5 de out. de 2022

DEPORTES

 ATLETISMO

AINDA QUEDAN PRAZAS LIBRES NA ESCOLA DE ATLETISMO DO ROSAL


Fonte: D.PO.

Sociedade Atlética do Trega / O Baixo Miño

 Desde  o club Sociedade Atlética do Trega, queremos lembrar que aínda quedan prazas libres para a escola do Rosal, que comezará o próximo 10 de outubro, e será todos os luns de 16:00 a 17:30 h, no CPI Manuel Suárez Marquier ou pistas da Mata. 

 Poden asistir todos os nenos e nenas, nados desde o 2008 ata o 2017. 

 Non tes que ser do Rosal para poder participar. O mellor é que son gratis, porque son da Deputación de Pontevedra.

 Para poder asistir tes que anotarche antes do luns  na seguinte ligazón: https://forms.gle/tSnRARWi9wME3KDT8  

 Tamén, deixamos a ligazón dos aceptados nas escolas de A Guarda e de Tomiño. Animamos aos que quedaron fóra das devanditas escolas, xa que pódense inscribir na escola do Rosal.  

https://www.depo.gal/es/-/deporte-escolas

Ningún comentario:

Publicar un comentario