Amelia Tiganus, activista e faminista, presentou seu libro “La revuelta de las putas”
• No Centro Cultural de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Dentro da programación denominada “Semente de Igualdade”, o Concello de A Guarda organizou diversas actividades (teatro, propostas educativas nos centros escolares do municipio, unha habitación de escape, charlas,...), para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Como remate da devandita programación, que abrangueu os meses de marzo e de abril, o pasado mércores día 27, tivo lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de bacharelato e ciclos de FP do IES A Sangriña.
Asemade, onte xoves 28 de abril, o Centro Cultural acolleu unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral, na que falou do seu libro "La revuelta de las Putas".
A activista e feminista tamén achegou a Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, dous exemplares asinados, para o seu préstamo aos usuarios da mesma.
Compre salientar que ese libro constitúe unha síntese da súa propia experiencia persoal, que a autora considera realmente imprescindible dar a coñecer na procura de intentar mudar xeitos de pensar e de actuar, e por conseguinte, contribuir a mudar o mundo.
Máis dun cento de persoas participaron nesta charla, onde a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez Marcos, foi a encargada de abrir a mesma xunto coa responsable do Centro de Información á Muller (CIM), Yolanda Villaverde Gondar.
Amelia, activista feminista a favor do abolicionismo da prostitución, falou en primeira persoa e de forma clara das situacións de escravitude as que son sometidas moitas mulleres, e que o sistema e a sociedade consinten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario