8 de nov. de 2022

ECONOMÍA

CAPITAL ENERGY OFFSORE, S. L. PROMOVE O PARQUE EÓLICO MARIÑO FLOTANTE VOLANTEIRO 

· Contará con 34 aeroxeneradores semisumerxibles 

· Conlevará un investimento de 2000 millóns de euros




Infogauda / O Baixo Miño

 A empresa promotora do parque eólico mariño flotante, denominado Volanteiro, de 510 MW, e que prevé un total de 34 aeroxeneradores, é Capital Energy Offshore S.L., con domicilio social en Pozuelo de Alarcón (Madrid). 

 O ámbito de estudo dese parque - que foi presentado no Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico - comprende gran parte da costa sur da provincia de Pontevedra, desde máis ao sur da foz do río Miño ata a ría de Arousa.

 O investimento previsto no devandito parque está nos 2.000 millóns de euros.

 O Documento Inicial de Proxecto do Parque Eólico Mariño Flotante Volanteiro foi redactado por ECOS Estudos Ambientais e Oceanografía, co soporte de Capital Bluewind.

 O Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, asignoulle ao estudo preliminar dese parque o seguinte nº de expediente: 20220611.

 Desde a páxina web do devandito ministerio, pódese acceder a listaxe de documentación, na cal figuran as ligazóns ao documento ambiental e a listaxe de notificados.

 Na actualidade, grazas á aposta da Administración española pola enerxía eólica mariña, Capital Energy pretende desenvolver unha carteira de varios gigavatios desta enerxía, co obxectivo de manter unha cota de eólica fora da costa similar á que xa ostenta nos proxectos eólicos terrestres que se están tramitando en España. 

 No que respecta ao estudo do parque eólico mariño flotante denominado Volanteiro, figura que como punto de conexión á rede entre as diferentes opcións, escolleron a Subestación Eléctrica Transformadora (SET) xa existente de Pazos de Borbén (220 kV), debido á súa localización, á súa posibilidade de conexión mediante liña aérea, e á súa tensión, evitando así unha transformación adicional. Esta subestación xestionada por Red Eléctrica Española (REE) foi seleccionada para expór un escenario real, sabendo o promotor que pode ser diferente en función do punto de conexión que propoña a Administración no momento da posible poxa. 

 O resto de subestacións consideradas poden servir de evacuación no caso de que a Administración así o requira ou para actuacións futuras, estando, por tanto, fóra do alcance deste proxecto.

 Dentro do ámbito de estudo que comprende preto de 100 kilómetros cadrados, hai 16 confrarias de pescadores (entre elas A Guarda, Baiona, Vigo, Redondela, Moaña,...) que poderían verse afectadas pola implantación de futuras instalacións de enerxía eólica na zona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario