O Concello de Tomiño pon en marcha un sorteo para dar pulo ao comercio local
Os establecementos interesados en participar poden inscribirse ata o vindeiro domingo 1 de maio a través da Sede Electrónica
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño continúa dando pulo ao
comercio local e fomentando o consumo de proximidade. Ao abeiro da campaña
‘Vive!’, acaba de poñer en marcha ‘Mercar no comercio de Tomiño ten premio’, un
sorteo a través do que se repartirán 190 carriños para a compra Rolser entre
veciños e veciñas que aposten por mercar no seu municipio.
O Concello acaba de abrir o prazo de inscrición
para todos aqueles establecementos que queiran adherirse á iniciativa e premiar
á súa clientela. Os comercios e servizos interesados poderán rexistrarse ata o domingo
1 de maio incluído a través da Sede Electrónica. Aquelas persoas que precisen
axuda para darse de alta poden acudir a dependencias municipais ou solicitala a
Adeto, entidade colaboradora.
Con esta e outras iniciativas da campaña ‘Vive!’,
o Concello busca reactivar a actividade económica e social do municipio,
devolvendo á veciñanza ás rúas e ofrecéndolle unha ampla programación coa que
desfrutar do comercio e da hostalaría do seu municipio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario