21 de out. de 2022

A GUARDA

Restricións ao tráfico debido á celebración da 15k do Atlántico 

Este domingo día 22 de outubro, entre ás 10:30 e ás 13:30h 


En cor azul craro, os tramos por onde recoméndase evitar. na medida do posible, a circulación de vehículos
Fonte: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Xefatura da Policía Local, informa que este domingo día 22 de outubro vaise a celebrar a IX edición da Carreira 15k do Atlántico, o que motivará algunhas restricións ao tráfico.  

 Entre ás 10:30 e ás 13:30h recoméndase aos veciños evitar, na medida do posible, a circulación de vehículos nos tramos comprendidos entre a baixada das Loucenzas, Area Grande, Fedorento, rúas Rosal, Irmáns Noia, Fontiña, Oliva, Malteses e a zona da Atalaia, no porto de A Guarda.  

 Un dispositivo de seguridade especial, formado por membros da Policía Local e voluntarios, estarán ao longo deste percorrido para garantir a seguridade e coordinar o tráfico nestas rúas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario