10 de out. de 2022

VILADESUSO (OIA)

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA NOVA LEI DE MONTES VECIÑAIS 

O sábado día 15 de outubro de 2022

Haberá autobuses gratuitos dende O Baixo Miño

Data límite para anotarse: xoves día 13 pola mañá




Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso (Oia)

 O próximo sábado día 15 de Outubro celébrase en Compostela unha manifestación en defensa da nova lei de montes veciñais que impulsan as comunidades de montes deste país. O fin desta leí e protexer os nosos montes do acoso das administracións e da especulación de grandes monopolios privados. Exemplos leí de costas, plan eólico e sobre todo políticas contra incendios que non sean especulativas e protexan os nosos montes.  

 Haberá autobuses gratuitos dende O Baixo Miño, agradeceríamos a máxima participación posible.

 Prazo límite para apuntarse: o próximo xoves día 13,  pola mañá.  

 Dende O Baixo Miño, sairán de Oia ás 9:00h, no Centro de Saúde de Oia. 

 As 09:30h. dende o Centro Cultural de A Guarda, e haberá varios puntos de recollida en Pías (O Rosal), Goián (Tomiño), Currás (Tomiño) e Areas (Tui).   

 Reservas no teléfono: 664 314 290.  

 Saída de Compostela ás 17:00h. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario