27 de abr. de 2022

A GUARDA

 Amelia Tiganus presenta na Guarda o seu libro “La revuelta de las putas” 

A activista realizou este mércores unha charla con escolares, e mañá xoves 28 de abril, presentará o seu libro no Centro Cultural de A Guarda  (con inscrición previa). 


Fátima Marcos - a esq. da imaxe - con Amelia Tiganus, nos momentos iniciais da charla que ofreceu a activista feminista no IES A Sangriña

Fotos: C.A.G.



Infogauda / A Guarda

 Co título xenérico “Semente de Igualdade”, o Concello de A Guarda programou neste 2022 diversas iniciativas  - teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, unha habitación de escape, charlas,... - para conmemorar o Día Internacional da Muller.

 Incluida na devandita programación, na xornada deste mércores día 27 de abril o salón de actos do IES A Sangriña acolleu unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de bacharelato e Ciclos de F.P do devandito centro educativo, e que tamén contou coa asistencia de Fátima Rodríguez, concelleira de Igualdade.




 Mañá xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural da vila acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde presentará o seu libro La revuelta de las putas”

 Para asistir requírese a inscrición previa en: https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile  

 Amelia Tiganus (Galati, Rumanía, 11 de marzo de 1984) é una activista feminista abolicionista. Reside en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no noso país.  

 Publicou varios artigos en prensa, un comic titulado “Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova. Acaba de publicar La revuelta de las putas” e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.  

 Das súas  aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención en Salvados – Las invisibles, programa de televisión de máxima audiencia da Sexta, onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole. Tamén participou no programa de Aimar Bretos “Hora 25”, da cadea SER, entre moitas outras intervencións públicas. 

 Tiganus deixa claro: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».  

 Ten varios recoñecementos, entre eles, o da categoría "Superación", outorgado polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. 

 Por outra banda, dende o concello de A Guarda estáse traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas

Ningún comentario:

Publicar un comentario