O Rosal vai acoller un seminario sobre a sustentabilidade do sector primario no territorio
Será este luns 24 de outubro a partires das 16.30 horas no Centro Social Polivalente
Infogauda / O Rosal
O
Concello do Rosal, en colaboración co Agrupamento Europeo de Cooperación
Territorial (AECT) Rio Minho, organiza o vindeiro luns 24 de outubro o Workshop
“A sustentabilidade do sector primario no río Miño transfronteirizo”.
Trátase
do segundo seminario temático organizado dentro das actividades realizadas polo
Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas (ODT), unha das accións levadas a
cabo dentro do proxecto europeo da “Rede de apoio ás dinámicas locais de
cooperación do río Miño transfronteirizo” (REDE_LAB_MINHO), financiado no 75%
polo Programa lnterreg V-A España Portugal.
Na
primeira parte deste workshop presentarase o informe sobre “Sustentabilidade e
Economía verde”, coordinado polo director académico do Observatorio, o profesor
da Universidade de Vigo, Xavier Martínez Cobas.
A
continuación terá lugar unha mesa redonda que abordará “A sustentabilidade no
sector agrícola”, coas intervencións de Mª Victoria Álvarez, Presidenta de ACUBAM; Enrique Costas, director xeral de Terras Gauda; Ana Lúcia Lopes, directora
técnica de VIPOV; e Andreia Machado Costa, responsábel da equipa técnica de
Viveiros Río Tollo, e moderada polo secretario técnico do AECT Rio Minho, Lois
Pérez Castrillo.
En
conxunto, no seminario, falarase sobre a sustentabilide na cadea de valor da
alimentación no AECT, e sobre as bases para que esa cadea de valor ou cluster
sexa compartida no conxunto do territorio.
A
alcaldesa Ánxela Fernández Callís, que será a encargada de inaugurar o evento, anima
á veciñanza a participar neste encontro que “pon enriba da mesa un tema tan
importante para o Concello como é a sustentabilidade dun dos sectores clave
para o desenvolvemento socioeconómico da contorna”.
O
seminario terá lugar ás 16:30 horas no Centro Social Polivalente de O Rosal e
está aberto a toda a poboación, mais para garantir a súa praza, as persoas
interesadas deberán confirmar a súa asistencia no correo electrónico
geral@aectriominho.eu.


Ningún comentario:
Publicar un comentario