29 de abr. de 2022

A GUARDA

Amelia Tiganus, activista e faminista, presentou seu libro “La revuelta de las putas” 

• No Centro Cultural de A Guarda 


A concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, coa activista e feminista, Amelia Tiganus, e a responsable do Centro de Información á Muller, Yolanda Villaverde, na Biblioteca Municipal de A Guarda

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Dentro da programación denominada “Semente de Igualdade”, o Concello de A Guarda organizou diversas actividades (teatro, propostas educativas nos centros escolares do municipio, unha habitación de escape, charlas,...), para conmemorar  o Día Internacional da Muller.

 Como remate da devandita programación, que abrangueu os meses de marzo e de abril, o pasado mércores día 27, tivo lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de bacharelato e ciclos de FP do IES A Sangriña. 

 Asemade, onte xoves 28 de abril, o Centro Cultural acolleu unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral, na que falou do seu libro "La revuelta de las Putas"

 A activista e feminista tamén achegou a Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, dous exemplares asinados, para o seu préstamo aos usuarios da mesma. 

 Compre salientar que ese libro constitúe unha síntese da súa propia experiencia persoal, que a autora considera realmente imprescindible dar a coñecer na procura de intentar mudar xeitos de pensar e de actuar, e por conseguinte, contribuir a mudar o mundo. 


De esq. a der.: Yolanda Villaverde, Fátima Rodríguez e Amelia Tiganus, no Centro Cultural de A Guarda
Amelia Tiganus, nun momento da presentación do seu libro

 Máis dun cento de persoas participaron nesta charla, onde a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez Marcos, foi a encargada de abrir a mesma xunto coa responsable do Centro de Información á Muller (CIM), Yolanda Villaverde Gondar.  

 Amelia, activista feminista a favor do abolicionismo da prostitución, falou en primeira persoa e de forma clara das situacións de escravitude as que son sometidas moitas mulleres, e que o sistema e a sociedade consinten. 

PÓVOA DE VARZIM

DEPUTADOS DA ASSEMBLEIA MUNICIPAL  DE PÓVOA DE VARZIM APROVAM  A CELEBRAÇÂO DE PROTOCOLO DE COMUNIDADE IRMÂ COM A CIDADE GALEGA DE A GUARDA 

Os Municípios da Póvoa de Varzim e de A Guarda vêm dando expressão pública oficial a esta relação, que as duas comunidades, através dos seus núcleos piscatórios, cultivam, de forma historicamente comprovada, desde o século XVI


Assembleia Municipal da Póvoa de Varzim
Foto: C.M.P. de V.

Infogauda / Póvoa de Varzim

 A Assembleia Municipal da Póvoa de Varzim aprovou a celebração de protocolo de comunidade irmã com a cidade galega de A Guarda. 

 Os Municípios da Póvoa de Varzim e de A Guarda vêm dando expressão pública oficial a esta relação, que as duas comunidades, através dos seus núcleos piscatórios, cultivam, de forma historicamente comprovada, desde o século XVI. Os dois municípios vêm concretizando, sobretudo desde 1991, iniciativas de intercâmbio cultural que acrescentam visibilidade à relação de irmandade entre os dois povos. A Guarda vem agora juntar-se às três cidades com quem a Póvoa de Varzim mantém relações de geminação, Montgeron (França), Eschborn (Alemanha) e Zabbar (Malta).

CAMINHA

Mais de três dezenas de cidadãos ucranianos aprendem em Caminha a Língua Portuguesa

Iniciativa da Câmara Municipal em articulação com o Centro Qualifica da ETAP



Ontem, quinta-feira, foi dado mais um passo no processo de integração - 33 cidadãos ucranianos iniciaram o Curso de Português Língua de Acolhimento

Fotos: C.M.C.


Infogauda / Caminha

 Começou esta semana a funcionar um curso de Língua Portuguesa especialmente preparado para os cidadãos ucranianos que procuraram o concelho de Caminha para se refugiar da guerra que assola o seu país. A Câmara Municipal de Caminha em articulação com o Centro Qualifica da ETAP, criaram as condições necessárias para que a população deslocada da Ucrânia a residir atualmente no nosso concelho possa aceder ao Curso de Português Língua de Acolhimento.

 Ontem, quinta-feira, foi dado mais um passo no processo de integração - 33 cidadãos ucranianos iniciaram o Curso de Português Língua de Acolhimento, com a duração inicial de 25 horas. Através desta formação torna-se possível adquirir as competências linguísticas necessárias à participação social ativa e à integração no mercado de trabalho.

 Na ocasião, a Vereadora Sandra Fernandes deu as boas vindas a todos os formandos deste curso, o qual tornará possível a aquisição de competências de expressão e compreensão da Língua Portuguesa necessárias à participação social ativa e ao seu processo de integração social e profissional.

 Recorde-se que o concelho de Caminha está a receber cidadãos refugiados desde o dia 6 março e, neste momento, são 71 os cidadãos da Ucrânia que aqui estão a viver, correspondendo a 27 famílias. Há já mais sete pessoas que manifestaram vontade de vir para o concelho, sendo este um processo dinâmico, dada a imprevisibilidade do conflito na Ucrânia, após a invasão russa.

 De realçar que 50 dessas pessoas são adultos e 21 crianças. Quanto aos mais novos, 14 estão já integradas nas nossas escolas e 7 adolescentes estão integrados no sistema de ensino à distância que o Ministério da Educação da Ucrânia possui.

 Quanto aos adultos, 9 pessoas já estão a trabalhar e outras duas deveram iniciar uma atividade profissional no concelho em breve. Oito outros ucranianos estão em idade de reforma e uma pessoa é portadora de incapacidade motora. Existem outros cidadãos ucranianos e trabalhar remotamente, através da Internet.

 O acolhimento está a ser feito com grande empenho da comunidade em geral, instituições e particulares. Está a ser feito também o apoio na vacinação, com a colaboração do Centro de Saúde.

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda a vindeira semana

Estará instalada diante do Centro Cultural, o venres día 6 e o sábado día 7 de maio  


A unidade móbil de doazóns de sangue estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural)
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil de doazóns de sangue visitará proximamente a vila de A Guarda. Como vén sendo habitual, estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural). 

 Será o venres día 6 de maio, en horario de 16:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 7, de 10:15 ás 15:00h. 

 Con ese tipo de unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar previamente. Se queremos doar despois de xantar temos que agardar 2 horas. 

 Non debemos esquecer levar connosco a tarxeta de doazón, DNI, ou documento similar.

 Asemade, debemos informar ao médico se está a tomar algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

A GUARDA

Recta final de inscricións para a II Carreira solidaria e inclusiva Revirando

A carreira conta xa co seu propio “himno”, unha canción moi emotiva realizada por Tincho Fernán 

As inscricións continúan abertas ata o mércores día 4 de maio 

 


Infogauda / A Guarda

 O domingo día 8 de maio A Guarda acollerá a segunda edición da carreira solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Centro San Xerome Emiliani.  

 "Trátase dunha proba solidaria non competitiva, que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta", indican dende á organización.  

 A proba celebrarase o domingo día 8 de maio a partires das 10:30h con dous percorridos: na modalidade 1 con 3.800m e a modo carreira ou andaina, e na modalidade 2 con 1.000m a modo carreira ou andaina, con saída e meta na Alameda de A Guarda.  

 A cota de inscrición é de 7€ para adultos e de 3€ para menores de 16 anos, establecendo tamén a Fila 0 para as persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero que si queiran contribuír a que Revirando poida seguir loitando polos seus obxectivos. Tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que deberá ser feito por transferencia e non por pago por tarxeta, e que será doado a Asociación DisCamino. 

 As inscricións continúan abertas ata o mércores día 4 de maio, na seguinte ligazón:    

https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-ii-0 

 No caso de chegar a 1.000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada.   

Máis actividades na Alameda  

 Haberá un campo de baloncesto no que o equipo  Iberconsa AMFIV,  campión de Europa en cadeira de rodas, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.  

 Contarase tamén un patio dinámico. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.  

 Realizaranse ademais partidas simultáneas de xadrez e contarase co concerto do grupo “Uxía Lambona e a Banda Molona”.  

 Ao remate farase entrega dos premios Revirando a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade e como colofón do evento terá lugar un sorteo con múltiples agasallos.  

Canción da carreira Revirando  

 A carreira conta xa co seu propio “himno”, unha canción moi emotiva realizada por Tincho Fernán e na que se misturan diferentes verbas do que os propios rapaces pensan que significa “Revirando” para eles. Colaboraron nesta canción Ticho Fernán (banda sonora), Nuria González (voz), Suso Feixón (batería e percursión), Pedro Feijoo (baixo e producción) e o alumnado do centro educativo PP. Somascos cos coros. 

O ROSAL

A activista feminista Amelia Tiganus comparte a súa experiencia co alumnado rosaleiro   

A actividade está enmarcada nos obradoiros de afectividade e sexualidade impartidos cada ano no CPI Manuel Suárez Marquier


A alcaldesa e membros do equipo de goberno municipal recibiron na Casa do Concello a Amelia Tiganus e profesoras do CPI Manuel Suárez Marquier
Fotos: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal continúa organizando actividades ao abeiro dos obradoiros de afectividade e sexualidade que cada ano se imparten ao alumnado de Secundaria do CPI Manuel Suárez Marquier, no que traballan conceptos como autoestima, estereotipos de xénero, sentimentos, relacións de parella ou presión de grupo de cara a fomentar o bo trato e previr a violencia de xénero entre a mocidade.


Amelia Tiganus xunto cunha profesora do CPI Manuel Suárez Marquier, momentos antes de dar comezo á charla, dirixida ao alumnado do centro


 Onte xoves, os rapaces e rapazas de 3º da ESO do CPI recibiron a visita da activista feminista e escritora romanesa Amelia Tiganus, unha sobrevivente do comercio de mulleres e referente do movemento feminista en España, onde vive na actualidade. Tiganus compartiu nunha charla a súa historia persoal e animounos a reflexionar sobre a explotación sexual das mulleres. A activista tamén participou na radio escolar, onde foi entrevistada por alumnado do centro.


Amelia Tiganus - a esq- da imaxe - nunha entrevista para a radio escolar do CPI Manul Suárez Marquier

 “Para nós é un orgullo contar coa presenza dunha figura como a de Amelia Tiganus, que achegou aos nosos rapaces e rapazas a unha realidade dura dun xeito próximo e educativo coa que sensibilizalas e sensibilizalos sobre a igualdade real dende outro punto de vista”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

 Nada e crecida en Romanía, aos 13 anos Tiganus foi violada en grupo e, a partir dese momento, “convertinme nunha muller desbotable, que é o destino de moitas mulleres que sofren a violencia sexual. Todo cambiou porque, a partir dese momento da miña vida, convertinme nunha adolescente moi vulnerable, cousa que os proxenetas souberon aproveitar”, comenta a propia activista.

 Autora de varias obras e formadora, das súas aparicións nos medios de comunicación destaca a súa intervención nunha reportaxe de Salvados titulada ‘As invisibles’, un programa no que foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole, ou unha intervención no programa da Cadena Ser ‘Hora 25’ dirixido por Aimar Bretos. Militante de EHMA, o Movemento Abolicionista do País Vasco, no ano 2021 foi unha das fundadoras da asociación Emargi, dedicada a loitar de xeito integral por un futuro libre de explotación sexual e reprodutiva de mulleres e nenas dende a súa dimensión local, nacional e internacional.

BARRANTES (TOMIÑO)

Iª XUNTA DE COCHES CLÁSICOS

O día 1 de maio de 2022, ás 16:00 horas, no Campo de fútbol de Cristelos




VIGO

O COMITÉ DE EMPRESA DE VITRASA CONVOCA A TODO O CADRO DE PERSOAL

A unha asemblea o vindeiro sábado 7 de maio ás 24:00 horas nas instalacións da empresa



Vehículos de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, convoca a todo o cadro de persoal a unha asemblea o vindeiro sábado 7 de maio ás 24:00 horas nas instalacións da empresa, na estrada de Camposancos, para abordar a posibilidade de convocar unha folga indefinida contra as pretensións da dirección de inaplicar o convenio colectivo e rebaixar os salarios un 30% no que queda de ano e un 14% para o ano seguinte.  

 Dende a representación sindical anuncian tamén que promoverán mobilizacións antes do inicio da folga indefinida, no caso de que os traballadores/as decidan en asemblea a súa convocatoria.

VIGO

Vigo Porté converte á cidade na capital internacional da danza da man da Xunta e o Xacobeo 21-22  

A delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, participa na inauguración do Trofeo de Baile Internacional Xacobeo 21-22, que celebra o seu décimo aniversario no Auditorio Mar de Vigo

“Hoxe subímonos de novo a este escenario coa garantía de que Vigo non perderá a súa condición como un dos referentes europeos de maior prestixio no mundo do baile”, sinala  

Máis de 1.000 bailaríns participarán estes tres días nas categorías de mini, infantil, júnior e absoluta e nas disciplinas de Clásico, Folclore, Lírica, Urbana, Musicais & BSO e Fusión


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na inauguración do Vigo Porté-Trofeo de Baile Internacional Xacobeo 21-22 no Auditorio Mar de Vigo

Foto: X.G.

Infogauda / Vigo

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na inauguración do Vigo Porté-Trofeo de Baile Internacional Xacobeo 21-22 no Auditorio Mar de Vigo. O certame celebra nesta edición os seus dez anos de historia e faino da man da Xunta de Galicia e coa colaboración do Xacobeo por segundo ano consecutivo. 

 A representante autonómica sinalou que, por segundo ano consecutivo, “reforzamos a nosa aposta por Vigo cun evento que sitúa á nosa cidade no mapa da danza a nivel internacional. Hoxe subímonos de novo a este escenario coa garantía de que Vigo non perderá a súa condición como un dos referentes europeos de maior prestixio no mundo do baile”, incidiu, para felicitar a Vigo Porté polo seu décimo aniversario e adquirir o compromiso de “continuar camiñando xuntos máis aló de 2022”. 

 Un total de 1.000 bailaríns participarán nun evento que terá lugar desde mañá e ata o vindeiro domingo e competirán nas catro categorías en liza: mini, infantil, júnior e absoluta, nas disciplinas de Clásico, Folclore, Lírica, Urbana, Musicais & BSO e Fusión. 

 Lorena López, directora do evento, sinalou que “Vigo converterase na capital da danza. Durante o próximos tres días pasarán por este auditorio máis de mil bailaríns de 31 escolas de danza que defenderán 250 coreografías. Estamos inmensamente felices de poder volver reunirnos na nosa casa”. 

 Pola súa banda, Javier Castillo “Poty”, presentador e presidente do xurado, apuntou que “desde que descubrín Vigo Porté nunca faltei a unha cita. Vigo debe estar moi orgulloso de ter un evento tan espectacular, o evento de danza máis importante de Europa e que comeza hoxe coincidindo co Día Internacional da Danza. Por outros dez anos máis de Vigo Porté polo menos”.

 Hoxe venres terá lugar a celebración Trofeo de Baile Internacional Xacobeo 21-22 na categoría infantil, sendo mañá a quenda dos que compiten en mini. O domingo subirase ao escenario a  categoría absoluta para celebrar, a partir das 20,00 horas a gala de peche do Vigo Porté 2022, onde volverán a representarse as coreografías gañadoras e entregarase o premio á mellor coreografía de todo o trofeo.

 A gala será clausurada coa esperada actuación de Tanxugueiras. O broche de ouro correrá a cargo de Broken Peach e a sesión do DJ Rodri Veigas, entre outras sorpresas que se esperan para a celebración destes dez anos de historia do evento internacional de baile.

BURGUEIRA (OIA)

“VIOLENCIA ZERO” LEVA Á REFLEXIÓN O PAPEL DO MATRIARCADO E A LACRA DO MACHISMO NA ACCIÓN LIDERADA EN OIA POLA ACTRIZ CRIS IGLESIAS 

Nove mulleres da parroquia de Burgueira realizaron unha acción escénica na que alzaron as súas voces para falar de temas como machismo instaurado na sociedade


Un grupo de mulleres de Burgueira, coa actriz Cris Iglesias, a deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, nunha nova acción do programa da Deputación "Violencia Zero"

Fotos: D.PO.

Infogauda / Burgueira (Oia)

 Un grupo de mulleres de Burgueira, unha das parroquias de Oia, amosou o verdadeiro significado do "matriarcado galego" a través dunha nova acción do programa da Deputación "Violencia Zero", coordinada pola actriz Cris Iglesias e que tivo lugar na Casa da Cultura. Así, nove mulleres puxeron en escena "O matriarcado da muller na cociña", unha acción na que alzaron as súas voces sobre temas que elas consideran importantes e foron escoitadas por un público entre o que se atopaba a deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.






 Como antesala a esta peza, a actriz Cris Iglesias sumouse a un dos encontros que estas mulleres realizan de xeito habitual para facer actividades e compartir experiencias. Alí reflexionaron sobre a súa forma de vida, moi ligada ao traballo no campo e aos coidados, e fixeron unhas pequenas prácticas teatrais que foron o xerme de esta acción escénica na que se preguntaron onde están os privilexios e cales son as realidades do matriarcado das mulleres galegas.

 As nove mulleres saíron á escena con cadanseu capacho con auga, un elemento que está moi relacionado co traballo no campo, pero que tamén serve como obxecto de descanso ao permitir poñer os pés a remollo nel tras as longas e arduas xornadas laborais ás que están acostumadas estas mulleres. Alí, nun entorno íntimo, reflexionaron sobre todas as tarefas que sistematicamente son encomendadas ás mulleres (coidados, labores do fogar...), sobre o matriarcado e o machismo instaurado que elas, con idades comprendidas entre os 65 e os 80 anos, padeceron ao longo das súas vidas. Falaron tamén do maltrato que se dá de xeito xeral entre os seres humanos e entre as persoas e o planeta e neste senso deron moita importancia ao coidado da contorna.

 Tras as actuacións en Pontevedra, Vigo, Moraña, Silleda, Meaño, Forcarei, Agolada e A Lama esta foi a novena acción da VII edición de "Violencia Zero" coa que a Deputación continuará a expandir a loita feminista noutros dezanove concellos da provincia baixo o lema "Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!". Así, este ano o programa continuará visibilizando o talento das mulleres con propostas musicais, de teatro, danza, poesía, performance e outras iniciativas artístico-culturais en Caldas, Moaña, A Guarda, Fornelos, As Neves, Redondela, Salceda, Tui, Meis, Baiona, A Cañiza, Covelo, Barro, Rodeiro, Cambados e Vilaboa.

VIGO

Vigo acollerá a manifestación central da CIG este 1º de Maio 

O secretario xeral, Paulo Carril, fará declaracións aos medios de comunicación 10 minutos antes do inicio da marcha, prevista para ás 12:00 




Infogauda / Vigo

 A cidade de Vigo acollerá este domingo a manifestación central da CIG para conmemorar o Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira. O secretario xeral, Paulo Carril, fará declaracións aos medios de comunicación 10 minutos antes do inicio da marcha, que arrincará da Dobrada ás 12:00 horas.  

 A central sindical convoca un total de 16 mobilizacións por todo o país baixo o lema “Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos”, reivindicación que acompaña dun paquete de propostas para facer fronte ao descontrolado incremento de prezos dos produtos básicos.  

MANIFESTACIÓNS:  

A Coruña: 12h desde a Praza de Vigo 

Cee: 12h na Praza Concha Blanco. 

Compostela: 12h desde a Praza Roxa 

Ribeira: 12h desde a Praza do Peixe 

Ferrol: 12h desde o local da CIG (Avda. de Esteiro) 

As Pontes: 12h na Praza do Hospital 

Lugo: 12h desde o Edificio Sindical (Ronda da Muralla) 

Foz: 12h na Delegación de Facenda 

Ourense: 11.30h desde a Praza Maior 

Verín: 12h na Praza do Concello 

O Barco: 12h na Praza do Concello 

Pontevedra: 11.30h desde a Ferreiría 

Vilagarcía: 12h desde a Casa do Mar 

A Estrada: 12h desde a Praza do Mercado 

Vigo: 12h desde a Dobrada 

Cangas: 18h na Praza do Concello 

 Neste ano o Primeiro de Maio ten lugar no medio da crítica situación económica e social pola carestía da vida na que xa viviamos, agravada polas consecuencias da guerra na Ucraína. A CIG propón un paquete de medida urxentes para atallar o impacto que os altos prezos dos bens e servizos básicos están a ter sobre as clases populares. Estas propostas, na liña das que xa se trasladaron aos Gobernos español e galego para avanzar nunha saída galega xusta da crise, requiren dunha decidida intervención pública e inciden en varios ámbitos para poder garantir unhas condicións de vida dignas. Entre as medidas destacan:  

Electricidade 

1.- Creación dunha Tarifa eléctrica especial que, durante 24 meses, fixe o prezo de referencia entre os 10 €/MWh e os 60 €/MWh para quen teña potencia contratada igual ou inferior a 15 kW. 

2.- Implantar a Tarifa Eléctrica Galega mediante a eliminación do pagamento da peaxe de transporte e aplicando unha redución do 10% da tarifa mensual a quen teña o seu domicilio en Galiza, tendo en conta o carácter produtor e exportador de enerxía que ten o noso país. 

3.- Limpar a factura dos cargos sen relación directa co funcionamento do sistema (fomento das enerxías renovábeis, custos extrapeninsulares e déficit de tarifa, etc.) e que sexan asumidos polos Orzamentos Xerais do Estado. 

4.- Retirar do mercado maiorista (pool) para fixar o prezo da electricidade as centrais hidráulicas, as nucleares e gas para conseguir unha baixada xeneralizada no prezo da electricidade. 

5.- Controlar e fixar límite ao beneficio obtido polas empresas eléctricas. 

6.- Crear unha Empresa Pública Galega de Electricidade. 

7.- Fiscalizar as concesións hidroeléctricas. Reverter as instalacións hidroeléctricas ao sector público, destinado os beneficios da produción a abaratar o custo da electricidade. 

8.- Aplicar na tarifa o tipo mínimo do IVE (4%) e eliminar do imposto á xeración (7%) que as empresas produtoras repercuten nos recibos. 

9.- Esixir compromisos industriais, de emprego e de participación pública para as empresas que opten á concesión de instalacións de produción de enerxía renovábeis. 

10.- Crear e pór en funcionamento en Galiza (As Pontes) o Centro para a Competitividade e a I+D+i no Almacenamento de Enerxía. 

Salarios 

1.- Os incrementos salariais deberanse situar nos 1.226 euros/ano lineais (87 euros/mes 14 pagas) e incremento salarial do 4,50%. 

2.- Incluír en todos os convenios a cláusula de revisión salarial con carácter retroactivo conforme ao IPC interanual acumulado. 

3.- Aprobar as medidas necesarias para que as auditorías retributivas e os plans de igualdade conteñan medidas reais e eficaces para rematar coa fenda salarial e outras desigualdades. 

4.- Fixar o salario mínimo interprofesional en 1.167 euros ao mes, que é o 60% do salario medio do Estado español, tal como recomenda a Carta Social Europea.  

Emprego 

1.- Prohibición de simultanear a aplicación dun ERTE con outras medidas de recorte: descolgues, modificación das condicións de traballo, mobilidade xeográfica, desregulación da xornada, etc. 

2.- As empresas para podérense acoller ao ERTE estarán ao día na actualización das revisións salariais, completar até o 100% os salarios, e manter a todo o persoal temporal da empresa principal ou externas. 

Combustibles 

Fixación polo Goberno dun prezo máximo de gasolina e diésel mentres non se estabilicen os prezos e non se avance nunha solución fiscal xusta, tomando como base o prezo medio nas gasolineiras ao 24 de febreiro de 2022. 

Mobilidade 

Reforzar os servizos de mobilidade aumentando frecuencias e ampliando horarios para facilitar os desprazamentos, así como reducir as esixencias para o acceso a maiores descontos. 

Alugueiro 

Conxelación das cláusulas de actualización das rendas de alugueiro en todos os conceptos durante o ano 2022.

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA RECLAMA UN PROXECTO CURRICULAR NO ENSINO CO QUE ABORDAR A HISTORIA RECENTE DA GALIZA CUNHA PERSPECTIVA MEMORIALISTA     

A deputada María Ortega manifestou hoxe nas xornadas ‘A (des)memoria nas aulas’ o seu compromiso coa comunidade docente para achegarlles recursos cos que falar ao alumado do que aconteceu tras o golpe do 36  

Xosé Álvarez Castro: “En Galiza non houbo guerra civil, houbo prácticas xenocidas”  

Manuel Rivas: “O activismo da memoria é fundamental para a democracia”   


A deputada de Memoria Histórica María Ortega - 3ª pola esq. -  na apertura das xornadas ‘A (des)memoria nas aulas’ organizadas polo departamento provincial

Fotos: Rafa Estévez

Infogauda / Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través da deputada de Memoria Histórica María Ortega, reclamou hoxe un proxecto curricular no ensino galego que aborde a historia recente da Galiza cunha perspectiva memorialista. Así o fixo na apertura das xornadas ‘A (des)memoria nas aulas’ organizadas polo departamento provincial que se desenvolverán entre hoxe e mañá para achegar á comunidade docente da provincia recursos cos que abordar co alumnado o acontecido tras o golpe do 36.  

 As xornadas responden, segundo á deputada, á teimade que as novas xeracións coñezan o acontecido no país após do golpe do 36, o relato completo máis alá do transmitido polo bando vencedor. Afirmou que “non se pode esquecer para non repetir e máis agora que se produce un claro rearme da ultradereita. É preciso insistir”, e criticou a eliminación do estudo da Xeografía e Historia de Galicia no currículo de segundo de BAC: “Coñecer a España do século XVII non debería ser incompatíbel con coñecer a Galiza do século XX, e as súas irmandades da fala. Ou as revoltas agrarias que legou o XIX”.  

 A nacionalista asegurou coñecer e compartir o enfado do profesorado do país “ante esta incomprensible decisión do goberno galego” e por iso aproveitou o foro para reiterar o seu compromiso de achegar ás aulas todas as ferramentas que dispoñíbeis para poder abordar esa etapa.    

 “Son consciente de que nada compensa a ausencia dun proxecto curricular que incida na nosa historia recente. Pero sabemos que sodes moitas as persoas que o facedes, de igual maneira, e cun sobrecusto en horas e esforzo que en ningún caso é esixible. Por iso agardamos que as ferramentas e experiencias que se amosarán nestas xornadas vos sexan de utilidade e animen outras persoas e centros a abordar esta temática”, apuntou, para subliñar que “non se me ocorre ningún sitio mellor” que comezar unhas xornadas coma estas no edificio que no tempo da República unha Escola Normal, “o lugar onde o profesorado se formaba co convencemento de que só unha sociedade instruída podía reducir as desigualdades e afondar no benestar. Pero chegou o golpe de Estado, e estes mesmos cuartos que acollían aulas foron convertidos pola intolerancia en celas, que tamén acolleron mestres. E foi a propia escola, a escola libre, a máis grande vítima do franquismo. Acabouse aí o soño de formar homes e mulleres con espírito crítico e apareceu a formación do espírito nacional, a memorización das consignas e o pensamento único, especialmente único, e gris, no caso das mulleres”, rematou.  


O vicerreitor da UVigo Jorge Soto coa deputada de Memoria Histórica María Ortega

 Na xornada de hoxe participou o vicerreitor da UVigo Jorge Soto na inauguración –polo recoñecemento curricular das xornadas-, así como o investigador Xosé Álvarez Castro, que falou sobre ‘De que falamos cando falamos de memoria’, seguido de  Kiko Dasilva, ilustrador e editor, Eva Mejuto, escritora e Xulia María Barros, escritora, que abordaron os traballos feitos sobre a ‘Memoria ilustrada de San Simón’. Despois falou o escritor Manuel Rivas co relatorio ‘As doce pereiras, as dez maceiras e as corenta figueiras’ e finalmente realizouse a proxección do documental ‘Dores’, que contou con Coral Piñeiro, directora e guionista, e Maite Martínez Prieto, produtora e guionista.  

Xosé Álvarez: Os mitos da inevitabilidade da guerra e a equiparación dos bandos 

 O investigador Xosé Álvarez Castro reflexionou na súa intervención sobre as memorias colectivas e as individuais, afondará na definición de diversos conceptos memorialísticos e tratará a relación da memoria coa Historia. Tratou, así mesmo, como foron usadas as memorias pervertidas da II Republica e do Franquismo para entender as bases da Transición e a situación actual. Concluíu cun apartado para desmontar os “mitos arredor da memoria, ás veces perpetuados polos propios libros de historia”.  

 Neste sentido falou da idea da inevitabilidade da guerra, “un sino tráxico para as persoas do país paraas que parecía que a democracia non servía porque sempre motivaba enfrontamento”, e tamén da equiparación de bandos, igualando a República e a defensa da legalidade co bando golpista que se levantou e non cumpriu o seu xuramento de fidelidade á República. “Todos estes mitos hainos que desmitificar”, sentenzou.   

 Por outra banda, Álvarez tamén quixo aclarar outro aspecto: que na Galiza non houbo Guerra Civil, senón un xenocidio. Subliñou que no país non houbo fronte de guerra, senón que se deron prácticas xenocidas que eliminaron sectores que se identificaban cos plantexamentos da Fronte Popular. “Non houbo persoas asasinadas por parte dos defensores da República, pero si sobre 5.000 mortos axusticiados polos sublevados, dos que dous terzos foron paseados sen xuízo”, asegurou.  

 Álvarez amosouse moi partidario das xornadas de formación do profesorado no ámbito da memoria. Subliñou que é fundamental formar a unha cidadanía o máis obxectivamente posible e o profesorado é chave.   

Manuel Rivas: o compañeiro de escola que de maior quería ser emigrante

 O escritor Manuel Rivas foi protagonista da segunda charla da tarde, ‘As doce pereiras, as dez maceiras e as corenta figueiras’, un título evocador da figura de Ulises demostrándolle a seu pai que era el en persoa na súa volta de Ítaca, devolvéndolle a memoria ao citar cantas árbores había na súa horta cando el era pequeno.  

 Rivas fixo unha comparación da memoria humana e da memoria da natureza reflexionando sobre os paralelismos entre a extinción e a súa recuperación. Tamén salientou a idea de que o esquecemento é outra forma de memoria, xa que “somos o que lembramos, pero tamén somos o que esquecemos”.  

 Neste sentido, asegurou que o activismo da memoria é fundamental para a democracia e unha “ferramenta fundamental para a saudade do porvir”, sendo necesaria unha reflexión conxunta sobre a memoria.   

 Rivas tamén lembrou algunhas anécdotas escolares propias relacionadas coa memoria. Destacou que na súa etapa de  7 ou 8 anos estudiaba no extrarradio de A Coruña nunha escola na que había pingueiras e frío porque as fiestras non tiñan vidros. O mestre era un propagandista do Réxime que aseguraba que “España volvía ser un imperio no que non se poñía o sol”. “Nós mirabamos pola ventá a chuvia e  sentiamos o frío e diciamos ‘ogallá’”, comentou.   

 Tamén lembrou a vez que o mesmo mestre preguntou que querían ser as e os alumnos de maiores e un dos pequenos contestou “emigrante”, un desexo e soño que tiñan entón moitas familias para escapar da situación no país, deixando ao profesor ‘tocado’. O rapaz e a súa familia emigraron ao ano seguinte a Inglaterra.  

 Mañá traballarase nas xornadas sobre os ‘Recursos para traballar a memoria histórica na aula: lecturas e propostas audiovisuais’ a cargo de Pilar Sampedro, especialista en literatura infantil e xuvenil, e María Xesús López Escudeiro, investigadora, para seguir coa escritora e docente Susana Sánchez Aríns, que falará de ‘Seique” falamos de memoria na escola’.

PONTEVEDRA

PREMIOS #FOTOÁGORA PARA AS IMAXES QUE AMOSAN QUE AS PERSOAS DEBEN SER AS “PROPIETARIAS” DO ESPAZO PÚBLICO  

Unha orixinal gala na fachada accesible do Pazo Provincial fixo entrega dos 32 galardóns que sumaron 40.000 euros  

Contou coa asistencia de representantes de concellos, Xunta, Goberno central, DXT, Colexios e persoal técnico  


A presidenta e o vicepesidente da Deputación de Pontevedra, co deputado da Rede Ágora, e as persoas premiadas no certame #FotoÁgora
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra 

 O I Certame de fotografía sobre o espazo público da Deputación, #FotoÁgora, repartiu onte xoves os seus 32 galardóns premiando imaxes simbólicas e de grande forza que amosan que as persoas deben ser as “propietarias” ou principais destinatarias do espazo público para mellorar a súa calidade de vida.   

 Os recoñecementos –que alcanzan os 40.000 euros- entregáronse nunha gala de grande orixinalidade que se desenvolveu no espazo ao aire libre na fachada do Pazo Provincial que dá ao Parque das Palmeiras, onde está situada a rampla de acceso para persoas con diversidade funcional, por ser un lugar accesible para todas as persoas asistentes. Alí recreouse un ‘salón de estar’ dunha casa nunha metáfora: que as rúas e prazas das vilas e cidades deben ser o lugar no que a cidadanía se sinta máis cómoda.   

 Todos os galardóns recaeron en 17 participantes, de diferentes concellos  da provincia (Vilagarcía, Pontevedra, Vilanova, O Grove, Ponte Caldelas, Moaña, e Marín), salvo un que chegou a un veciño de A Coruña e outro que marchou para Madrid. Os espazos fotografados  -tal como se recollía nas bases- son todos tamén de ámbito provincial, destacando en número ubicacións as comarcas do Salnés (Vilagarcía, Vilanova, Cambados), Pontevedra (Pontevedra, Barro e Poio) e Caldas (Valga, Catoira e Portas), pero tamén incluíndo outras de concellos como Mondariz ou Moaña.   

 O xurado explicou que as imaxes premiadas recolleron perfectamente todos e cada un dos dez Principios da Rede Ágora de maneira visual e atractiva, facendo que as mensaxes que defende a Deputación de recuperar os espazos públicos públicos para as persoas fronte aos vehículos sexan claramente identificadas por calquera que as vexa.  

 O primeiro premio foi para Víctor Manuel Lorenzo Santiago, un entusiasta da fotografía do Concello de Marín. A súa peza ten o título de ‘Síntome un máis’ foi feita na praia do Bao, na Illa de Arousa, amosando unha persoa en cadeira de rodas diante dunha bicicleta, circulando nunha zona accesible para persoas con dificultades de mobilidade.  

 Esta imaxe foi presentada dentro da categoría de ‘Mobilidade inclusiva’, un dos principios Ágora que segundo o deputado Uxío Benítez defende que o espazo público é un dereito xa que é o único que é de todas e todos, sen distinción de raza, sexo, idade, condición social, capacidade física ou psíquica. O nacionalista subliñou que é obriga dos gobernos garantir a accesibilidade universal, promovendo espazos públicos como elementos de equidade e inclusión social, atendendo de maneira prioritaria as necesidades dos colectivos máis vulnerables: nenas e nenos, persoas maiores e persoas con diversidade funcional.  

 O segundo premio foi para Francisco Javier Arcenillas Pérez, fotógrafo e editor, titulado en Cinematografía e Realización na escola de Cine da Comunidade de Madrid e profesor de fotografía documental da Escuela PICA. No seu currículo están os máis importantes premios internacionais, como ArtsPressAward, KODAK Joung Photographer, European Social Fund Grant, EuroPress, FotoPress, Photographer of the year in Moscow Photo Award, Eugene Smith Grant, GettyImages Grant, Lucas Dolega e World Press Photo. No ano 2013 entrou no diccionario de fotógrafos españois e pódense ver reportaxes da súa autoría en publicacións tan importantes como Time, Spiegel, Stern, Lens, GQ, L´Expresso, ou Sunday Times, entre outros.  

 Arcenillas trasladouse a Pontevedra dende Alcobendas (Madrid) para facer unha fotografía na Praza da Ferrería na que amosa a unha nena pequena xogando soa entre ducias de pombas. A imaxe foi presentada na categoría ‘As persoas primeiro’, que defende que é preciso devolverlle ás persoas un espazo público no que desenvolver unha socialización axeitada. Por ter sufrido un accidente que o impediu estar en Pontevedra, agradeceu o seu premio por videoconferencia amosándose moi satisfeito polo galardón.   

Premios Principios Ágora 

 No caso dos Principios Ágora, entregados polo deputado Uxío Benítez, os premios foron para a imaxe  “O espazo público é un dereito”, na categoría homónima, do autor Iago Manoel Souto Lorenzo, do concello de Ponte Caldelas, que reflexa unha vista do paseo de Vilagarcía de Arousa cheo de xente gozando do paseo. O deputado Uxío Benítez salientou que a fotografía recolle perfectamente a idea de que o espazo público debe ser utilizado polas persoas igual que estas teñen dereito á sanidade e educación para desenvolver a súa vida e as súas relacións sociais con seguridade.  

 O principio “As persoas primeiro” foi para Mónica Vila Ferreiros, de Vilanova de Arousa, cunha imaxe a vista de dron da Praza de Fefiñáns de Cambados, na que unha persoa está tumbada no empedrado gozando dun espazo que antes era para a circulación de vehículos. Tamén é para esta autora o premio do principio “Mobilidades alternativas”, unha imaxe que amosa a utilización da bicicleta como vía de transporte saudable, e o premio ‘Espazos amables e de calidade’, cunha fotografía tomada no Paseo de Vilaxoán (Vilagarcía) na que se ve un paseo que ten un gran espazo para a circulación peonil e tamén un carril bici.  

 “A movilidade inclusiva” é o premio que gañou  Rosi Pardal Aragunde, do concello de Valga, cunha gran fotografía na que unha persoa en cadeira de rodas é empurrada por unha moza que vai en patíns nun carril bici. Tamén recibiu o galardón polo principio ‘Autonomía infantil’ coa imaxe ‘Pedra, papel, tesoira’ na que amosa a necesidade das crianzas de ter espazos públicos seguros, segundo destacou Uxío Benítez, quen subliñou que a presenza de nenos e nenas nas rúas das vilas da provincia é un indicador de que se trata de ambientes ben deseñados.  

 O principio “Espazos seguros” levou o premio a Héctor Rodríguez Del Oro, un fotógrafo afeccionado que na súa vida profesional desenvolve elementos de seguridade para contornas urbanas. A súa imaxe foi feita na Ponte do Burgo de Pontevedra baixo o título ‘Duplicidade’. Rodríguez tamén foi premiado na categoría de ‘Actividade económica e proximidade’, cunha imaxe de Mondariz, sobre a que o responsable provincial de Mobilidade subliñou que amosa a importancia da vida e o comercio na rúa, posible só cando os espazos se liberan de vehículos e se recuperan para as persoas, creando verdadeiros centros comerciais urbanos nas vías ao aire libre.  

 O galardón da categoría “Hábitat saúdable’ foi para Gaspar Antonio González Somoza, do Concello de Vilagarcía de Arousa coa imaxe con título ‘Punto de encontro’, na que se reflexa a idea de promover espazos amables e seguros e a necesidade de fomentar unha mobilidade activa.  

 Finalmente, o premio do principio ‘Mobilidade sostible’ foi para Agustín Iglesias Otero, do concello de Lousame en A Coruña, pola imaxe ‘En familia, sobre rodas’ que capta a circulación por un paseo de dous adultos e dúas crianzas que utilizan a bicicleta en medio dunha contorna cun paseo adaptado e libre de vehículos.  

A Deputación, axente do cambio 

 A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que “este certame de fotografía reflicte como este novo modelo que estamos a desenvolver xa logrou a concienciación da xente porque todas as persoas que fixeron estas fotografías son verdadeiros axentes dese cambio. Todas e cada unha destas fotografías, dixo, son o reflexo dunha provincia que nos últimos sete anos viviu unha enorme transformación que mellorou a vida da xente, dun xeito particular a través da recuperación do espazo público”.   

 A presidenta fixo tamén fincapé na importancia que este feito ten tamén no eido da igualdade xa que “rachou cun modelo urbano masculinizado, pensado por e para eles, que resultaba hostil para as crianzas, as persoas dependentes ou con mobilidade reducida, todas elas ao coidado principalmente das mulleres”. Así, proseguiu Carmela Silva, “estas imaxes amosan a nosa provincia dende os ollos da veciñanza que son as e os verdadeiros donos do espazo público e ante quen as administracións temos a obriga de corrixir os erros do pasado, tomar decisións con valentía como estamos a facer e dedicar recursos para construír, a través de actuacións como as aquí amosadas, sociedades máis colectivas, xustas, igualitarias e, sobre todo, democráticas”.      

 O vicepresidente César Mosquera, pola súa banda, destacou a forza coa que se está a impulsar na provincia a recuperación do espazo público grazas a unha iniciativa como a ‘Rede Ágora’, que nestes momentos consta de 54 concellos nos que se aposta por centrar os deseños urbanos nas persoas con moi diferentes actuacións. Mosquera sinalou a importancia de ter valentía política para levar adiante obras que inicialmente poden non ser ben recollidas pola cidadanía, aínda que destacou que a poboación en xeral está a demandar que se recupere espazo público cada vez máis. “Este modelo é imparable”, subliñou.  

 Pola súa banda, Uxío Benítez, subliñou que o premio de fotografía #FotoÁgora foi concibido dende o departamento de Mobilidade e Espazo Público para promover e difundir de maneira gráfica e amena a filosofía dos dez principios da Rede Ágora, baseados na filosofía de que os espazos públicos son un dereito das persoas, que deben ser o centro á hora de deseñar calquera actuación.    

 O galardón pretendeu valerse da fotografía urbana, unha disciplina que concibe as vilas e cidades como ecosistemas nos que o ser humano se relaciona entre si e coa contorna, para amosar como a cidadanía fai uso dos espazos públicos de calidade cando son recuperados fronte á invasión dos automóbiles. A convocatoria foi un total éxito e presentáronse 297 imaxes.    

 O tribunal dos premios estivo formado pola presidenta da Deputación –e o deputado Uxío Benítez como suplente-, a xornalista gráfica Mónica Patxot; o profesor da UVigo Jorge Lens, a xefa do servizo de Arquitectura Carmen Gómez; o asesor en Mobilidade Jesús Fole; e Lucía Pazos –funcionaria do departamento de Mobilidade- como secretaria.  

Cogami, protagonista do momento emotivo da gala  

 Un dos momentos máis emotivos da entrega de premios foi o peche da categoría dos accésit, xa que a última imaxe premiada tiña unha historia moi especial. Cando se lle informou dende a Deputación a persoa que figuraba como titular da imaxe, María Helena Cabral Alfonso, que era pouidora dun galardón ela mandou un mail no que explicaba que é a pedagoga do Centro de día para persoas con discapacidade de Cogami, en Monte Porreiro, “e que o premio non me corresponde, senón que “correspóndenos””.   

 Foi por iso que asegurou “non podo presentarme como unha premiada, xa que é un premio para un equipo informal de persoas as que eu representei. Para nós, a recompensa era participar, ao tempo que visibilizar ás persoas con discapacidade nestes premios que versan sobre a mobilidade inclusiva, participación e inclusión social. Se con isto que comento non fico excluida da gala, vou a atreverme a solicitarlles se poderiamos asistir as 10 persoas que traballamos nos premios”. No nome do centro recolleu o premio Gonzalo Garcia Rodriguez.  

 Ademais da gala que se celebrou onte, tamén se abriu ao público a exposición coas imaxes seleccionadas no vestíbulo do Pazo Provincial. Alí realizouse unha instalación efémera con caixas de cartón simulando un cubo negro, no que as propias persoas premiadas instalaron as imaxes gañadoras. Dende mañá a mostra variará o seu aspecto, que tamén mudará en función dos lugares aos que se traslade nos concellos Ágora da provincia.  

 No acto estiveron presentes representantes do Concello de Pontevedra (o alcalde Fernández Lores), doutros concellos da provincia, da Xunta, da Subdelegación do Goberno, do Parlamento Galego, da DXT, dos Colexios Oficiais de Enxeñería de Camiños, de varias consultoras, e tamén persoal técnico provincial e doutras institucións. 

ACCÉSIT  

“LENTO PERO SEGURO”. Fotografía feita na avenida de Bos Aires en Pontevedra. VICTOR MANUEL LORENZO SANTIAGO, do concello de Marín 

“SENTIR A RÚA”. Fotografía feita na rúa Virxe do Camiño en Pontevedra.  IAGO MANOEL SOUTO LOURENZO do concello de Ponte Caldelas 

“COLLEMOS TODOS” Fotografía feita na rúa Valle Inclán de Vilaxoán, no concello de Vilagarcía de Arousa. MÓNICA VILA FERREIROS, do concello de Vilanova da Arousa 

“TARDE E PAPAVENTOS”, Fotografía feita en Catoira….ROSI PARDAL ARAGUNDE, do concello de Valga 

“COME COCOS” Fotografía feita na Avda da Mariña en Vilagarcía de Arousa. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA, do concello de Vilagarcía da Arousa 

“XOGOS DE CONTRALUZ”, do concello de Vilanova da Arousa en Catoira.ROSI PARDAL ARAGUNDE, do concello de Valga. 

“VOANDO A SANTA MARÍA”, Fotografía feita na Praza de Santa María en Pontevedra. ELÍAS GÓMEZ PÉREZ, do concello de Cambados. 

“NA RÚA SEMPRE FIXEMOS VIDA”, Fotografía feita na rúa San Roque de Combarro (Poio). IAGO MANOEL SOUTO LOURENZO , do concello de Ponte Caldelas.

 (Sen título- NON POÑER) Fotografía feita na rúa Montero Ríos con Marqués de Riestra en Pontevedra. GONZALO ARNEJO MEIJUEIRO, do concello de Madrid. 

““ENTRE AZUIS”, Fotografía feita na ponte das correntes en PontevedraAGUSTÍN IGLESIAS OTERO, do concello de Lousame en A Coruña. 

“HORA DO PASEO” Fotografía feita na Avda de Bos Aires en Pontevedra. CRISTINA SAIZ ABELLEIRA, do concello de Pontevedra. 

“RELATIVISMO”, Fotografía feita na cancha de baloncesto de San Antoniño en Barro. HÉCTOR RODRÍGUEZ DEL ORO, do concello de Pontevedra. 

“Agora” Fotografía feita na praza da Independencia en Vilagarcía de Arousa. MARTINA OUBIÑA MISER, do concello de Cambados. 

“REENCONTROS”. AGUSTÍN IGLESIAS OTERO do concello de Lousame en A Coruña. 

“LA TELA QUE ATRAPA”, Fotografía feita na rúa Conde Vallellano en Vilagarcía de Arousa. IGNACIO CARLOS ABELLA DIEGUEZ,  do concello de Vilagarcía de Arousa. 

“RÚA DOMÉSTICA RURURBANA”, Fotografía feita en Moaña MARTÍN BARREIRO CRUZ, do concello de Moaña. Fotografía feita na praza de Abastos en Pontevedra. JOSÉ MANUEL DOMÍNGUEZ VENTÍN, do concello de Pontevedra.

“CONTIGO”. Fotografía feita na Senda da Pedra da Auga en Meis AGUSTÍN IGLESIAS OTERO. 

“AVANZANDO SEN FUMES”, que é o título da nosa seguinte imaxe, tomada no espazo público do Porto Deportivo de Vilagarcía de Arousa. Pois avanzemos un pouquiño máis e coñezamos a identidade da súa autora: ANA GÓMEZ FERREIRA do concello do Grove. 

Fotografía feita na Praza da Peregrina en Pontevedra. As persoas autoras son as integrantes do Centro de día para persoas con discapacidade de Cogami en Monte Porreiro.