13 de set. de 2022

A GUARDA

A Guarda vai celebrar o Día da Mobilidade cun paseo en bicicleta 

O vindeiro domingo, día 18 de setembro.

•    A saída será ás 11:00h dende a Alameda. 

• O percorrido será de 7 quilómetros, recomendado para maiores de 10 anos. 




Infogauda / A Guarda

 Para festexar o Día da Mobilidade, o Concello de A Guarda, en colaboración co Club Ciclista Guardés, organiza este domingo, día 18 de setembro, un paseo en bicicleta polo casco urbano da vila.  

 Cun percorrido de 7 quilómetros recomendado para maiores de 10 anos, o devandito paseo comezará ás 11:00h dende a Alameda, e contará con avituallamento, un pequeno agasallo para os participantes e un sorteo ao final do percorrido. 

 O itinerario previsto pasa polas inmediacións das praias da Ribeira,  O Carreiro, Fedorento e Area Grande, todas elas situadas moi preto do casco urbano e ás que é moi doado e cómodo achegarse a pé ou en bicicleta.  

 As inscricións están xa abertas a través dun formulario en liña,  ata o sábado 17 de setembro. 

 Tamén se porden facer as inscricións chamando ao teléfono 986 610 000, de 8:00 a 15:00 horas.  

 Esta actividade enmarcase dentro da Semana Europea da Mobilidade, e con ela dende o Concello de A Guarda preténdese sensibilizar sobre a conveniencia e os beneficios que para a saúde ten realizar actividades a pé ou en bicicleta.  

 En palabras de Mª Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes e de Medio Ambiente, un dos obxectivos do equipo de goberno municipal é o de mellorar a mobilidade e accesibilidade da vila de A Guarda, favorecendo ademais a práctica deportiva e os hábitos de vida saudable.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario