PORTOS DE GALICIA NOTIFICA AO CONCELLO DE A GUARDA A EXTINCIÓN E LIQUIDACIÓN DO CONVENIO PARA A EXPLOTACIÓN POLO CONCELLO GUARDÉS DA ESTACIÓN MARÍTIMA DE A PASAXE
Esa actuación conlevou a que a Alcaldía de A Guarda, procedese a anulación da licitación da contratación, mediante procedemento aberto do “Contrato Administrativo especial de catefería-restaurante na Estación Marítima do Pasaxe no concello da Guarda"
Infogauda / A Guarda
O ente público Portos de Galicia vén de notificarlle ao alcalde do Concello de A Guarda a extinción e liquidación do convenio para a explotación polo concello guardés, da Estación Marítima de A Pasaxe, ubicada na praza da IIª República, en Camposancos (A Guarda). Esa determinación, conleva, entre outras consecuencias, a conseguinte afectación ao proceso correspondente iniciado polo concello guardés, previo a adxudicación, mediante concesión temporal, da explotación e posta en funcionamento da cafetería-restaurante nas devanditas instalacións.
A comunicación remitida por Portos de Galicia,e a cal tivo acceso á Redacción de Infogauda, esta semana, foi enviada ao Concello de A Guarda ás 08:43:19 horas, do día 12 de abril de 2022. O contido da mesma, é o seguinte:
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda
Praza do Reló, nº 1
36780 A Guarda (Pontevedra)
ASUNTO: EXTINCIÓN E LIQUIDACIÓN DO CONVENIO SUBSCRITO PARA A
EXPLOTACIÓN POLO CONCELLO DE A GUARDA DA ESTACIÓN MARÍTIMA DE A PASAXE NO PORTO
DE A GUARDA.
En data do 09.06.2004 asinouse co Concello de A Guarda o convenio arriba referenciado con unha duración inicial de 10 anos, e co obxecto de regulala colaboración entre o Concello e o ente público Portos de Galicia, para a explotación por aquel da Estación Marítima de A Pasaxe no porto de A Guarda, integrada no dominio público portuario, así como no que atinxe á conservación e mantemento da Estación polo Concello.
Posteriormente o 02.05.2005 asinouse entre as mesmas partes unha addenda ao dito convenio en virtude da cal, estendendo a súa vixencia polo tempo máximo de 25 anos a contar desde a data de inicio da vixencia do convenio matriz da addenda. Convenio que remataría a súa vixencia 0 09.06.2029.
Tanto no convenio como na addenda se estableceu a facultade de que Portos de Galicia pode desistir e abocar para sí as instalación en calquera momento, outorgando un prazo máximo de preaviso de dous meses para a liquidación e efectividade desa facultade. Correlativamente, o Concello de A Guarda dispón da facultade de desistir do convenio cun preaviso previo de dous meses de antelación.
A Disposición Adicional Octava da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público establece no seu punto 1 que todos os convenios vixentes subscritos por calquera Administración Pública ou calquer dos seus organismos ou entidades vinculadas ou dependentes deberán adaptarse ao aquí previsto no prazo de tres anos a contar desde a entrada en vigor desta Lei. E decir, a adaptación debería terse realizado na data límites antes do 02.10.2019. Adaptación que afectaba ao establecemento dun prazo de catro anos de vixencia do convenio con posible prórroga por outros catro, e que non se levou a cabo polas partes.
Por outra parte o 12.06.2018, entrou en vigor a Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia que no seu artigo 57 apartado 5 establece un réxime singular de convenios para habilitar a utilización de dominio público portuario polas Administracións, entre estas a Local, ou no seu caso, o outorgamento dunha concesión administrativa.
Xa que logo, considerando os cambios normaticos producidos logo da sinatura do indicado convenio, considerando a facultade de desistimento pactada neste, e sen prexuizo de que se analice polas partes a oportunidade e legalidade de formalizar un novo título administrativo con arranxo ao actual réxime normativo, e en virtude das facultades do artigo 12 da Lei 6/2017, de portos de Galicia, comunícase ao Concello de A Guarda, que Portos de Galicia a vontade de desistir e abocar para sí as instalación da Estación Marítima de A Pasaxe no porto de A Guarda, de modo que se formula preaviso do prazo de dous meses para a liquidación e efectividade da reversión das ditas instalación a Portos de Galicia.
No marco do proceso de liquidación do referido convenio extinto, quedará afectado o contrato que promove ese Concello para explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetería-restaurante na Estación Marítima de Pasaxe, no Concello de A Guarda, que polo demais as súas bases deberían terse definido coa participación de Portos de Galicia.
Santiago de Compostela na data de sinatura electrónica.
A Presidenta,
Susana Lenguas Gil.
ANULADA A LICITACIÓN DA CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO “CONTRATO ADMINISTRATIVO ESPECIAL DE CAFETERÍA-RESTAURANTE NA ESTACIÓN MARÍTIMA DO PASAXE NO CONCELLO DA GUARDA”
Con data 25.04.2022, o alcalde-presidente do Concello de A Guarda, emitiu o seguinte documento:
EXPEDIENTE: 2990/2021
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
PRIMEIRO.- En data 9 de xuño de 2004, o Concello da Guarda e o Ente Público Portos de Galicia asinaron un Convenio de colaboración para o mantemento, conservación e explotación da Estación Marítima de A Pasaxe no Concello de A Guarda, cunha vixencia de dez anos, contados dende o día seguinte á súa sinatura, prazo ampliado a vinte e cinco anos en posterior Addenda, sendo a data de fin de vixencia do Convenio o 9 de xuño de 2029.
Na súa cláusula primeira, o devandito Convenio sinala que “a Estación Marítma obxecto do presente Convenio comprende as instalacións e servicios que se reflicten no plano de detalle que se incorpora como anexo”, incluíndo a cafetería na planta baixa, cunha superficie, segundo o plano, de 96.00 metros cadrados.
A cláusula segunda do Convenio sinala os compromisos do Concello de A Guarda, “que asume a explotación da Estación Marítima, así como o custo da conservación, mantemento, e no seu caso, mellora da Estación Marítima de A Pasaxe, mediante licitación, contratación e execución das obras necesarias para tal efecto.” Coa convocatoria da licitación, o Concello da Guarda procedeu ao cumprimento da súa obriga sinalada no Convenio vixente.
SEGUNDO.- Aprobado con data 16 de febreiro de 2022 o expediente de contratación, mediante procedemento aberto do “CONTRATO ADMINISTRATIVO ESPECIAL DE CAFETERÍA-RESTAURANTE NA ESTACIÓN MARÍTIMA DO PASAXE NO CONCELLO DA GUARDA”, e convocada a súa licitación, se presentaron dúas ofertas durante o prazo outorgado ao efecto, procedéndose á apertura das mesmas pola mesa de contratación en datas 16 de marzo de 2022 ( documentación administrativa) e 21 de marzo de 2022 ( ofertas económicas).
TERCEIRO.- En data 18 de abril de 2022 ( RC 1416) recíbese no Concello da Guarda escrito asinado pola Presidenta de Portos de Galicia de extinción e liquidación do Convenio subscrito, no que fai referencia á facultade de Portos de Galicia de desistir e abocar para si as instalacións en calquera momento , outorgando un prazo de preaviso de dous meses. Sinalan que como consecuencia de tal desistimento queda afectado o proceso de licitación convocado ao efecto polo Concello da Guarda.
CUARTO. - Tendo en conta o tenor do escrito recibido de Portos de Galicia, o Concello da Guarda debe proceder á anulación da licitación convocada ao efecto, dado que as instalacións da cafetería da Estación Marítima pasarán á ser do citado ente no prazo de dous meses dende a recepción do seu escrito de desistimento do Convenio vixente, correspondendo a partir desa data a Portos de Galicia o seu mantemento, xestión e explotación.
Tendo en conta o anteriormente exposto, e en virtude das facultades que me confire o ordenamento xurídico RESOLVO:
1.- Anular a licitación da contratación, mediante procedemento aberto do “CONTRATO ADMINISTRATIVO ESPECIAL DE CAFETERÍA-RESTAURANTE NA ESTACIÓN MARÍTIMA DO PASAXE NO CONCELLO DA GUARDA”, como consecuencia do desistimento do Convenio de colaboración para o mantemento, conservación e explotación da Estación Marítima de A Pasaxe no Concello de A Guarda, dado que instalacións da cafetería da Estación Marítima pasarán á ser do citado ente no prazo de dous meses dende a recepción do seu escrito de desistimento , correspondendo a partir desa data a Portos de Galicia o seu mantemento, xestión e explotación.
2.- Elevar ao Pleno da Corporación a presente resolución, ao ser o órgano competente na licitación, que delegou na Alcaldía a tramitación da licitación.
3.- Notificar a presente resolución aos interesados e dar traslado da mesma a Portos de Galicia.
4.- Publicar no perfil de contratante a presente resolución.
O Alcalde
Antonio Lomba Baz
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE
Ningún comentario:
Publicar un comentario