A LONXA DO PORTO PESQUEIRO DE A GUARDA ACOLLERÁ Á PRESENTACIÓN DO LIBRO SEXADES MAR
Do fotógrafo Manuel Álvarez e da poeta Helga Cabiddu
O venres día 6 de maio, ás 19:00 horas
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A cultura - non é preciso pórlle adxectivos - non ten barreiras. Así o entenden o fotógrafo Manuel Álvarez, e a poeta Helga Cabbidu. El e ela, son os autores do libro Sexades mar (Chan da Pólvora Editora, 2022), que o vindeiro venres día 6 de maio, ás 19:00 horas, van ser presentado na lonxa do porto de A Guarda.
Sexades mar vainos amosar o diálogo de fotografías e poemas. Será unha experiencia moi gratificante, habida conta que Manuel Álvarez, un dos coautores do libro, ten no seu currículo precedentes semellantes, como por exemplo, Gameleiros (Xerais, 2002).
"(...) E agora, dúas décadas despois, Sexades mar convócanos a observar con calma finada novos argonautas e novas atalantas. Como sempre e mais despois, que di o verso de Manuel Antonio, mudaron artes de pesca e marisqueo, outras, as menos, permanecen, mudaron a contía e as especies e mudou a presenza feminina, pois agora 16 mulleres aparecen entre os 48 retratos de Manuel Álvarez e os poemas de Helga Cabbidu (...)", dínos o escritor e poeta Miro Villar.
A presentación de Sexades mar vai contar, coas intervencións de Manuel Álvarez; Luís Alberte (saxo barítono), que interpretará "Deolinda", composición-improvisación musical para saxo barítono; Antón Lopo, director de Chan da Pólvora Editora; Antonio Lomba, alcalde do Concello de A Guarda; Mª Monserrat Magallanes, concelleira de Cultura do Concello de A Guarda; e Joaquín Cadilla, patrón de pesca de altura e presidente da Organización de Palangreros Guardeses (OR.PA.GU).
Ningún comentario:
Publicar un comentario