A Guarda festexa o Samaín
• Do 27 ao 31 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal oferta “Facemos un trato?
• Gran Festa de Samaín o luns día 31 de outubro na Praza do Reló con obradoiros e concerto
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da concellería de Cultura, organiza este ano diversas actividades para festexar o Samaín, verba que procede do gaélico 'Samhain', e que significa novembro.
Por una banda a Biblioteca Pública Municipal oferta do 27 ao 31 de outubro a actividade “Facemos un trato” coa cal os usuarios deste servizo levarán un doce de agasallo ao facer un préstamo dun libro.
Para a xornada do luns día 31 de outubro, dende as 17:30h, a Praza do Reló será o epicentro das celebracións do Samaín, con obradoiros de tatuaxes terroríficas e pintacaras; e a partires das 18:30h con música a cargo do grupo “Crónicas Pop”, con animación de baile para as/os máis pequenas/os. A fin de festa será sobre as 20:30h cunha Queimada de Defuntos e chocolate quente para todas/os.
Mª Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura, convida a toda a poboación guardesa a participar nestas actividades dunha festividade que, ano a ano, se consolida nos nosos calendarios e que desfrutan, sobre todo, os máis pequenos/as da casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario