O DOUTOR ÓSCAR NOYA, GALARDOADO CO PREMIO CIENTÍFICO MÁIS IMPORTANTE QUE OUTORGA O SECTOR PRIVADO EN VENEZUELA
Infogauda / Caracas
O Premio Fundación Empresas Polar "Lorenzo Mendoza Fleury", creado en 1982, é o premio científico máis importante que outorga o sector privado en Venezuela e está dirixido a científicos venezolanos que mostraron un talento, creatividade e produtividade sobresaliente nas ciencias naturais.
O anuncio dos gañadores fíxoo a Presidenta de Fundación Empresas Polar, Leonor Giménez de Mendoza. A través dunha chamada telefónica desde a sede da Fundación Empresas Polar en Caracas, comunicouse este mércores 27 de abril co médico Óscar Noya, o biólogo José Luis Ramírez, a astrofísica Gladis Magris, o matemático Neptalí Romero e o farmacéutico Jaime Charris, para recoñecelos como os galardoados da XX edición do Premio Lorenzo Mendoza Fleury.
O Doutor Óscar Noya - de ascendencia galega, por parte de nai e de pai - é profesor titular do Departamento de Parasitología da Facultade de Medicina Luís Razetti da Universidad Central de Venezuela (UCV), médico investigador na área de parasitología e medicina tropical. ExDirector do Instituto de Medicina Tropical da Facultade de Medicina. Graduado de médico cirurxián da Universidade Central de Venezuela, cun PhD en Medicina Tropical e Parasitología Médica da Universidade Estatal de Luisiana, Nova Orleans. É un home de ciencia, docente excepcional e buscador infatigable da verdade. Por iso gañouse o respecto e admiración dos seus colegas e estudantes.
A Facultade de Medicina da Universidade Central de Venezuela felicita aos galardoados e síntense orgullosos de que o Doutor Óscar Noya sexa un deles.
Mil felicitacións!.
Fonte: Noticias Medicina UCV
Ningún comentario:
Publicar un comentario