A Praza de Abastos de A Guarda acolle unha exposición sobre o proxecto Albufeira
Coa cal se quere pór de manifesto a necesidade de garantir a protección dos hábitats emblemáticos que dependen da auga
Infogauda / A Guarda
Dende a semana pasada a Praza de Abastos de A Guarda acolle unha exposición - cofinanciada polo FEDER a través do programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP)2014-2020 - sobre o proxecto Albufeira, coa cal se quere pór de manifesto a necesidade de garantir a protección dos hábitats emblemáticos que dependen da auga, adoptando medidas que garantan a súa conservación, así como a das especies máis directamente dependentes da auga.
Entre os obxectivos do proxecto Albufeira está exposición está o de mellorar o coñecemento sobre o estado e o potencial ecolóxico das masas de auga fronteirizas e transfronteirizas, en base a criterios comúns que permitan avaliar o grao de conservación das poboacións das especies de flora e fauna e dos hábitats vinculados ao medio acuático.
Tamén se pretende mellorar a coordinación, optimizar as metodoloxías de traballo e os recursos dispoñibles das administracións implicadas na xestión e planificación hidrolóxica, e mellorar as ferramentas de xestión conxunta dos recursos naturais transfronteirizos.
O proxecto Albufeira quere dar a coñecer e sensibilizar sobre a importancia dos recursos hídricos no espazo transfronteirizo como riqueza conxunta, que é necesario protexer e aproveitar de forma sostible.

Ningún comentario:
Publicar un comentario