Comeza o Outono Teatral
• No Centro Cultural da Vila, este sábado día 15 de outubro, ás 20:30h, a compañía Ibuprofeno Teatro porá en escea “Smoke on the water”
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da concellería de Cultura, organiza o Outono Teatral 2022, no que se representarán no Centro Cultural da Vila un total de 6 obras teatrais: 3 para público adulto e 3 para público familiar.
O ciclo comezará o vindeiro sábado 15 de outubro coa obra “Smoke on the water”. Unha historia de sexo, drogas e rock&roll que nos traslada á unha posible recreación da vida de Janis Joplin na súa madureza.
Esta peza é a última produción de Ibuprofeno Teatro, quen xa estivo na Guarda con propostas como O Furancho, Raclette, A filla de Woody Allen...Nesta ocasión cambia radicalmente o ton e a temática para trasladarnos a unha historia de curte mais sórdido dentro dun enredo amoroso-financieiro con final sorprendente, como é habitual no corte da compañía. É de destacar a calidade do elenco e a música en directo, especialmente para os amantes do rock.
Lembramos que para asistir a calquera das funcións programadas no Outono Tetral é preciso reservar entrada previa cunha semana de antelación a través do lugar web www.eventbrite.es (https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503). En caso de dúbida ou dificultades coa plataforma o público pode achegarse ata as oficinas do Concello en horario de 9 a 14h.



Ningún comentario:
Publicar un comentario