A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda a vindeira semana
Estará instalada diante do Centro Cultural, o venres día 6 e o sábado día 7 de maio
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará proximamente a vila de A Guarda. Como vén sendo habitual, estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural).
Será o venres día 6 de maio, en horario de 16:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 7, de 10:15 ás 15:00h.
Con ese tipo de unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar previamente. Se queremos doar despois de xantar temos que agardar 2 horas.
Non debemos esquecer levar connosco a tarxeta de doazón, DNI, ou documento similar.
Asemade, debemos informar ao médico se está a tomar algún medicamento.
É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario