30 de abr. de 2022

CARACAS (VENEZUELA)

O DOUTOR ÓSCAR NOYA, GALARDOADO CO PREMIO CIENTÍFICO MÁIS IMPORTANTE QUE OUTORGA O SECTOR PRIVADO EN VENEZUELA


O Doutor Óscar Noya, é profesor titular do Departamento de  Parasitología da Facultade de Medicina Luís  Razetti da Universidad Central de Venezuela (UCV), médico investigador na área de  parasitología e medicina tropical

Infogauda / Caracas

 O Premio Fundación Empresas Polar "Lorenzo  Mendoza  Fleury",  creado en 1982, é o premio científico máis importante que outorga o sector privado en Venezuela e está dirixido a científicos venezolanos que mostraron un talento, creatividade e produtividade sobresaliente nas ciencias naturais. 

 O anuncio dos gañadores fíxoo a Presidenta de Fundación Empresas Polar, Leonor Giménez de  Mendoza. A través dunha chamada telefónica desde a sede da Fundación Empresas Polar en Caracas, comunicouse este mércores 27 de abril co médico Óscar Noya, o biólogo José Luis Ramírez, a astrofísica  Gladis  Magris, o matemático  Neptalí Romero e o farmacéutico Jaime  Charris, para recoñecelos como os galardoados da  XX edición do Premio Lorenzo  Mendoza  Fleury. 

 O Doutor Óscar Noya - de ascendencia galega, por parte de nai e de pai - é profesor titular do Departamento de  Parasitología da Facultade de Medicina Luís  Razetti da Universidad Central de Venezuela (UCV), médico investigador na área de  parasitología e medicina tropical.  ExDirector do Instituto de Medicina Tropical da Facultade de Medicina. Graduado de médico cirurxián da Universidade Central de Venezuela, cun  PhD en Medicina Tropical e Parasitología Médica da Universidade Estatal de  Luisiana, Nova  Orleans. É un home de ciencia, docente excepcional e buscador infatigable da verdade. Por iso gañouse o respecto e admiración dos seus colegas e estudantes. 

 A Facultade de Medicina da Universidade Central de Venezuela felicita aos galardoados e síntense orgullosos de que o Doutor Óscar Noya sexa un deles. 

 Mil felicitacións!.

Fonte: Noticias Medicina UCV

A GUARDA

PORTOS DE GALICIA NOTIFICA AO CONCELLO DE A GUARDA A EXTINCIÓN E LIQUIDACIÓN DO CONVENIO PARA A EXPLOTACIÓN POLO CONCELLO GUARDÉS DA ESTACIÓN MARÍTIMA DE A PASAXE

Esa actuación conlevou a que a Alcaldía de A Guarda, procedese a anulación da licitación da contratación, mediante procedemento aberto do “Contrato Administrativo especial de catefería-restaurante na Estación Marítima do Pasaxe no concello da Guarda" 


Inmoble coñecido como Estación Marítima, situado na Pasaxe (Camposancos) A Guarda, á beira do río Miño

Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  O ente público Portos de Galicia vén de notificarlle ao alcalde do Concello de A Guarda a extinción e liquidación do convenio para a explotación polo concello guardés, da Estación Marítima de A Pasaxe, ubicada na praza da IIª República, en Camposancos (A Guarda). Esa determinación, conleva, entre outras consecuencias, a conseguinte afectación ao proceso correspondente iniciado polo concello guardés, previo a adxudicación, mediante concesión temporal,  da explotación e posta en funcionamento da cafetería-restaurante nas devanditas instalacións.

 A comunicación remitida por Portos de Galicia,e  a cal tivo acceso á Redacción de Infogauda, esta semana,  foi enviada ao Concello de A Guarda ás 08:43:19 horas, do día 12 de abril de 2022. O contido da mesma, é o seguinte:

 

Sr. Alcalde-Presidente

Concello de A Guarda

Praza do Reló, nº 1

36780 A Guarda (Pontevedra)

 

ASUNTO: EXTINCIÓN E LIQUIDACIÓN DO CONVENIO SUBSCRITO PARA A EXPLOTACIÓN POLO CONCELLO DE A GUARDA DA ESTACIÓN MARÍTIMA DE A PASAXE NO PORTO DE A GUARDA.

En data do  09.06.2004 asinouse co Concello de A Guarda o convenio arriba referenciado  con unha duración inicial de 10 anos, e co obxecto de regulala colaboración  entre o Concello e o ente público Portos de Galicia, para a explotación  por aquel da Estación Marítima de A Pasaxe no porto de A Guarda, integrada  no dominio público portuario, así como no que atinxe  á conservación e mantemento da Estación polo Concello.

 Posteriormente o 02.05.2005 asinouse entre as mesmas partes unha addenda ao dito convenio en virtude da cal, estendendo a súa vixencia polo tempo máximo de 25 anos a contar desde a data de inicio da vixencia do convenio matriz da addenda. Convenio que remataría a súa vixencia 0 09.06.2029.

 Tanto no convenio como na addenda se estableceu a facultade de que Portos de Galicia  pode desistir e abocar para sí as instalación en calquera momento, outorgando un prazo máximo de preaviso de dous meses para a liquidación e efectividade desa facultade. Correlativamente, o Concello de A Guarda dispón da facultade de desistir do convenio cun preaviso previo de dous meses de antelación.

 A Disposición Adicional Octava da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público establece no seu punto 1 que todos os convenios vixentes subscritos por calquera Administración  Pública ou calquer dos seus organismos ou entidades vinculadas ou dependentes deberán adaptarse ao aquí previsto no prazo de tres anos a contar  desde a entrada en vigor desta Lei. E decir, a adaptación debería terse realizado na data límites antes do 02.10.2019. Adaptación que afectaba ao establecemento dun prazo de catro anos de vixencia do convenio  con posible prórroga por outros catro, e que non se levou a cabo polas partes.

 Por outra parte o 12.06.2018, entrou en vigor a Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia que no seu artigo 57 apartado 5 establece un réxime singular de convenios para habilitar a utilización de dominio público portuario polas Administracións, entre estas a Local, ou no seu caso, o outorgamento dunha concesión administrativa.

 Xa que logo, considerando os cambios normaticos producidos logo da sinatura do indicado convenio, considerando a facultade  de desistimento pactada neste, e sen prexuizo de que se analice polas partes a oportunidade e legalidade de formalizar un novo título administrativo con arranxo ao actual réxime normativo, e en virtude das facultades do artigo 12 da Lei 6/2017, de portos de Galicia, comunícase ao Concello de A Guarda, que Portos de Galicia a vontade de desistir e abocar para sí as instalación da Estación Marítima de A Pasaxe no porto de A Guarda, de modo que se formula preaviso do prazo de dous meses para a liquidación e efectividade da reversión das ditas instalación a Portos de Galicia.

 No marco do proceso de liquidación do referido convenio extinto, quedará afectado o contrato que promove ese Concello para explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetería-restaurante na Estación Marítima de Pasaxe, no Concello de A Guarda, que polo demais as súas bases deberían terse definido coa participación de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela na data de sinatura electrónica.

A Presidenta,

Susana Lenguas Gil. 

ANULADA A LICITACIÓN DA CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO “CONTRATO ADMINISTRATIVO ESPECIAL DE CAFETERÍA-RESTAURANTE NA ESTACIÓN MARÍTIMA DO PASAXE NO CONCELLO DA GUARDA”

Con data 25.04.2022, o alcalde-presidente do Concello de A Guarda, emitiu o seguinte documento:

EXPEDIENTE: 2990/2021 

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA 

PRIMEIRO.- En data 9 de xuño de 2004, o Concello da Guarda e o Ente Público Portos de Galicia asinaron un Convenio de colaboración para o mantemento, conservación e explotación da Estación Marítima de A Pasaxe no Concello de A Guarda, cunha vixencia de dez anos, contados dende o día seguinte á súa sinatura, prazo ampliado a vinte e cinco anos en posterior Addenda, sendo a data de fin de vixencia do Convenio o 9 de xuño de 2029. 

 Na súa cláusula primeira, o devandito Convenio sinala que “a Estación Marítma obxecto do presente Convenio comprende as instalacións e servicios que se reflicten no plano de detalle que se incorpora como anexo”, incluíndo a cafetería na planta baixa, cunha superficie, segundo o plano, de 96.00 metros cadrados. 

 A cláusula segunda do Convenio sinala os compromisos do Concello de A Guarda, “que asume a explotación da Estación Marítima, así como o custo da conservación, mantemento, e no seu caso, mellora da Estación Marítima de A Pasaxe, mediante licitación, contratación e execución das obras necesarias para tal efecto.” Coa convocatoria da licitación, o Concello da Guarda procedeu ao cumprimento da súa obriga sinalada no Convenio vixente. 

SEGUNDO.- Aprobado con data 16 de febreiro de 2022 o expediente de contratación, mediante procedemento aberto do “CONTRATO ADMINISTRATIVO ESPECIAL DE CAFETERÍA-RESTAURANTE NA ESTACIÓN MARÍTIMA DO PASAXE NO CONCELLO DA GUARDA”, e convocada a súa licitación, se presentaron dúas ofertas durante o prazo outorgado ao efecto, procedéndose á apertura das mesmas pola mesa de contratación en datas 16 de marzo de 2022 ( documentación administrativa) e 21 de marzo de 2022 ( ofertas económicas). 

TERCEIRO.- En data 18 de abril de 2022 ( RC 1416) recíbese no Concello da Guarda escrito asinado pola Presidenta de Portos de Galicia de extinción e liquidación do Convenio subscrito, no que fai referencia á facultade de Portos de Galicia de desistir e abocar para si as instalacións en calquera momento , outorgando un prazo de preaviso de dous meses. Sinalan que como consecuencia de tal desistimento queda afectado o proceso de licitación convocado ao efecto polo Concello da Guarda. 

CUARTO. - Tendo en conta o tenor do escrito recibido de Portos de Galicia, o Concello da Guarda debe proceder á anulación da licitación convocada ao efecto, dado que as instalacións da cafetería da Estación Marítima pasarán á ser do citado ente no prazo de dous meses dende a recepción do seu escrito de desistimento do Convenio vixente, correspondendo a partir desa data a Portos de Galicia o seu mantemento, xestión e explotación. 

Tendo en conta o anteriormente exposto, e en virtude das facultades que me confire o ordenamento xurídico RESOLVO: 

1.- Anular a licitación da contratación, mediante procedemento aberto do “CONTRATO ADMINISTRATIVO ESPECIAL DE CAFETERÍA-RESTAURANTE NA ESTACIÓN MARÍTIMA DO PASAXE NO CONCELLO DA GUARDA”, como consecuencia do desistimento do Convenio de colaboración para o mantemento, conservación e explotación da Estación Marítima de A Pasaxe no Concello de A Guarda, dado que instalacións da cafetería da Estación Marítima pasarán á ser do citado ente no prazo de dous meses dende a recepción do seu escrito de desistimento , correspondendo a partir desa data a Portos de Galicia o seu mantemento, xestión e explotación. 

2.- Elevar ao Pleno da Corporación a presente resolución, ao ser o órgano competente na licitación, que delegou na Alcaldía a tramitación da licitación. 

3.- Notificar a presente resolución aos interesados e dar traslado da mesma a Portos de Galicia. 

4.- Publicar no perfil de contratante a presente resolución. 

O Alcalde 

Antonio Lomba Baz 


DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE 

A GUARDA

A LONXA DO PORTO PESQUEIRO DE A GUARDA ACOLLERÁ Á PRESENTACIÓN DO LIBRO SEXADES MAR

Do fotógrafo Manuel Álvarez e da poeta Helga Cabiddu 

O venres día 6 de maio, ás 19:00 horas




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A cultura - non é preciso pórlle adxectivos - non ten barreiras. Así o entenden o fotógrafo Manuel Álvarez, e a poeta Helga Cabbidu. El e ela, son os autores do libro Sexades mar (Chan da Pólvora Editora, 2022), que o vindeiro venres día 6 de maio, ás 19:00 horas, van ser presentado na lonxa do porto de A Guarda.

 Sexades mar vainos amosar o diálogo de fotografías e poemas. Será unha experiencia moi gratificante, habida conta que Manuel Álvarez, un dos coautores do libro, ten no seu currículo precedentes semellantes, como por exemplo, Gameleiros (Xerais, 2002).

 "(...) E agora, dúas décadas despois, Sexades mar convócanos a observar con calma finada novos argonautas e novas atalantas. Como sempre e mais despois, que di o verso de Manuel Antonio, mudaron artes de pesca e marisqueo, outras, as menos, permanecen, mudaron a contía e as especies e mudou a presenza feminina, pois agora 16 mulleres aparecen entre os 48 retratos de Manuel Álvarez e os poemas de Helga Cabbidu (...)", dínos o escritor e poeta Miro Villar. 

 A presentación de Sexades mar vai contar, coas intervencións de Manuel Álvarez; Luís Alberte (saxo barítono), que interpretará "Deolinda", composición-improvisación musical para saxo barítono; Antón Lopo, director de Chan da Pólvora Editora; Antonio Lomba, alcalde do Concello de A Guarda; Mª Monserrat Magallanes, concelleira de Cultura do Concello de A Guarda; e Joaquín Cadilla, patrón de pesca de altura e presidente da Organización de Palangreros Guardeses (OR.PA.GU). 

O ROSAL

Este verán nenos e nenas volverán desfrutar do Campus Multideporte Concello do Rosal  

Tras dous anos de parón pola situación sanitaria, o campus celebrará do 4 ao 15 de xullo a súa quinta edición 


A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, na presentación do campus, acompañada por César Armán, director deportivo e segundo adestrador do primeiro equipo, e Iago Flores, xogador do primeiro equipo e adestrador da base

Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 Dúas semanas de moito deporte e de moito balonmán. Tras dous anos de parón debido á situación sanitaria, o Acanor Novás Valinox prepara xa coa colaboración do Concello do Rosal a quinta edición do Campus Multideporte, quince días no que rapazas e rapaces de entre 6 e 12 anos poderán desfrutar da actividade física e da contorna. E volve con moitas ganas de seguir crecendo ano a ano para converterse nun dos campus de referencia da comarca.

 “Con esta iniciativa non só fomentamos un estilo de vida saudable entre os nosos nenos e nenas, senón que tamén facilitamos a conciliación laboral e familiar da veciñanza durante as vacacións estivais”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, na presentación do campus, na que estivo acompañada por César Armán, director deportivo e segundo adestrador do primeiro equipo, e Iago Flores, xogador do primeiro equipo e adestrador da base.

 Dende o 4 ao 15 de xullo todos os rapaces e rapazas participantes farán actividades acuáticas, practicarán hóckey, realizarán sendeirismo, gozarán de xogos populares e recibirán charlas formativas, entre outras moitas actividades. O campus contará con prazas limitadas, con monitores titulados que se encargarán de dirixir todas as actividades e recibirá a visita de deportistas de alto nivel.

 As persoas interesadas poderán facer a súa reserva ou solicitar máis información a través dos teléfonos 627 753 917 ou 664 644 748.

OPINIÓN

Francia: Triunfa Macron y nadie lo festeja  

Miguel  Lamas*


 Emmanuel Macron fue reelegido presidente de Francia en segunda vuelta contra la ultraderechista  Le Pen, con una fuerte abstención del 28% (la mayor desde el año 1969, después del mayo francés) y otro 6% de voto nulo. El triunfo de  Macron no provocó ningún festejo popular. 

 El domingo por la noche, conocidos los resultados, las calles de París estaban vacías. El voto que recibió de sectores populares se debió en gran medida al hecho que querían evitar que triunfase la  ultraderecha de  Le  Pen. Pero en los días previos a las elecciones hubo importantes movilizaciones estudiantiles y obreras, con la consigna “Ni  Macron ni Le Pen”. 

 En primera vuelta, el candidato de  centroizquierda Jean- Luc Mélenchon, de Francia Insumisa, había sacado 22% de la votación, Le  Pen 23% y  Macron 27%. 

 Por su parte,  Marini Le Pen consiguió en segunda cerca una considerable votación de labradores y obreros que odian a  Macron porque ha descargado la crisis económica sobre los trabajadores. 

 Ahora vienen nuevas elecciones en junio para elegir en el Parlamento.  Mélenchon aspira a ganar con el apoyo del Partido Comunista (PC) y del Partido Socialista (PS), que eran muy fuertes y casi han desaparecido en recientes elecciones. 

 El PS, socialdemócrata, gobernó Francia durante años. El mismo Macron, antes de ser presidente, fue ministro de economía de un gobierno del PG. Y antes de ser ministro fue subdirector del gran banco Rothschild, asociado a las transnacionales Nestlé y  Pfizer. 

Crisis económica, social y política 

 El marco general de esta elección son las consecuencias de la crisis económica descargada sobre el pueblo trabajador en los últimos años.  Macron rebajó los impuestos a las grandes empresas, y facilitó la precariedad laboral y los despidos. Esta situación recibió la respuesta con grandes movilizaciones populares, como la de los “chalecos amarillos” (contra el aumento de la gasolina) e importantes huelgas. 

 La consecuencia política fue un total y creciente descrédito de los antiguos partidos, desde la derecha tradicional al centroizquierda del PS y el PC, que van a gobernar o  cogobernar. 

 Macron surgió y triunfó en el 2017, diferenciándose de estos viejos partidos, diciendo que “no era de izquierda, ni de derecha” y que iba a gobernar pragmáticamente “sin ideologías” para “mejorar la economía”. Ahora, nuevamente en campaña electoral, habló de “proteger los vulnerables”, cuando en los últimos meses en Francia muchos alimentos de primera necesidad han aumentado hasta un 85%, a consecuencia de la guerra de Ucrania, sin que los salarios aumenten. 

 También, y por motivos parecidos de ruptura con los viejos partidos, creció la extrema derecha de  Le  Pen. 

La necesidad de construir alternativa revolucionaria 

 Lamentablemente, las organizaciones que se llaman  trotskistas, que se presentaron a elecciones como el Nuevo Partido Anticapitalista y Lucha Obrera, tuvieron una muy baja votación en primera vuelta. No impulsaron una unidad de la izquierda revolucionaria y de los trabajadores, que podría haber avanzado en una alternativa visible para las masas oprimidas que rompen con los viejos partidos. 

 Para la segunda vuelta, el candidato de  centroizquierda Mélenchon, que fue quién capitalizó los votos de izquierda, llamó a votar “contra Le Pen”, sin decir nada de Macron, y ahora proyecta ganar las parlamentarias para  cogobernar cómo primer ministro, de acuerdo con la ley francesa. 

 En lo inmediato, el precario triunfo de Macron hace posible y necesaria la unidad para la lucha de los trabajadores, exigiendo a las centrales sindicales un plan de lucha por las demandas más urgentes, de aumento salarial, no al aumento de edad de jubilación, defensa del empleo, contra despidos, impuestos a las grandes empresas. Las manifestaciones estudiantiles y obreras “ni  Macron ni Le Pen” muestran la necesidad de construir una alternativa revolucionaria ante la crisis capitalista y política que vive Francia. 

* Dirigente de la  UIT- QI