártika coa súa programación, contribúe coa oferta escénica de Vigo a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios ao promover até final de ano 19 actuacións no seu Auditorio Municipal. Así, este recinto da cidade olívica recibirá no mes de outubro montaxes como Ultreia, do Mago Teto (domingo 2) ou Hugo, de Os Náufragos Teatro (domingo 30). Xa en novembro, acollerá compañías como De Ste Xeito, que representará o 4 e 5 A resurrección de Nuno, ou Ainé Produccións, que fará o propio os días 11 e 12 coa súa coprodución do Centro Dramático Galego Continente María.
O Auditorio Municipal de Vigo, con estas 19 representacións, é o espazo con maior número de funcións neste semestre dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición de espectáculo xestionado pola Xunta e cofinanciado coas entidades locais adheridas.
Publicado por
Infogauda
ás
20:02
0
comentarios
((•)) Escucha este post
VIGO
VIGO ESCENARIO DA XORNADA DA DEPUTACIÓN E DA FEMP PARA EXPLORAR AS OPORTUNIDADES DO DEPORTE NA LOITA CONTRA AS DESIGUALDADES NO MARCO DA AXENDA 2030
A xornada “ODS e Deporte” terá lugar o 21 de setembro no Mar de Vigo e contará coa presenza do Secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco
Infogauda / Vigo
O deporte non só ofrece grandes beneficios para a saúde, senón que favorece a integración e a sociabilización e contribúe á redución das desigualdades, acadando o desenvolvemento persoal e unha sociedade máis xusta. É por iso que as administracións públicas teñen un papel fundamental á hora de fomentar a súa práctica entre a cidadanía, e convertelo nun instrumento para a loita contra a desigualdade seguindo os criterios da Axenda 2030. Ese é o punto de partida da xornada “O deporte como ferramenta clave para a redución da desigualdade no marco da Axenda 2030”, que a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Consello Superior de Deportes, organizan o vindeiro 21 de setembro no Auditorio Mar de Vigo (inscricións e información en http://odsdeporte.femp.es/).
Grazas a este evento, Vigo converterase, como dixo a presidenta de Deputación, Carmela Silva, “na capital do deporte e, sobre todo, daquel que busca incluír a todas as persoas na súa práctica”. “Isto é máis que unha mera reunión da FEMP, hai que poñela en valor polo gran fenómeno que é a revolución do deporte no século XXI”, recalcou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a presentación da xornada, xa que, na actualidade, “o deporte xa é moito máis que ocio, tempo libre ou actividades física: é unha cultura”. E faise en Vigo que, apuntou Carmela Silva, “é a cidade de Galicia que organiza máis eventos deportivos”.
A xornada está enmarcada dentro das actuacións previstas no Plan de Actuación deseñado entre a FEMP e o Consello Superior de Deportes para a promoción de programas deportivos para a redución da desigualdade no marco da Axenda 2030. Este sitúa como eixo prioritario, como explicou Carmela Silva, o fomento da actividade física e deportiva con eventos “plurais e diversos, nos que as mulleres, as persoas con discapacidade, as nenas e nenos, a mocidade, as persoas maiores, etc., teñen espazo para practicar deporte”. Precisamente, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, son “grandes referentes a nivel do Estado, no desenvolvemento desta axenda e na consecución dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”, lembrou Carmela Silva.
Un programa de luxo
Durante as diferentes mesas de debate haberá a oportunidade de coñecer as boas prácticas na xestión do deporte local como ferramenta para acelerar o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, xunto con diferentes experiencias locais centradas en reducir a desigualdade a través do deporte no marco da Axenda 2030.
Na xornada, amais da apertura co presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta provincial Carmela Silva e o Secretario de Estado para o Deporte e presidente do Consejo Superior de Deportes, José Manuel Franco, participarán poñentes expertos e expertas en materia de deporte do ámbito local, administracións públicas, entidades, organizacións e referentes deportivos a nivel nacional. Destacan os alcaldes e alcaldesas e alcaldes e alcaldesas de concellos como Palma, Cáceres, Sant Feliu de Llobregat, Azuqueca de Henares (Guadalajara), Villarramiel (Palencia) ou Santomera (Murcia). Mais tamén participarán persoas doutras administracións, como o presidente da Deputación de León, Eduardo Morán, ou a directora xeral do Principado de Asturias, Aida Nuño.
No ámbito deportivo, tamén haberá relatores e relatoras que son “referentes no mundo do deporte, sobre todo no inclusivo, que é polo que máis hai que apostar”, subliñou Carmela Silva. Así, participará Esther Martínez, exdeportista e experta en igualdade de xénero no deporte; Mari Cruz Seco, adestradora do Club Piragüismo Vilaboa; Agustín Alejo, representante da Asociación Minusválidos Físicos de Vigo de baloncesto; Juan Antonio Segura, director do Consorcio de Entidades para a Acción Integral con Migrantes (CEPAIM), ou Mercé Barrientos, a presidenta de Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudega).
Os e as participantes no encontro terán a oportunidade de coñecer a cidade de Vigo, con una visita ás Illas Cíes, o solpor desde Samil nunha recepción no Hotel Attica21, ou unha visita á vila romana de Toralla para coñecer a historia da cidade.
Publicado por
Infogauda
ás
19:48
0
comentarios
((•)) Escucha este post
TOMIÑO
Tomiño rende unha sentida homenaxe a Toñi Vicente, pioneira en poñer rostro de muller á alta cociña
Alcaldesa e autoridades destacaron a traxectoria da chef que transmitiu sempre á súa cociña os sabores e saberes da súa terra
Infogauda / Tomiño
Unha
homenaxe emotiva e chea de palabras de agradecemento para a súa protagonista,
Toñi Vicente. Tomiño celebrou esta fin de semana o seu acto cívico do Alivio nunha
Praza do Seixo ateigada de autoridades, familiares e veciños e veciñas que
quixeron arroupar á chef tomiñesa nun momento tan especial. Unha profesional de
recoñecemento internacional que sempre levou orgullosa o nome da súa terra,
unha muller emprendedora, pioneira en poñerlle á alta cociña nome de muller e “a
gran dama da cociña galega nun tempo no que a profesión estaba controlada por
homes”, como subliñou durante o acto a alcaldesa, Sandra González.
“Toñi
recolle a tradición das familias unidas arredor da mesa e únea a unha enorme
paixón polo que fai, grandes doses de innovación e un profundo coñecemento da
súa profesión. Sen perder esa esencia de produto, de cariño no facer, de
raíces... consegue aunar tradición e modernidade para revolucionar a cociña
galega”, louvou a rexedora.
Unha
longa traxectoria na que sempre levou consigo os sabores e saberes de Tomiño
que a levaron de volta ás raíces nesta nova etapa da súa vida. “Con esta
sinxela homenaxe queremos que recibas o agarimo de tantos tomiñeses e tomiñesas
e o noso recoñecemento a toda unha vida de entrega e traballo”, salientou a
rexedora.
Emocionada
pola semblanza da súa vida feita durante o acto tamén por parte do presentador
da cerimonia, Suso Pando, na súa intervención, Toñi Vicente tivo unhas verbas
de agarimo para os seus país, Delmiro e Antolina, cos que se iniciou no mundo
da cociña con tan só sete anos de idade, porque “esta homenaxe é para eles”. A
cociñeira aproveitou tamén o seu discurso para lanzar unhas palabras de
recoñecemento a todas as persoas que se dedican á restauración e á hostalaría,
“unha profesión moi dura que ten moito de vocación”.
No multitudinario encontro, a alcaldesa quixo agradecer tamén o labor das Forzas e Corpos de Seguridade e de Protección Civil de Tomiño, polo seu traballo para poder desfrutar dunhas Festas do Alivio con total normalidade tras a pandemia; da Banda da Agrupación Musical de Goián, que amenizou o acto cívico; e, especialmente, da Comisión de Festas, “que tanto ten traballado para que todos e todas poidamos gozalas despois de dous anos sen festas”.
Publicado por
Infogauda
ás
14:50
0
comentarios
((•)) Escucha este post
LABORAL
O comité de empresa de Hiperxel advirte de mobilizacións
Se continúan os atrasos no pagamento dos salarios
Redacción / Galiza
O comité de empresa de Xeldist —máis coñecida polo nome comercial Hiperxel—, composto por membros de CCOO, UGT e CIG, advirte de mobilizacións se continúan os atrasos no pagamento dos salarios. O persoal atópase nunha «incerteza máxima», pois traballa sen saber cando cobrará a nómina ou como evolucionará a situación, que leva meses sendo complicada. A impuntualidade nos pagamentos tamén se estende ás empresas provedoras, coa problemática da falta de mercadoría nas tendas que isto implica.
Xeldist Congelados foi vendida en xullo do 2021 por Iberconsa ao grupo Vinova, no cal está integrada a marca comercial Conxelados Cíes. Tras uns meses de «adaptación» á nova situación empresarial, en abril deste ano comezaron os atrasos nas nóminas e a falta de mercadoría nas tendas.
Pola súa parte, o persoal non ten información fiable por parte da empresa, máis aló de comunicados nos que amosa unha «intención de reflotación» e pedindo un «esforzo extra», pero sen ofrecer garantías. «A mobilización parece ser o único camiño que nos está deixando a dirección da empresa», conclúen desde o comité.
Publicado por
Infogauda
ás
14:32
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
A Guarda vai celebrar o Día da Mobilidade cun paseo en bicicleta
• O vindeiro domingo, día 18 de setembro.
• A saída será ás 11:00h dende a Alameda.
• O percorrido será de 7 quilómetros, recomendado para maiores de 10 anos.
Infogauda / A Guarda
Para festexar o Día da Mobilidade, o Concello de A Guarda, en colaboración co Club Ciclista Guardés, organiza este domingo, día 18 de setembro, un paseo en bicicleta polo casco urbano da vila.
Cun percorrido de 7 quilómetros recomendado para maiores de 10 anos, o devandito paseo comezará ás 11:00h dende a Alameda, e contará con avituallamento, un pequeno agasallo para os participantes e un sorteo ao final do percorrido.
O itinerario previsto pasa polas inmediacións das praias da Ribeira, O Carreiro, Fedorento e Area Grande, todas elas situadas moi preto do casco urbano e ás que é moi doado e cómodo achegarse a pé ou en bicicleta.
As inscricións están xa abertas a través dun formulario en liña, ata o sábado 17 de setembro.
Tamén se porden facer as inscricións chamando ao teléfono 986 610 000, de 8:00 a 15:00 horas.
Esta actividade enmarcase dentro da Semana Europea da Mobilidade, e con ela dende o Concello de A Guarda preténdese sensibilizar sobre a conveniencia e os beneficios que para a saúde ten realizar actividades a pé ou en bicicleta.
En palabras de Mª Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes e de Medio Ambiente, un dos obxectivos do equipo de goberno municipal é o de mellorar a mobilidade e accesibilidade da vila de A Guarda, favorecendo ademais a práctica deportiva e os hábitos de vida saudable.
Publicado por
Infogauda
ás
13:56
0
comentarios
((•)) Escucha este post
O ROSAL
O Concello inaugurou en Pías a súa clara aposta polas escolas unitarias
Este domingo presentouse á veciñanza unha reforma integral do centro que se implementará progresivamente no resto do CRA María Zambrano
Búscase a posta en valor da educación de proximidade e a recuperación de edificacións de gran valor patrimonial no camiño da sostibilidade ambiental
Fotos: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O
Rosal celebrou a pasada fin de semana unha exitosa xornada de portas abertas
para presentar á veciñanza a reforma integral da escola unitaria de Pías, o
primeiro gran paso na estratexia do Concello de reforma progresiva de todos os
centros do CRA María Zambrano. “A transformación deste edificio é un exemplo da
clara aposta que facemos dende o Goberno municipal non só pola educación de
proximidade, senón tamén pola recuperación de inmobles de gran valor
patrimonial seguindo sempre a liña da eficiencia enerxética e a sostibilidade
medioambiental”, explicou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Neste
sentido, o Concello está a facer un grande esforzo para captar fondos para a
modernización destes centros nos que a única competencia que ten é de
mantemento. Pero, como salientou a rexedora, “queremos ir moito máis alá. O
noso obxectivo é apostar por ese modelo educativo diferencial que temos no noso
municipio, un modo tamén de fixar poboación e manter viva a contorna. E para
iso iremos reformando de forma integral todas as unitarias, evitando o posible
deterioro estrutural de edificios únicos e mantendo as aulas en condicións
óptimas e de confort para alumnado e docentes”.
Durante
as obras de reforma, nas que se investiron arredor de 200.000 euros, implementáronse tamén medidas para facer da
escola un centro máis sostible. Así, instaláronse medidas que axudan a reducir
ao mínimo o consumo enerxético, como a renovación completa do sistema de
alumeado interior e da carpintería, así como das instalacións eléctricas, de
fontanería e saneamento; un novo illamento térmico e unha nova soleira que
impermeabiliza o contacto co chan; o illamento do teito; a incorporación de
chan radiante para substituír os radiadores eléctricos que producían un alto
consumo; un sistema de aerotermia con bomba de calor de alta eficiencia ou un
sistema de renovación do aire interior con ventilación mecánica e recuperación
de calor para garantir a calidade de aire sen gastar enerxía na climatización.
Deste
xeito, o Concello traballa para dar solución “aos dous buratos negros de
consumo que se detectaron na auditoría enerxética municipal: as luminarias
públicas, para as que xa conseguimos 1,2 millóns de euros de fondos europeos
para a súa renovación, e as escolas unitarias, que polo tipo de instalación teñen
un consumo de enerxía moi alto”.
A alcaldesa rosaleira quixo agradecer a colaboración da comunidade educativa, que durante a execución das obras fixeron un grande esforzo para que a reforma integral fose unha realidade. “Son un exemplo de bo facer, como demostraron durante a pandemia, con esa capacidade de adaptación única. A todas e todos os docentes, nenos e nenas desexámoslle un grande inicio deste curso post pandemia no que todo volve á normalidade”, recalcou.
Publicado por
Infogauda
ás
13:35
0
comentarios
((•)) Escucha este post