O vindeiro domingo 23 disputarase a 15K do Atlántico Banco Mediolanum
A xa tradicional proba chega a súa novena edición, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego.
Representantes municipais de Oia, O Rosal e A Guarda, con membros da organización, nun momento da presentación da novena edición da 15k do Atlántico - Banco Mediolanum
Foto: C.A.G.
Infogauda / O Baixo Miño
A Explanada do Horizonte, en Portecelo (O Rosal), foi o enclave onde este martes tivo lugar á presentación da novena edición da 15k do Atlántico - Banco Mediolanum, que celebrarase o próximo 23 de outubro, cuxo trazado transcorre por un entorno único, dada á proximidade do Oceáno Atlántico e a beleza natural da contorna, que ten como broche final o encanto do porto guardés.
Esta proba deportiva referente do pedestrismo galego, reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k na proba raíña, e 200 na modalidade de andaina, transitando por parte do itinerario xacobeo do Camiño Portugués da Costa.
A carreira terá lugar o domingo día 23 de outubro, ás 11:00 horas dende o campo de fútbol de Oia, con chegada ao porto de A Guarda.
Para as persoas participantes na andaina, a saída será ás 10:00 horas. dende o mesmo lugar.
A organización disporá dun servicio de autobús antes e despois da proba.
A presentación desta mañá contou coas intervencións de Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia, que destacou na súa intervención o gran impulso para a localidade dun evento así, cunha alta participación; Anxela Fernandez Callís, alcaldesa do Rosal, coincidía coa súa homóloga e destacaba a visibilidade que ten un evento onde acode máis dun 90% de participantes de fora da comarca; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, comentou que o gran impacto que ten a proba dende fai xa 9 anos vése reflectido nos negocios locais durante toda a fin de semana.
Pola súa parte, Ivonne Pousa, responsable de Banco Mediolanum zona norte, comentou a importancia da proba para a entidade, onde cada ano ten unha maior difusión, non só nacional, incluso en Portugal, así como a relevancia da unión do deporte coa solidaridade e os valores que todo iso conleva.
A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a Asociación Down Vigo. Tamén está aberta unha Fila 0 en Meu gran de area, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para a devandita asociación.
As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario