24 de nov. de 2022

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda a vindeira semana  

O venres día 2 de decembro, de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h e o sábado día 3 de 10:15 ás 15:00h. 


Unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia
Foto: C.A.G.
 

Infogauda / A Guarda

 Como xa informamos neste xornal dixital transfronteirizo, hai falla dalgúns tipos de sangue. Por esa razón, ademais das necesidades cotiás, as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia estánse desprazando a diferentes localidades da nosa Comunidade Autónoma. Dese xeito, a vindeira semana unha delas virá á vila de A Guarda. Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural), o venres día 2 de decembro, de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 ás 21:00 horas; e o sábado día 3 de 10:15 ás 15:00 horas. 

 Grazas a estas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia  intenta facilitar a todos os cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. 

 Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. 

 Asemade, debemos informar ao médico da unidade móbil, se estamos tomando algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario