Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos A positivo, 0 positivo e 0 negativo, e ADOS pide a colaboración da cidadanía
• As reservas dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 Negativo amosan niveis baixos por mor dun aumento das necesidades dos centro hospitalarios
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación dos galegos e galegas na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. É necesario recordar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA | CONCELLOS |
Mércores 23 de novembro | Narón, Campus de Elviña (A Coruña), Inditex (Arteixo), F. Física e Praza Roxa (Santiago), Vila de Cruces, F. CC Xurídicas e do Traballo, O Calvario e F. CC do Mar (Vigo), Sarria, F. Dereito (Ourense) |
Xoves 24 de novembro | Ortigueira, Repsol (A Coruña), Zas, Inditex (Arteixo), C.I.F.P. Compostela e F. CC da Comunicación (Santiago), Policía Nacional (Pontevedra), Tenorio (Cerdedo-Cotobade), I.E.S. Chapela (Redondela), F. CC do Mar (Vigo), O Valadouro, Xermade e Roupar (Xermade), O Barco de Valdeorras |
Venres 25 de novembro | Fene, Cee, Perillo (Oleiros), Área Central Fontiñas (Santiago), Rianxo, A Estrada, Moaña, I.E.S. Chapela (Redondela), Vilalba, Allariz |
Sábado 26 de novembro | Fene, Urb. A Barcala, Rianxo, A Estrada Moaña, Vilalba |
CENTRO | HORARIO |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO | Luns a venres das 8 ás 22 horas Sábado das 8 ás 15 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA | Luns a venres das 8 ás 22 horas Sábado das 8 ás 15 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL | Luns das 15 ás 22 horas Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas Venres das 8 ás 22 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO | Luns e venres das 15 ás 22 horas Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE | Luns e venres das 15 ás 22 horas Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA | Luns e venres de 8 ás 15 horas Martes, mércores e xoves de 15 horas a 22 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO | Luns a venres das 8 ás 22 horas Sábados das 8 ás 15 horas |
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario