27 de abr. de 2022

PONTE CALDELAS

O BNG esixe á Xunta que descarte o encoro de Forzáns en Ponte Caldelas e a conselleira de Infraestruturas négase a desbotalo   

Manuel Antonio Lourenzo recrimínalle as súas continuas reviravoltas sobre a ataque ambiental que suporía o transvase de augas dende os ríos Verdugo e Oitavén   


Reunión dos deputados do BNG Manuel Antonio Lourenzo e Xosé Luís Bará, con membros da Plataforma pola defensa do río Verdugo - Pladever e veciñanza de Ponte Caldelas e Soutomaior

Infogauda / Ponte Caldelas

 O deputado do BNG Manuel Antonio Lourenzo Sobral esixiu á Xunta no Parlamento galego que descarte definitivamente a creación dun encoro en Forzáns, no concello de Ponte Caldelas, mais a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, negouse a desbotalo en respostas á pregunta do deputado nacionalista en pleno parlamentar. 

 Lourenzo recriminou á titular de Infraestruturas as “reviravoltas” e continuos “cambios de opinión” do Goberno galego sobre o posible transvasamento de augas dende os ríos Verdugo e Oitavén como opción para o abastecemento de Vigo que, se ben foi rexeitada en 2011 por Augas de Galiza ante a “barbaridade” ambiental que suporía o proxecto, en 2017 o Executivo do PP “onde dicía que non, volve dicir que si ao transvase e ademais asegurando que se ía levar a cabo en tres meses, polo trámite de urxencia e sen informes de impacto”. 

 Segundo explicou, logo das mobilizacións en Soutomaior e Ponte Caldelas en 2017, a Xunta ofrece unha nova reviravolta ao ano seguinte, validando o transvasamento, pero sen urxencia, aínda que coas novas mobilizacións de outubro dese 2018, volveuse retractar afirmando que “de momento” non se acometería e que “agora si había que facer un estudo”. 

 Logo de recalcar que a paralización do transvase en 2018 foi posible grazas ás mobilizacións da veciñanza e dos mariñeiros “que deron un exemplo de dignidade fronte ás súas políticas”, o deputado nacionalista recordou á conselleira que o PP xa rexeitou no Parlamento a paralización do transvasamento e mesmo se situou a carón do goberno municipal para reclamar esta alternativa como solución ás secas en Vigo.     

 De igual xeito, amosou a preocupación do BNG porque se ben en outubro de 2021 o primeiro avance do informe anunciado en 2018 pola Xunta apuntaba a unha negativa ao transvasamento, o Goberno galego facía públicas unhas declaracións nas que se mostraba partidario “doutras medidas como incrementar a capacidade dos encoros”. 

 “A que se está a referir exactamente con incrementar a capacidade dos encoros, señora conselleira? Está vostede referíndose a un recrecemento de Eiras? Está vostede aínda a contemplar que se leve adiante un encoro de abastecemento en Forzáns para abastecer a Eiras?”, cuestionou Lourenzo sen obter resposta por parte da titular de Infraestruturas, pese a solicitarlle un pronunciamento claro para descartar definitivamente o transvase de augas dende o Verdugo e o Oitavén e o encoro de Forzáns. 

A GUARDA

 Amelia Tiganus presenta na Guarda o seu libro “La revuelta de las putas” 

A activista realizou este mércores unha charla con escolares, e mañá xoves 28 de abril, presentará o seu libro no Centro Cultural de A Guarda  (con inscrición previa). 


Fátima Marcos - a esq. da imaxe - con Amelia Tiganus, nos momentos iniciais da charla que ofreceu a activista feminista no IES A Sangriña

Fotos: C.A.G.



Infogauda / A Guarda

 Co título xenérico “Semente de Igualdade”, o Concello de A Guarda programou neste 2022 diversas iniciativas  - teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, unha habitación de escape, charlas,... - para conmemorar o Día Internacional da Muller.

 Incluida na devandita programación, na xornada deste mércores día 27 de abril o salón de actos do IES A Sangriña acolleu unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de bacharelato e Ciclos de F.P do devandito centro educativo, e que tamén contou coa asistencia de Fátima Rodríguez, concelleira de Igualdade.




 Mañá xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural da vila acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde presentará o seu libro La revuelta de las putas”

 Para asistir requírese a inscrición previa en: https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile  

 Amelia Tiganus (Galati, Rumanía, 11 de marzo de 1984) é una activista feminista abolicionista. Reside en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no noso país.  

 Publicou varios artigos en prensa, un comic titulado “Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova. Acaba de publicar La revuelta de las putas” e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.  

 Das súas  aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención en Salvados – Las invisibles, programa de televisión de máxima audiencia da Sexta, onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole. Tamén participou no programa de Aimar Bretos “Hora 25”, da cadea SER, entre moitas outras intervencións públicas. 

 Tiganus deixa claro: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».  

 Ten varios recoñecementos, entre eles, o da categoría "Superación", outorgado polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. 

 Por outra banda, dende o concello de A Guarda estáse traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas

A GUARDA

PROJEÇOM DO DOCUMENTÁRIO DOROTHÉ NA VILA

Sexta 29 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Social Fuscalho




C.S. Fuscalho / A Guarda

 Esta sexta temos a oportunidade de desfrutar do documentário Dorothé na Vila junto às suas diretoras. 

 O documentário centrase na figura da musicóloga da Suíça Dorothé Schubarth e a sua recolhida de cantigas tradicionais galegas expostas do Cancionero Popular Galego. 

 Ademais, ao rematar teremos foliada aberta coas socias de gaita e pandeireta. Também haverá petiscos e ceia. 

 Viva a nossa música tradicional!

A GUARDA

A Casa dos Alonso acollerá a presentación do libro “Palabras como corpos prata”  

O libro, de Joaquín Cadilla, será presentado ás 18:00h do sábado día 30 de abril 




Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado día 30 de abril ás 18:00h será presentado na Casa dos Alonso o libro “Palabras como corpos prata” de Joaquín Cadilla, unha obra que inclúe máis de corenta poemas.  

 O acto será presentado polo escritor e xornalista Manrique Fernández e no mesmo intervirán homes e mulleres do mar de A Guarda, que darán lectura a varios poemas para rematar cunha actuación musical a cargo da artista guardesa Laura Tantes, que interpretará varios temas tradicionais.  

 O libro estará dispoñible no acto e o seu prezo será en forma de doazón, destinadas integramente á Asociación Avelaíña. Tamén estará dispoñible en vindeiras datas nas librarías da vila. 

CAMINHA

 Espaços de Vila Praia de Âncora preparam-se para o Vila Praia em Flor


Praça da República
Foto: C.M.C.

Infogauda / Vila Praia de Âncora (Caminha) 

 Os funcionários da Câmara Municipal de Caminha já concluíram os primeiros trabalhos de transporte, colocação de floreiras e de flores na Praça da República, avenida marginal e algumas artérias onde, a partir de sexta-feira e até domingo, decorre mais uma edição do Vila Praia em Flor. Há outros espaços já enfeitados, como janelas, varandas e montras, numa iniciativa que abraça toda a comunidade e em que se insere o Concurso “Janelas e Varandas Floridas” e, nos restaurantes, a iniciativa “Sabores da Primavera”. 

 Na verdade, os espaços mais emblemáticos de Vila Praia de Âncora que, por norma, são palco do Vila Praia em flor já ostentam o colorido das flores e a alegria do enfeites que caraterizam esta festa. Destaque para a Praça da República e para a Capela de Nossa Senhora da Bonança, já enfeitadas, mas que, até sexta-feira, vão ainda receber mais ornamentações.

 Amanhã, por exemplo, será a vez de incluir na decoração a participação das escolas do concelho. Os serviços do Município de Caminha vão recolher os carrinhos de mão que, entretanto, foram distribuídos aos estabelecimentos de ensino e que agora, devidamente ornamentados com plantas e flores, vão contribuir para o Vila Praia em Flor.

 Relativamente ao Concurso “Janelas e Varandas Floridas”, os objetivos são recriar outra forma de embelezamento das ruas da vila durante este evento, contribuindo para a renovação da imagem de “Vila Praia em Flor”; incentivar a descoberta e o gosto pelos espaços verdes e pela natureza, promovendo o adorno e o sentido estético das fachadas dos edifícios, potenciando o aparecimento de recantos de grande beleza, na junção da arquitetura urbana e reavivar a tradição portuguesa de florear as janelas e varandas, proporcionando desse modo novas vivências e formas de sentir e viver sua terra.

 Mas o Vila Praia em Flor inclui muitos momentos que apelam à participação, como o desfile florido, zumba, cinema e, sobretudo, motivos acrescidos para um passeio pelas ruas da Vila. O programa é vasto e aliciante.

 A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal e da Junta de Freguesia de Vila Praia de Âncora.

O BAIXO MIÑO

O TERROR NAS TEBRAS E OUTRAS CATAS NA MEMORIA, DE CARLOS MÉIXOME

Será presentado en Oia, o día 6 de maio, ás 20:00 h, no Centro Cultural, e o día 13 de maio, ás 20:00 h., no Bar Aquilino, de A Pasaxe (Camposancos)



Infogauda / O Baixo Miño

 "O Terror nas Tebras e outras catas na memoria" será presentado en Oia e A Pasaxe (Camposancos) polo seu autor, o historiador Carlos Méixome Quinteiro.

 O 6 de maio ás 20h no Centro Cultural de Oia, presentado polo escritor Alfonso Álvarez Cáccamo.

 E o 13 de maio ás 20h será no Bar Aquilino, de A Pasaxe (Camposancos), presentado polo profesor e investigador Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez.

 Desde a Asociación Xuliva, organizadora das devanditas presentacións afirman:"Escollemos estes dous lugares polo que representan para a memoria histórica local, con dous dos maiores campos de concentración do País".

TOMIÑO

Tomiño xestiona máis de 6.000 incidencias mediante a plataforma “Línea Verde”  

Nestes dous últimos dous anos, o 62.32% das incidencias foron realizadas a través da App móbil , o 3,71 % a través da páxina web municipal e un 33,97 % séguense comunicando a través do rexistro do Concello




Infogauda / Tomiño

 A plataforma “Línea Verde” posta en marcha polo Concello de Tomiño hai pouco máis de dous anos, rexistrou nese período de tempo máis de 6.000 incidencias chegadas dende todas as parroquias do municipio. A día de hoxe pecháronse 5.761 incidencias (92,38 %), estando en trámite 475 (7,62%).

 “Línea Verde” é unha ferramenta de comunicación directa que permite aos veciños e veciñas comunicar incidencias acontecidas no municipio tales como luces fundidas, fochancas no pavimento, lixo na rúa ou mobiliario público deteriorado, entre outras. De todas as comunicacións recibidas da veciñanza, a maior parte (36,57%) corresponden a avarías no alumeado público.

 O concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto, precisa que o 62,32% das incidencias son realizadas a través da App móbil, o 3,71 % mediante a web municipal e o 33,97% restante comunícase no rexistro do Concello, tanto presencialmente, como por teléfono. Así mesmo, comenta que coa incorporación de novo persoal contratado dentro do Plan Concellos, estase acelerando a súa resolución.

 Desde a súa posta en marcha en marzo do 2020, a App rexistrou máis de 6.000 incidencias, resolvéndose 9 de cada 10. Algunhas adoitan arranxarse en poucos días, como as avarías no alumeado público, que representan un terzo do total. Cada mes o sistema rexistra unha media de entre 200 e 300 notificacións, unha cifra que aumenta especialmente nos meses de inverno debido ás tormentas e avarías que estas causan no tendido eléctrico. Do mesmo xeito, apréciase unha tendencia ascendente debido ao maior coñecemento da aplicación por parte da veciñanza, que a emprega cada vez máis, grazas á súa utilidade e sinxeleza.

 Comezar a empregala é moi sinxelo para o usuario. Tan só é necesario descargar a app ‘Línea Verde’, de xeito gratuíto, a través de Google Play ou da App Store, e seleccionar o municipio de Tomiño. Para comunicar unha nova incidencia soamente hai que premer no botón ‘Nova incidencia’, escoller a súa tipoloxía, enviar a ubicación e achegar unha foto e explicación breve sobre o problema. 

 Este proceso de dixitalización tamén foi asumido polo persoal do Concello; unha vez que o cidadán envía unha notificación, esta chega á tableta de cada equipo de traballo en función da natureza da incidencia, e nese momento inícianse os trámites para resolver o problema en cuestión. “Este sistema facilita moito o traballo do persoal municipal, xa que permite organizar a resolución das tarefas dun xeito moito máis eficiente, ademais de proporcionar moitos datos e estatísticas a tempo real”, comenta o concelleiro. Unha vez completado o proceso, o cidadán recibe unha notificación no seu móbil informando que a incidencia foi solucionada.

TOMIÑO

O Concello de Tomiño pon en marcha un sorteo para dar pulo ao comercio local    

Os establecementos interesados en participar poden inscribirse ata o vindeiro domingo 1 de maio a través da Sede Electrónica




Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño continúa dando pulo ao comercio local e fomentando o consumo de proximidade. Ao abeiro da campaña ‘Vive!’, acaba de poñer en marcha ‘Mercar no comercio de Tomiño ten premio’, un sorteo a través do que se repartirán 190 carriños para a compra Rolser entre veciños e veciñas que aposten por mercar no seu municipio.

 O Concello acaba de abrir o prazo de inscrición para todos aqueles establecementos que queiran adherirse á iniciativa e premiar á súa clientela. Os comercios e servizos interesados poderán rexistrarse ata o domingo 1 de maio incluído a través da Sede Electrónica. Aquelas persoas que precisen axuda para darse de alta poden acudir a dependencias municipais ou solicitala a Adeto, entidade colaboradora.

 Con esta e outras iniciativas da campaña ‘Vive!’, o Concello busca reactivar a actividade económica e social do municipio, devolvendo á veciñanza ás rúas e ofrecéndolle unha ampla programación coa que desfrutar do comercio e da hostalaría do seu municipio.

GONDOMAR

Presentación do libro “Somos agua que piensa”, de Joaquín Araújo

Xoves, 28 de abril, ás 20:00 horas, na Aula Ponte de Rosas (Gondomar)



Infogauda / Gondomar

 Este xoves, 28 de abril, ás 20:00 horas, na  Aula Ponte de Rosas   - Avda. da Feira, 10 baixo (Gondomar) terá lugar á presentación do libro “Somos agua que piensa”, de Joaquín Araújo.

 O acto contará coa presenza do escritor, que será presentado por Juan Hermida, director do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).

GONDOMAR

O libro  O terror nas Tebras e outras catas na memoria, de Carlos Méixome

Será presentado o venres, 29 de abril, ás 20:00 horas no auditorio Lois Tobío, de Gondomar



Infogauda / Gondomar

 O venres 29 de abril,  ás 20:00h, no auditorio municipal Lois Tobío, do Concello de Gondomar, Carlos Méixome presentará o seu libro O TERROR NAS TEBRAS E OUTRAS CATAS NA MEMORIA, que vén de publicar Edicións Laiovento. 

VIGO

Xunta de Galicia e porto de Vigo inician a “transformación histórica” do Berbés coa licitación da nova senda peonil e ciclista  

Marta Fernández-Tapias destaca a colaboración entre institucións para o fomento da mobilidade sostible na fachada marítima de Vigo

A obra estará acabada no prazo dun año e permitirá pasear ou circular por un carril bici que unirá A Laxe con Beiramar  


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, no barrio do Berbés
Foto: X.G.


Infogauda / Vigo

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este mércores xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, o novo proxecto de senda peonil e ciclista do Berbés. A actuación entra na fase de licitación para que poida comezar a executarse xa no verán e estea finalizada no prazo total dun ano. 

 Cun investimento de 1,5 millóns de euros, a senda desenvolverase pola beira da avenida e integrarase nos espazos que forman parte do entorno de Portocultura. Estas obras levaranse a cabo de xeito compatible coa operativa portuaria da zona e o paso dos transportes especiais. 

 “A Xunta e o Porto demostran de novo que a colaboración é sempre a mellor opción e o convenio firmado entre ambas institucións permitirá abrir o paso por unha zona ata o de agora pechada a peóns”, sinalou a representante autonómica.

  A lonxitude da nova senda será de 560 metros, cun carril bici que partirá desde a zona da Laxe e que enlazará co paseo xa practicamente rematado na avenida de Beiramar. O peche portuario será totalmente renovado cunha valla de menor impacto visual e con zonas verdes nas que se incorporarán árbores, bancos e superficies axardinadas.
 

“Este 27 de abril é un día moi sinalado, porque cumprimos un compromiso e damos un paso para acercar aos vigueses ás súas raíces”, destacou Fernández Tapias durante a presentación do proxecto. Pola súa banda, Vázquez Almuiña incidiu no obxectivo da institución que preside de “ofrecer á cidadanía un novo espazo de mobilidade sostible”, para o que contará coa colaboración do Goberno galego, que cofinanciará parte das obras. 

Retranqueo na zona de peche do porto

 Ademais, darase continuidade ao itinerario pola zona portuaria salvando a discontinuidade existente no treito urbano provocada pola cota deprimida da praza do Berbés e polos accesos ao túnel de Beiramar. A nova senda desenvolverase pola beira do mar da avenida e integrarase nos espazos que forman parte do entorno de Portocultura. Na zona de peche do porto efectuarase un retranqueo para que haxa espazo suficiente para unha plataforma compartida entre peóns ciclistas, respectando a separación entre o peche e as edificacións interiores.

 A actuación completarase coa reposición das redes de servizos afectados polo retranqueo realizado, coa instalación de mobiliario urbano, de sinalización, de elementos de xardinería e a súa rede de rego. Estas obras levaranse a cabo de xeito compatible coa operativa portuaria da zona e o paso dos transportes especiais.

 Avenida de Beiramar

 No que se refire á humanización da avenida Beiramar, intervirase ao longo de 1,6 km, ampliando as beirarrúas de modo que permitan o tránsito peonil e ciclista. Dotarase tamén o tramo de novo mobiliario urbano, de iluminación eficiente, zonas verdes e reordenaranse as áreas de aparcadoiro.

 Tanto a senda peatonal como a futura humanización da avenida de Beiramar, que se materializará a comezos de 2023, foron aprobados a pasada semana no Consello da Xunta celebrado en Vigo.

Achega de 3,5 millóns

 De acordo cos compromisos establecidos no acordo, a Xunta financiará estas actuacións, coa achega maioritaria, por importe de 3,5 millóns de euros procedentes dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea.

 Pola súa banda, a Autoridade Portuaria de Vigo financiará o importe restante, é dicir, aproximadamente un millón de euros, redactará os documentos técnicos das actuacións e licitará e executará as obras. 

VIGO

A CIG-Vitrasa rexeita a rebaixa salarial e insta o Concello a rescindir o contrato coa empresa se incumpre o convenio 

Dá por esgotada a vía da negociación e promoverá mobilizacións 


Unidades de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A sección sindical da CIG en Vitrasa reitera a súa oposición á rebaixa salarial anunciada pola concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo e insta ao Goberno local a rescindirlle o contrato se a empresa segue a incumprir o convenio colectivo e o prego de condicións do servizo. Ao mesmo tempo, e unha vez rematada sen acordo a mediación pola inaplicación do convenio que pretende a compañía do grupo Avanza, a CIG-Vitrasa dá por esgotada a vía da negociación e anuncia a convocatoria de protestas. 

 As conversas entre a representación sindical e a dirección remataron o pasado día 25 sen que as partes lograsen chegar a un pacto sobre a inaplicación do convenio que Vitrasa pretende impoñerlle ao conxunto do cadro de persoal e que se traduciría nunha importante baixada de soldos. En consecuencia, a empresa solicitará unha arbitraxe para forzar unha resolución final ao conflito provocado pola súa intención de reducir os salarios un 30% o que queda de 2022 e un 14% en 2023, baseándose nas perdas durante a pandemia e nas posíbeis perdas nos anos 2022 e 2023. Vitrasa pretende incrementar tamén a xornada anual, incluír medidas de flexibilización de xornada, eliminar un plus de absentismo que se cobra anualmente e mesmo non entregar unha peza de abrigo no próximo inverno.  

 Ademais, se o balance de contas de 2023 fose positivo primeiro dedicarían as ganancias a recuperar as perdas dos anos 2020 e 2021, e en caso de seguir en números positivos o resto sería para restaurar aos traballadores/as a súa rebaixa salarial. E a pesar de recibir un reequilibrio de 5,7 millóns de euros, a empresa mantén un contencioso contra o Concello de Vigo pola redución de ingresos dos anos 2020 e 2021 debido á pandemia, no que reclama 14 millóns de euros máis. 

 Por todo isto, Vitrasa mantén un patrimonio neto de máis de 50 millóns de euros, “polo que son totalmente solventes, mais a pesar diso utilizaron o persoal para presionar ao Concello, como se viu en dúas ocasións, cando atrasaron o abono dos salarios e crearon un conflito innecesariamente”.  

Contas moi pouco claras 

 Unha vez examinadas as contas anuais presentadas, os economistas de CIG conclúen que as contas son “moi pouco claras” e as perdas e ingresos “totalmente volúbeis” a criterio dos administradores/as que as presentan. Como exemplo destacan que para apoiar a solicitude de inaplicación presentáronse até tres contas de resultados realizadas por diferentes auditorías externas e ningunha delas reflectía as mesmas cifras; o balance de gastos lanza cifras de negocio doutras empresas nas que Vitrasa participa, e mesmo do grupo Avanza; e inclúense en gastos anuais partidas como a compra de autobuses que en ocasións anteriores repartíanse durante varios anos como amortizacións a longo prazo.  

Redución de servizos e perda de viaxeiros/as 

 Para CIG-Vitrasa chama a atención que unha empresa que se dedica ao transporte de viaxeiros/as leve dende hai un par de anos recortando sistematicamente servizos, ao tempo de que se queixa de que non aumenta o número de viaxeiros/as. Lembran que a día de hoxe realízanse diariamente case 80 expedicións menos que hai dous anos, ademais de ter desaparecido a liña C2, o que fai que nas cocheiras de Vitrasa haxa da orde de 20 autobuses parados a diario.  

 “Incumpren o prego de condicións diminuíndo servizos, e estes recursos deberían estar na rúa captando viaxeiros/as, polo que hai que realizar unha oferta máis atractiva de transporte urbano, xa que a actual deixa moito que desexar como o constatan as continuas queixas das persoas usuarias”. Consideran que a empresa non ten vocación de servizo público, xa que unicamente actúa para optimizar beneficios. “Se esta concesión non responde ás súas expectativas económicas, o mellor para os empregados/as, a propia compañía e a veciñanza sería que o Concello se fixese cargo da concesión”, indican desde a sección sindical da CIG. 

Problemas noutras explotacións 

 Finalmente, sinalan que non hai que esquecer que o grupo Avanza está a ter problemas noutras concesións coas que conta no Estado español, como Ourense, Durango, Málaga, Zaragoza ou Ávila, “explotacións que nos últimos meses, e mesmo anos, están a ter conflito, nuns casos polo convenio colectivo e noutros por inaplicación de convenio, ou polas dúas cousas ao mesmo tempo como é o caso de Vigo”. Nesta liña, lembran que na cidade olívica o convenio leva caducado dende finais de 2020, coa perda de poder adquisitivo que iso implica, e lamentan que Vitrasa non teña interese en negociar. 

 Por todas estas razóns, dende a sección sindical de CIG en Vitrasa entenden que a vía de negociación está esgotada, polo que promoverán mobilizacións para solicitarlle ao Concello que lle esixa á empresa que se faga cargo das súas obrigas co cadro de persoa, “e en caso contrario que proceda a retirarlle a concesión”. 

VIGO

A CIG-Servizos inicia unha campaña de protestas para reclamar condicións dignas para o persoal de Axuda no Fogar  

Desenvolveu concentracións hoxe diante de Atendo e Clece en Vigo 


A CIG-Servizos iniciou hoxe unha campaña de mobilizacións para reclamar condicións laborais dignas para o persoal dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF)

Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG-Servizos iniciou hoxe unha campaña de mobilizacións para reclamar condicións laborais dignas para o persoal dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF), con protestas diante das instalacións das empresas Atendo e Clece en Vigo. A central sindical anunciou recentemente que non continuará a participar na negociación do convenio colectivo do sector mentres non se actualicen os soldos co incremento do 6,5% do IPC de 2021 en todos os conceptos económicos do actual convenio. 

 Dende a CIG explican que na primeira xuntanza negociadora insistíronlle ao empresariado -tal e como se acordara nas asembleas de delegadas/os celebrados pola central sindical- a necesidade de actualizar as táboas salariais de 2022, “pero negáronse a facelo”. A esta proposta da sumáronse tamén o resto de sindicatos que participan da mesa de negociación. 

 Nese encontro a patronal propuxo unha nova reunión, á que levarían unha proposta económica para toda a vixencia do convenio. “Ante isto, deixamos claro que non nos conformamos só cun incremento económico, senón que hai que incorporar cuestións que necesita o sector como reducir a xornada, regular os descansos ou percibir o 100% do salario en caso de incapacidade temporal”. 

O 6,5% non se negocia 

 Dende a CIG sinalan que na información feita pública por CCOO e UGT tras esa primeira xuntanza co empresariado sostense “todo o contrario” do que mantiveron na sinatura da acta, “porque a pesar de apoiar a nosa posición inicial alegan que van participar nesa nova reunión amparándose nunha convocatoria do Consello Galego de Relacións Laborais; convocatoria que este organismo non fixo, xa que esa proposta vén reflectida no terceiro punto da acta”. <<A parte empresarial manifesta a súa vontade de continuar coa negociación do III Convenio Colectivo e traslada que na vindeira xuntanza, que propón que teña lugar o 29 de abril de 2022, traerá unha proposta económica para toda a vixencia do convenio>>. 

 Finalmente, dende a central sindical reiteran que non van asistir a esa ou a outras reunións de negociación mentres non se lles pague a todas as traballadoras/es o 6,5% que lles corresponde. “Non se pode negociar un novo convenio cando non cumpren o actual; o 6,5% non se negocia, actualización salarial xa”, rematan. 

 Por iso apostaron por iniciar un calendario de mobilizacións que comezou hoxe coas concentracións diante de Atendo, na rúa Zaragoza, e de Clece, na praza de América, onde despregaron unha faixa e berraron consignas reclamando a actualización salarial inmediata e un convenio colectivo digno.

VIGO

A CIG mobilizarase pola readmisión dunha traballadora despedida tras ser acosada por quedar embarazada 

A empresa Termocalor de Vigo rescindiulle o contrato unha vez rematada a redución de xornada


Participantes na rolda de prensa na sede da CIG de Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG ten convocada unha mobilización este xoves 28 diante do SMAC en Vigo ás 11:45 horas para esixir a readmisión dunha traballadora da empresa Termocalor de Vigo despedida recentemente ao rematarlle a redución de xornada para o coidado de crianzas menores de 12 anos. O Tribunal Supremo confirmara en 2019 a sanción administrativa de 20.000 euros imposta á compañía por acoso laboral contra a empregada durante unha década e que se iniciara nada máis anunciarlle ao seu xefe que se atoaba en estado.  

 Na sentenza do TS recoñecíase a veracidade do acoso laboral por razón de xénero entre os anos 2008 e 2010, situación que continuou até que a traballadora foi despedida o pasado 10 de marzo nada máis rematarlle a redución de xornada, unha vez que o seu fillo cumpriu 12 anos. Daquela, asesorada pola CIG, lograra que lle restituísen o horario e traballaba só de mañá, que lle recoñecesen como enfermidade laboral a baixa por ansiedade que tivo que coller e que a indemnizasen con 3.000 euros por danos e prexuízos.

 O acoso iniciárase nada máis comunicar na empresa o primeiro embarazo, pero agravouse dous anos despois cando decide ser nai por segunda vez e optan por cambiarlle o horario e obrigarlle a facer as cinco horas de redución a xornada partida (dúas pola mañá e tres pola tarde). “Para min era imposíbel, porque precisamente collín a redución para traballar só de mañá e poder atender as crianzas pola tarde; non me daba tempo a comer nin a coidalas, polo que acabei cun estrés enorme e con ataques de ansiedade e tiven que coller unha baixa”, relatara entón.  

Campaña de acoso  

 Segundo afirman dende a CIG o propietario de Termocalor, Ramón Argudín, propúxolle que marchara da empresa, pero non quería pagar a indemnización correspondente e pretendía que ela mesma renunciara ao seu posto, polo que comezou unha campaña de acoso laboral contra ela que foi recoñecida polos tribunais.  

 Mais agora, unha vez rematada a redución de xornada, optou por rescindirlle o contrato aludindo a supostas causas disciplinarias, cando en realidade responde a unha represalia, constituíndo unha clara vulneración dos seus dereitos fundamentais. Diante disto, a CIG xa presentou unha demanda reclamando a nulidade do despido e convocou a mobilización de mañá coincidindo co acto de conciliación no SMAC previo á celebración do xuízo.

ARCOS DE VALDEVEZ

Câmara Municipal promove sessões de esclarecimento 

Sobre limpeza de terrenos florestais  



A Câmara Municipal de Arcos de Valdevez está a promover um conjunto de sessões de esclarecimento sobre a limpeza de terrenos florestais

Fotos: C.M.A de V.


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal de Arcos de Valdevez, através do Gabinete Técnico Florestal e Serviço Municipal de Proteção Civil, em parceria com as Juntas de Freguesia, a GNR e o SEPNA – Serviço de Proteção da Natureza, Ambiente e Proteção Animal, está a promover um conjunto de sessões de esclarecimento sobre a limpeza de terrenos florestais no âmbito do Decreto-Lei 82/2021, de 13 de outubro.  

 Estas ações de sensibilização estão decorrer em vários pontos do concelho e têm em vista o esclarecimento da população sobre as várias questões relacionadas com a gestão de combustíveis. A par das ações de sensibilização a GNR tem também patrulhado as freguesias prioritárias. De acordo com a legislação, os proprietários, arrendatários, usufrutuários ou entidades que detenham terrenos à volta das habitações inseridas no espaço rural são obrigados a realizar a gestão e a limpeza de uma faixa de terreno com 50 metros. 

 Assim, no dia 22 de abril foi já realizada uma sessão de esclarecimento em Sistelo, no dia 27 será na União de Freguesias de Grade e Carralcova e no dia 28 em Soajo.

ARCOS DE VALDEVEZ

Fim de Semana Gastronómico da Carne Cachena com arroz de feijão tarreste de regresso a Arcos de Valdevez  

Iniciativa decorre de 29 de abril a 1 de Maio 

 



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 De 29 de abril a 1 de Maio, Arcos de Valdevez  o Fim de Semana Gastronómico, “ Carne Cachena com arroz de Feijão Tarreste” está de regresso a Arcos de Valdevez. A tenra carne Cachena proveniente de animais de raça de gado Cachena, criados no Parque Nacional, acompanhada pelo Feijão Tarreste, faz deste prato um sabor distinto do mundo rural e as delícias de quem o prova. 

 A par desta iguaria, em Arcos de Valdevez poderão ser apreciadas a Laranja de Ermelo, os Charutos de Ovos e o Bolo de Discos, bem como os excelentes Vinhos Verdes do concelho.  O Município oferece também um leque variado de atividades culturais e lúdicas. No Campo do Trasladário decorrerá a Mostra de Artesanato e Mercado de Sabores, a qual integrará produtores de Arcos de Valdevez e faz parte da contínua aposta de promoção dos produtos locais levada a cabo pelo município, onde os visitantes encontrarão artigos elaborados artesanalmente, bem como uma variada oferta de doces, compotas e vinhos verdes da região. 

 O evento integrará também visitas guiadas a Quintas de Vinho Verde, concertos na Casa das Artes, atuações de rusgas populares, wokshops de fotografia, tocatas pelos restaurantes aderentes e a chegada do Grande Prémio de Ciclismo de Alto Minho. 

 O fim-de-semana gastronómico está integrado nos fins-de-semana gastronómicos do Turismo do Porto e Norte de Portugal. 

 Não perca a oportunidade de visitar Arcos de Valdevez! Uma localidade que se distingue pelo seu rico património natural, cultural e construído. 

 Visite Sistelo umas das 7 Maravilhas de Portugal-aldeias e Paisagem Cultural, Soajo, com a sua célebre Eira dos Espigueiros, a Peneda, com o seu belo Santuário Mariano, o Centro de Interpretativo do Barroco, as Oficinas de Criatividade Himalaya ou o Paço de Giela. 

 Arcos de Valdevez encontra-se inserido no Parque Nacional Peneda Gerês, o único Parque Nacional do País, classificado como Reserva Mundial da Biosfera. Aqui poderá igualmente passear pela Ecovia do Vez e visitar a Porta do Mezio, umas das portas de entrada do PNPG e viver experiências únicas. 

 Venha a Arcos de Valdevez Onde Portugal se Fez! 

 Delicie-se com a gastronomia característica e com as suas paisagens deslumbrantes! 

FIM DE SEMANA GASTRONÓMICO: “CARNE DA CACHENA COM ARROZ DE FEIJÃO TARRESTE”

29, 30 de Abril e 1 de Maio de 2022

PROGRAMA

30 de Abril  |  SÁBADO

10h00 - Abertura “Mostra de Artesanato e Mercado de Sabores”

- Campo do Trasladário

10h00 -* Rota dos Vinhos de Arcos de Valdevez

Inscrições na Loja “Espaço Vinhos & Sabores”, Tlm. 934 901 967 | Email. Vinhos.avvez@gmail.com

10h30 – 12h30 – Workshop de fotografia para crianças “Bora Fotografar?”

(para crianças entre os 6 e os 12 anos; actividade gratuita)

Centro Interpretativo do Barroco

12h30 – Fim-de-semana Gastronómico: “Carne da Cachena com Arroz de Feijão Tarreste”

Restaurantes Aderentes

15h30 - Rusga Popular: Rusga do Povo de Távora S. Maria  e S. Vicente

- Campo do Trasladário

19h00 - Encerramento da “Mostra de Artesanato e Mercado de Sabores”

- Campo do Trasladário

19h00 – Chegada do Grande Prémio de Ciclismo de Alto Minho

- Campo do Trasladário

20h00 – Fim de Semana Gastronómico: “Carne da Cachena com Arroz de Feijão Tarreste”

Restaurantes Aderentes

22H00 – MÚSICA - MOISÉS 

Depois de em 2021 dar a conhecer o seu primeiro trabalho a solo fora do âmbito dos “Quinta  do Bill”, banda que fundou e integra há 35 anos, Moisés apresenta agora o seu novo álbum em concerto.

Auditório da Casa das Artes  (Preço único: 3.00€)

1 de Maio  |  DOMINGO   

10h00 - Abertura da “Mostra de Artesanato e Mercado de Sabores”

- Campo do Trasladário

- Campo do Trasladário

12h30 – Fim-de-semana Gastronómico: “Carne da Cachena com Arroz de Feijão Tarreste”

- Tocata pelos restaurantes aderentes 

19h00 - Encerramento da Feira “Mostra de Artesanato e Mercado de Sabores”

- Campo do Trasladário